Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no orzamento de reparacións puntuais na rede de sumidoiros.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: 096/71.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no orzamento de reparacións puntuais na rede de sumidoiros.

Prazo de execución: o que indique a dirección de obra.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 9.999.568 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 199.991 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 41 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes (Oferta económica e Documentación administrativa), e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no orzamento de reparacións puntuais na rede de sumidoiros».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 26 de novembro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

9106