Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.054

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1996 pola que se convocan unhas xornadas sobre o novo código e proceso penal.

A Escola Galega de Administración Pública organiza unhas xornadas sobre o novo código e o proceso penal, conforme as seguintes bases:

1.-Obxecto.

Os días 19 e 20 de decembro de 1996 desenvolveranse, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, unhas xornadas sobre o novo código e o proceso penal.

2.-Obxectivos.

As xornadas teñen por finalidade o estudio das consecuencias derivadas da entrada en vigor do novo Código penal, tanto desde o punto de vista do dereito procesal como desde a perspectiva da Administración pública, con especial consideración das administracións autonómicas.

3.-Contido.

Entre outros, desenvolveranse os seguintes temas:

-Competencia e tipos de procedementos. Reestructuración dos medios materiais na Administración de Xustiza.

-Execución de penas privativas de liberdade. A problemática dos arrestos de fin de semana e o seu cumprimento en depósitos municipais.

-Execución doutras penas. Responsabilidade civil das Administracións públicas.

4.-Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas e interesados en xeral.

5.-Desenvolvemento e duración.

As xornadas abriranse o xoves, día 19 de decembro, ás 16.30 horas, e rematarán, ás 21 horas do venres, día 20.

6.-Inscrición.

-Prazo: remata o luns, día 16 de decembro de 1996.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15703 Santiago de Compostela). Tfno. 57 08 00. Telefax nº 57 15 40.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

A partir do 17 de decembro, os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono de 10.30 a 14.45 horas, ó seguinte número: (981) 57 08 00 (ext. 229), ou ben consultando a lista de admitidos, que se expoñerá no taboleiro de anuncios da Escola Galega de Administración Pública 24 horas despois de remata-lo prazo de presentación de solicitudes.

7.-Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a elas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e a data da súa realización.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

8872