Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria para a contratación da subministración que se cita (expediente 69/1996).

1.-Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 69/1996.

1.-Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: equipo de maquetación.

b) Número de unidades a entregar: as especificadas no prego de cláusulas.

c) División por lotes e número: 1

d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato.

e) Prazo de entrega: un mes.

3.-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4.-Orzamento base de licitación:

Importe: 3.650.000 ptas.

5.-Garantías:

Provisional: 73.000 ptas.

Definitiva: 146.000 ptas.

6.-Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201

d) Teléfono: (986) 81 35 71.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó remate do prazo de presentación de ofertas.

7.-Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª. Domicilio: r/ Oporto nº 1-planta baixa.

3ª. Localidade e código postal: Vigo 3601.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8.-Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado de Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-1ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

9.-Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 21 de novembro de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

8944