Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PINO

ANUNCIO de licitación. Contrato de asistencia técnica. Redacción de normas subsidiarias.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

2. Obxecto do contrato: redacción normas subsidiarias.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 6.700.000 ptas.

5. Garantías. Provisoria: 134.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información: Concello do Pino. Horario de oficina.

7. Presentación de ofertas: as ofertas presentaranse no rexistro do concello en horario de 9 a 14 horas, en tres sobres pechados, e no prazo de trece días naturais contados desde a derradeira publicación do anuncio de concurso.

8. Apertura das ofertas: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello ás doce horas do primeiro día hábil seguinte á data de finalización do prazo para a presentación de proposicións.

9. Gastos en anuncios e tributos: serán por conta do adxudicatario.

O Pino, 12 de novembro de 1996.

O alcalde

Rubricado