Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 263/1996 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Vigo no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento da instalación eléctrica de media tensión unha L.M.T. a C.T. Canteira Arenal, concello de Lalín, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e de acordo co disposto no Real decreto 2634/1980, sobre transferencias de competencias da Adminis

tración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: L.M.T., áerea, a 20 kV, de 387 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. ó C.T. Pascual rematando no C.T. existente da Canteira Areal, concello de Lalín.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Pontevedra, 4 de novembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8823