Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CUNTIS

ANUNCIO.

Anuncio relativo ó acordo de aprobación definitiva do estudio de detalle dunha parcela en Vilabar, Troáns, Cuntis, promovido por José Collazo Torrado.

O Concello Pleno, en sesión do 30 de agosto de 1996, adoptou o acordo de aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle de iniciativa particular promovido por José Collazo Torrado e redactado polo arquitecto Gumersindo Ferro Pichel referido a unha parcela sita en Vilabar, Troáns, Cuntis, estudio que foi aprobado inicialmente polo Pleno deste Concello en sesión do día 26 de abril de 1996.

O que se fai público ó abeiro do disposto nos artigos 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e ordenación urbana e 140.6º do Regulamento de planeamento aprobado polo Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño.

Contra este acordo que esgota a vía administrativa poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da publicación

do presente anuncio no DOG, e requirirá a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se coide procedente.

Cuntis, 10 de outubro de 1996.

Eduardo Rey Rodríguez

Alcalde

7762