Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 402/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. Veiga de Almorzar II, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. Saiar - Caldas, rematando no C.T. que se proxecta en Veiga de Almorzar II, concello de Caldas de Reis.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 66 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoio metálico.

CT de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

R.B.T., aérea, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Orzamento: 2.673.250 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 31 de outubro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8827