Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 12 de decembro de 1996 Páx. 11.358

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 20 de novembro de 1996 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Convocada, pola Orde do 8 de outubro de 1996 (DOG nº 203, do 16 de outubro de 1996), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anunciada pola Orde do 8 de outubro de 1996 (DOG nº 203, do 16 de outubro de 1996).

Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1996.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Ribot Margarit, Joan.

N.R.P.: 3904250002 A1604.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: Servicio de Planificación e Coordinación.

Dependencia: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: López Seijas, Juan Carlos.

N.R.P.: 3385751568 A2060.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: Superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: Servicio de Prestacións e Inserción Social.

Dependencia: Dirección Xeral de Servicios Sociais..

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Calvo Eiras, Mónica Susana.

N.R.P.: 3327587902 A2059.

Grupo: D.

Nivel C.D.: 18.

Corpo ou clase: Auxiliar da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: Secretaria do Secretario Xeral.

Dependencia: Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Localidade: Santiago de Compostela.

9029