Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 12 de decembro de 1996 Páx. 11.255

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que deberá xulga-las probas para a concesión do premio extraordinario de bacharelato no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conforme o artigo sétimo da Orde do 3 de outubro de 1996 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato para alumnos que rematasen os seus estudios de bacharelato no curso 1995-1996, esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Primeiro.-Facer pública a composición do tribunal que deberá xulga-las probas para a concesión do premio extraordinario de bacharelato, que figura no anexo desta resolución.

Segundo.-Os membros do tribunal terán dereito a percibir axudas de custos e gastos de locomoción no caso de que se teñan que desprazar da súa residencia oficial, de acordo co Decreto 292/1990, do 24 de maio.

Terceiro.-O número de premios que se poden conceder na convocatoria do curso 1995-1996 na Comunidade Autónoma de Galicia é de vintesete (27).

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Tribunal titular:

-Presidente: Emilio Pérez Sánchez, inspector de educación.

-Vocais: Constantino Freire Llamas, inspector de educación.

Modesto Hermida García, inspector de educación.

José Ramón Pereiró Rodríguez, inspector de educación.

Fermín Álvarez Lata, inspector de educación.

Samuel Lago Fernández, inspector de educación.

Jaime Santoalla Varela, inspector de educación.

Francisca Penalonga Teijeiro, profesora de educación secundaria.

Mª Ángeles Franqueira Gómez, profesora de educación secundaria.

Arturo Fernández Novo, profesor de educación secundaria.

Francisco Trillo Pérez, profesor de educación secundaria.

Francisco de la Iglesia Trigo, profesor de educación secundaria.

Tribunal suplente:

-Presidenta: Concepción Otero Vázquez, inspectora de educación.

-Vocais: Jesús Expósito García, profesor de educación Secundaria.

Anxo González Guerra, profesor de educación secundaria.

Javier Torrado Vázquez, profesor de educación secundaria.

Mario Juiz López, profesor de educación secundaria.

Ana Garrido Rodríguez, profesora de educación secundaria.

Manuela Iglesias López, profesora de educación secundaria.

Camilo Pacios Simón, profesor de educación secundaria.

Carmen Alba Puente, profesora de educación secundaria.

Mª Carmen Lorenzo Ribagorda, profesora de educación secundaria.

Andrés Vilán Pérez, profesor de educación secundaria.

Margarita Simón López, profesora de educación secundaria.

8939