Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52370).

Para os efectos previstos nos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Severo Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública, da instalación que segue:

Liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de madeira e de formigón ou baixo tubo, con orixe na liña Tambre II-Noia a Lousame no apoio núm. 17, e final no C.T. que se vai instalar en Seoane, cos seguintes tramos:

-De 352 m de lonxitude e con conductor de Cu de 10 mm sobre apoios de madeira entroncando no citado apoio núm. 17.

-De 120 m de lonxitude, e con conductor de Al-95 mm, subterránea e baixo tubo.

-De 986 m de lonxitude e con apoios metálicos e de formigón desde a subterránea ó C.T. de Seoane.

-Centro de transformación aéreo sobre apoio metálico, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Seoane, con rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 556 m de lonxitude. Lousame.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 7 de novembro de 1996

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-8810