Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 novembro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto mediante expediente anticipado de gasto, para a redacción do proxecto básico e de execución da adecuación para servicios de atención especializada no hospital Abente e Lago da Coruña.

-Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución.

-Obra: adecuación para servicios de atención especializada no hospital Abente e Lago da Coruña.

-Orzamento da contrata: 28.703.310 ptas.

-Prazo de execución: 6 meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Garantía definitiva: non se esixe.

-Forma de tramitación: ordinaria.

Exposición da documentación:

Poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos), edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica:

Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural

a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

-Os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por este, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1996.

P.D. (Decreto 64/1996 do 15 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

9944