Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-257).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 5 de setembro de 1996, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado «Estudio de detalle para fixar aliñacións, rasantes e ordeación de volumes no predio sito en Montrove-rúa do Agarimo-Liáns».

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó de recepción da presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no Art. 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no Aptdo. 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 10 de outubro de 1996.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

8145