Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 2/1996-2-4454-A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Telefónica de España, S.A.

Enderezo social: Rafael de Vega. 11-13 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. para estación radio base Alto do Fro.

Situación: Guitiriz.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con orixe no apoio da L.M.T. Begonte-Parga e rematará no C.T. de Parga, terá unha lonxitude de 695 metros. Centro de tranfromación tipo intem

perie de 25 kVA 20.000/398-230 V+-2,5%+-5%, sobre poste de formigón. Rede de baixa tensión subterránea, en conductor R.V. 0,6/1 kV 4x1x25 mm CU, para estación radio base Alto do Fro, no concello de Guitiriz.

Orzamento: 5.298.339 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 29 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8766