De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 5 de xaneiro de 1996 (BOE do 1 de febreiro), para a provisión da praza número 96/001 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de comercialización e investigación de mercados, desta universidade, a favor de José Tomás Gómez Arias, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Tomás
Gómez Arias profesor titular de universidade da área de coñecemento de comercialización e investigación de mercados desta universidade.
A Coruña, 19 de novembro de 1996.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
8760