Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación do servicio de mantemento de xardíns e prantas do Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Sarria.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número do expediente: 11.97

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de mantemento de xardíns e prantas do Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Sarria.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Sarria.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): 12 meses, do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dous millons trescentas mil (2.300.000) pesetas.

5. Garantías.

Provisional: corenta e seis mil (46.000) pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: rúa Montevideo, 9.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: (982) 29 41 01.

e) Telefax: (982) 29 40 88.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os estabrecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación a presentar: a que se indica na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro xeral da entidade que se indica a continuación, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se se cursasen as proposicións por correo,

haberá que aterse ó previsto na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c.1. Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

c.2. Domicilio: rúa Montevideo, 9.

c.3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: rúa Montevideo, 9.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: a partir das 11 horas.

10. Outras informacións.

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Lugo, 28 de novembro de 1996.

Luis Abades Alvarez

Delegado provincial de Lugo

96-8722