Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da intalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/53-2-4.523 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10, Lugo.

Denominación: L.M.T. subt. e C.T. Edificio Ronda Mercedes-esqui. Montirón.

Situación: Lugo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, en cable U.N.E. D.H.V. 15/25 kV de 1x150 mm AL, cunha lonxitude de 142 m. Centro de transformación de 1x400 kVA. 20.000/380-220 V +-2,5%+-5%, para subministración eléctrica ó edificio Baldomero Cabadas na Ronda das Mercedes, esquina r/ Montirón en Lugo.

Orzamento: 3.035.064 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 30 de outubro de 1996

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8841