Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación da rúa Rego de Auga.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: 096/73.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación da rúa Rego de Auga.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 49.995.857 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 999.917 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 41 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Grupo C, subgrupo 5, categoría b.

Grupo E, subgrupo 1, categoría c.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica), e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación da rúa Rego de Auga».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de novembro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

8796