Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/166-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: non consta, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. Avda. de Pastoriza.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 560 m de lonxitude, con orixe no C.T. Moucho (Expte. 27537) final en C.T. que se vai instalar denominado Avda. de Pastoriza. Centro de transformación en soto, edificio de vivendas, de 400 kVA, en baño de aceite e con tensións de 20/0,380-0,220 kV. Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-8812