Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.097

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Advertidos erros no Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228 do 21), polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, proceden as seguintes correccións:

-Na páxina 10.468, disposición derrogatoria, onde di: «Quedan derrogados todas as disposicións...», debe dicir: «Quedan derrogadas tódalas disposicións...».

-Na disposición derradeira segunda, onde di «...en vigor o día seguinte da ó súa publicación...», debe dicir: «... en vigor o día seguinte ó da súa publicación...».

-Na mesma páxina, xa no propio regulamento, no Capítulo I Disposicións xerais, artigo 1º, na definición de viveiro onde di «...de armazón fixo o fondo...», debe dicir: «... de armazón fixo ó fondo...».

-No mesmo artigo 1º, pero xa na páxina 1.469, na definición de cultivo en mar aberto onde di: «...en instalacións sitos ...», debe dicir: «...en instalacións sitas ...».

-Na mesma páxina, capítulo II, artigo 2º.1, onde di: «...actividades de cultivos mariños require unha concesión administrativa previa, outorgado pola...», debe dicir: «...actividades de cultivos mariños, por medio de viveiros, require unha concesión administrativa previa, outorgada pola...».

-No artigo 2º.2 onde di: «...concesión administrativa preiva...», debe dicir: «... concesión administrativa previa...».

-No artigo 4º.1 onde di: «...os danos que poidan...», debe dicir: «... os danos que poida...».

-No artigo 4º.2 onde di: «...según os casos,...», debe dicir: «... segundo os casos,...».

-No artigo 5º, parágrafo 2, onde di: «...farase constar a polo menos:...», debe dicir: «...farase constar polo menos:...».

-No artigo 5º e) , onde di: «...esixida có director...», debe dicir: «...esixida ó director...».

-No artigo 6º, onde di: «...accede-lo concurso...», debe dicir: «...acceder ó concurso...».

-No artigo 6º c), onde di: «...semente ou alevins.», debe dicir: «...semente ou alevíns...».

-No artigo 7º.3, onde di: «O viveiro debera ser...», debe dicir: «O viveiro deberá ser...».

-No artigo 8º, onde di: «...os servicios técnicos o acta...», debe dicir: «...os servicios técnicos a acta...».

-No artigo 9º, onde di: « A petición do titular e previa solicitude de informe ás organizacións do sector, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acui

cultura poderá dispoñer o traslado...», debe dicir: « A petición do titular e logo de solicitude de informe ás organizacións do sector, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura poderá dispoñe-lo traslado...».

-No artigo 10º.1, onde di: «...a beneficio de inventario y para o dereito a deliberar.», debe dicir: «...a beneficio de inventario e para o dereito a deliberar.».

-No artigo 10º.2.a), onde di: «...acredite a algunha...», debe dicir: «...acredite algunha...».

-No artigo 10º.2.b), onde di: «Que o posible novo titular reúna, que en calquer caso...», debe dicir: « Que o posible novo titular, que en calquera caso...».

-No artigo 10º.3, onde di: «...as concesións debera ser...», debe dicir: « ...as concesións deberá ser...».

-No artigo 10º.4, onde di: «...remate xudicial o notarial...», debe dicir: «...remate xudicial ou notarial...».

-No artigo 10º.4, onde di: «...proceder o seu rescate...», debe dicir: «...proceder ó seu rescate...».

-No artigo 10º.5, onde di: « O outorgamento do cambio de titularidade...», debe dicir: «O outorgamento da autorización do cambio de titularidade...».

-No artigo 11º.1, onde di: «... poderá, previa solicitude dos concesionarios afectados e tralo...», debe dicir: «... poderá, logo de solicitude dos concesionarios afectados e tralo...» e máis adiante, onde di: «...favoreza o desenrolo económico...», debe dicir: «... favoreza o desenvolvemento económico...».

-No artigo 11º.2, onde di: «...do polígono de destino, si as houbese.», debe dicir: «...do polígono de destino, se as houbese...».

-No artigo 13º.1, onde di: «...anteriores o vencemento...», debe dicir: «...anteriores ó vencemento...».

-No artigo 14º.1, onde di: «...normas de extracción no que se refire o peche...», debe dicir: «...normas de extracción, no que se refire ó peche...».

-No artigo 14º.2, onde di: «...de comercialización en relación coa...», debe dicir: «...de comercialización, en relación coa...».

-No artigo 14º.3, onde di: «...cultura, previo requerimento...», debe dicir: «...cultura, logo de requirimento...».

-No artigo 14º.4, onde di: «...do canon cando o seu importe non poda facerse efectivo pola via...», debe dicir: «...do canon, cando o seu importe non poida facerse efectivo pola vía...».

-No artigo 14º.6, onde di: «...se produza a notificación sinalada...», debe dicir: «...se produza a manifestación expresa sinalada...».

-O punto 7. do artigo 14º debe dicir: «Polo rescate, cando procedese por reordenación de polígonos o, se é o caso, cando se produza unha adxudicación por remate xudicial ou notarial.».

-No artigo 15º.2, onde di: «...ó director xeral de Marisqueo e Acuicultura previa solicitude...», debe dicir: «...ó director xeral de Marisqueo e Acuicultura, logo de solicitude...».

-No artigo 16º.a), onde di: «...estricta as normas...», debe dicir: «...estricta ás normas...».

-No artigo 16º.b), onde di: «...relativos os resultados...», debe dicir: «...relativos ós resultados...».

-No artigo 17º.2, onde di: «...poderá prorroga-las, previa...», debe dicir: «...poderá prorrogalas, logo de ...».

-No artigo 20º.1, onde di: «...poderá realizar a revisión...», debe dicir: «... poderá realiza-la revisión...».

-No artigo 20º.3, onde di: «...e se procurará que...», debe dicir: «... e procurarase que...».

-Na páxina 1.472, artigo 20º.4, onde di: «...unha disminución...», debe dicir: «...unha diminución...».

-No artigo 21º.c), onde di: «...zoosanitario de ditas...», debe dicir: «...zoosanitario das ditas...».

-No capítulo III, sección primeira no artigo 23º parágrafo segundo, onde di: «...material obligatorio...», debe dicir: «...material obrigatorio...».

-No artigo 32º parágrafo primeiro, onde di: «...ser tiradas ó mar.», debe dicir: «...ser tirados ó mar.»

-No artigo 34º.2, onde di: «...normal aliñamento da batea,...», debe dicir: «...normal borneo da batea,...».

-No artigo 35º.2, onde di: «...lonxitude a contados desde o engranado, non poderá ter palillos, e debera...», debe dicir: «...lonxitude contados desde o engranado, non poderá ter palillos, e deberá...».

-No artigo 36º.3, onde di: «...cinco metro de lonxitude...», debe dicir: «...cinco metros de lonxitude...».

-No artigo 40º, parágrafo segundo, onde di: «...despois da informa-las...», debe dicir: «...despois de informa-las...».

9010