Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45-Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Arxevide.
Situación: Sarria.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 845 metros, sobre postes de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-25, cunha lonxitude de 320 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Arxevide, con concello de Sarria.
Orzamento: 4.480.000 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,
RESOLVE:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 18 de outubro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
96-8681