O Decreto 313/1995, do 23 de novembro, que regula o recoñecemento das escolas de tempo libre, esta
blece no seu artigo 3 que o recoñecemento das escolas de tempo libre e a aprobación dos seus programas de formación, lles corresponde á Consellería de Familia, Muller e Xuventude.
Examinado o expediente promovido por Daniel Ochoa Gallego, en nome e representación da Asociación Cultural GEFD, no que solicita o recoñecemento e a aprobación dos programas de formación da escola de tempo libre Dajalca, a Dirección Xeral de Xuventude efectúa proposta favorable ó recoñecemento solicitado, por ser conforme coa lexislación vixente, vistas as normas reguladoras desta materia (Decreto 313/1995, do 23 de novembro). Por todo isto,
DISPOÑO:
Primeiro.-Recoñecer á escola de tempo libre Dajalca a condición de escola de tempo libre, aprobando os programas de formación propostos para os niveis primeiro (monitores/as de actividades de tempo libre, especialistas en aire libre e natureza e medio ambiente) e segundo (directores/as de actividades de tempo libre e directores/as de campos de traballo) fixados no Decreto 313/1995, do 23 de novembro.
Segundo.-Ordena-la inscrición da escola de tempo libre Dajalca no Rexistro de Escolas de Tempo Libre dependente da Dirección Xeral de Xuventude, correspondéndolle o número G.18.
Terceiro.-A Consellería de Familia, Muller e Xuventude expedirá os títulos acreditativos correspondentes ás ensinanzas impartidas pola escola de tempo libre Dajalca, sempre de acordo co establecido no Decreto 313/1995, do 23 de novembro, quedando esta supeditada á supervisión e inspección ordenadas no artigo 3 do dito decreto.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 1996.
Manuela López Besteiro
Conselleira de Familia, Muller e Xuventude