Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/124-2-4.601 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10, Lugo.

Denominación: reelictrificación de Ombreiro.

Situación: Lugo

Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 55 mm AL, cunha lonxitude de 1.242 m, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Catro centros de transformación de 50 o 100 kVA 20.000/380-220 V, sobre torres metálicas. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas para mellora do servicio eléctrico en Narla, Amedín, Bandelo, Firme e Ombreiro, en Lugo.

Orzamento: 56.446.207 pesetas.

Cumpridos os tramites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación for

zosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 29 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8839