Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Valdoviño, en sesión ordinaria celebrada o pasado día vintesete de setembro de mil novecentos noventa e seis, aprobou a alteración da cualificación xurídica dun camiño sito en Romeos, Vilaboa, desafectándoo do dominio público e calificándoo como ben patrimonial, expediente que se somete a información pública por prazo dun mes, para que se poidan facer cantas alegacións ou reclamacións se estimen convenientes.

Valdoviño, 9 de outubro de 1996.

A alcaldesa

Rubricado