Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/173-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. Fontaíña.

Situación: Ferrol.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 507 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T. a C.T. Río Lérez e final no C.T. que se vai construír tipo interior en r/ Fontaíña de 630 kVA. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8817