Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte Igrexa e Carreira a favor dos veciños do lugar de San Lourenzo, concello de Porqueira (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, na sesión celebrada o día tres de outubro de mil novecentos noventa e seis, adoptou o acordo que ten unha parte dispositiva do seguinte teor literal:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado Igrexa e Carreiras de 38 ha de superficie, aproximadamente, a favor dos veciños do lugar de San Lorenzo, no concello de Porqueira (Ourense), e coas estremas referenciadas no considerando terceiro, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíqueselle esta resolución ó alcalde-presidente do concello, ó representante da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, logo da comunicación á que se refire o artigo 110. 3º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

O que por orde do presidente se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 3 de outubro de 1996.

José Manuel Baltar Blanco

Secretario do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

8456