Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 11 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do PI Santo Tomé, número 4781.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, fai saber que Canteras Quinteiro Canal, S.L. presentou nesta delegación o 27 de febreiro de 1996 instancia-solicitude do PI Santo Tomé, nº 4781 de 44 cadrículas mineiras para recursos da sección C que se sitúa nos termos municipais do Leiro, Boborás e O Carballiño (Ourense).

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 10' 40''42º 24' 00''

Vértice 28º 07' 00''42º 24' 00''

Vértice 38º 07' 00''42º 22' 40''

Vértice 48º 10' 40''42º 22' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado, interpoñe a súa reclamación no prazo de 15 días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o devandito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 11 de setembro de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8791