Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria para a contratación da subministración que se cita (expediente 63/1996).

1.-Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 63/1996.

1.-Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: Servidor de comunicacións e routers para rede de backup.

b) Número de unidades a entregar: as especificadas no prego de cláusulas.

c) División por lotes e número: 2

d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato.

e) Prazo de entrega: corenta e cinco días naturais.

3.-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4.-Orzamento base de licitación:

Importe lote I: 10.800.000 ptas.

Importe lote II: 9.000.000 de ptas.

5.-Garantías:

Provisional lote I: 216.000 ptas.

Definitiva lote I: 432.000 ptas.

Provisional lote II: 180.000 ptas.

Definitiva lote II: 360.000 ptas.

6.-Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo - Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201

d) Teléfono: (986) 81 35 71.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó remate do prazo de presentación de ofertas.

7.-Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª. Domicilio: r/ Oporto nº 1-planta baixa.

3ª. Localidade e código postal: Vigo 3601.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8.-Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado de Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-1ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

9.-Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 7 de novembro de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

8950