Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia o cambio de domicilio social da Asociación de Astilleros Privados Gallegos Constructores de Buques y Artefactos de Casco Metálico (Asega).

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 30 de outubro de 1996, certificación expedida polo secretario da devandita asociación Fernando Méndez Pérez, na que se reflicte o acordo acadado na xunta xeral extraordinaria celebrada o 28-10-1996, consistente na modificación do artigo 4 dos estatutos, referente ó traslado do domicilio da dita asociación.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

8921