Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/76-2-4547 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45-Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. R.B.T. en Madredauga, Corveixe e Vilaravides.

Situación: O Saviñao.

Decricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 1.325 metros sobre apoios de formigón. Dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoios de formigón en Corveixe e Vilaravides. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 900 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Madredauga, Corveixe e Vilaravides, no concello do Saviñao.

Orzamento: 9.096.388 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos

condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 23 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

96-8721