Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores C-127/1995 e C-16/1996 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos ditos expedientes, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 4 de novembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-127/1995

Denunciado: Alfredo Soto Rodríguez.

Último enderezo coñecido Freiría, 35, Candeán-Vigo.

Feito denunciado: cazar nun couto sen permiso (couto PO-10141).

Precepto infrinxido: artigo 48.1.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000

Expediente: C-16/1996

Denunciado: Alberto Piñeiro González

Último enderezo coñecido: Figueiras, 6, Cabral-Vigo.

Feito denunciado: cazar nun couto sen permiso (Sociedade de Caza Covelense).

Precepto infrinxido: artigo 48.1.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000

8745