Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a contratación do servicio de vixilancia do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueira de Vigo e catro centros máis, a través de procedemento aberto por concurso, polo trámite de urxencia e como expediente anticipado de gasto.

1. Obxecto: contratación do servicio de vixilancia dos centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

2. Entidade adxudicadora: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura - Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación - San Caetano 5-2º. Santiago de Compostela.

3. Orzamento máximo: trece millóns de pesetas (13.000.000 de ptas.), impostos incluídos.

4. Prazo de execución: segundo prego de prescricións técnicas.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.

7. Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 2, categoría A.

8. Información adicional: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen no presente procedemento de contratación estarán, para o seu exame, a disposición dos interesados nas dependencias do Servicio de Ensinanzas Marítimo-Pesqueiras (rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela (San Caetano 5-2º), así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.

9. Presentación de propostas: as proposicións deberanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de

Compostela, ou nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería.

O prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o dito día coincidise en sábado ou festivo o prazo rematará ás 14 horas do primeiro día hábil seguinte.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación no que se lle comunique a presentación da oferta.

10. Apertura de proposicións: será pública, e realizaraa a mesa de contratación nas oficinas centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 12.30 horas do terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1996.

Ana Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación

8956