Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A comisión de goberno deste concello, en sesión celebrada o día 22 de novembro actual, por instancia de Promotora Río Fabaíños, S.L., acordou prestar aprobación inicial ó estudio de detalle reformado da unidade de actuación núm. 2 das normas subsidiarias de planeamento vixentes no municipio, que se localiza entre as rúas Areal e estrada A Lanzada, na vila de Portonovo.

Exponse ó público o acordo de aprobación e a documentación do estudio de detalle, de conformidade co establecido no Art. 117.3º do Real decreto lexislativo 1/1992, para que no prazo de quince días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poida ser examinado e presenta-las alegacións que consideren procedentes.

Sanxenxo, 25 de novembro de 1996.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde