Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.919

II. ACTUACIÓNS E PROCEDEMENTO Obxectivo I:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 20 de novembro de 1996 pola que se dispón o nomeamento de Crescencio Rodríguez Epelde como presidente do Consello Regulador Provisional da Denominación Específica Orujo de Galicia.

Por Orde do 5 de maio de 1989, desta consellería, recoñeceuse con carácter provisional a Denominación Específica Orujo de Galicia, para as augardentes de Galicia, e nomeouse o seu consello regulador provisional.

Posteriormente por Orde do 30 de marzo de 1992, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, nomeouse o novo consello regulador provisional.

A competencia para efectuar nomeamentos e cesamentos dos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe e específicas correspóndelle, de conformidade co artigo 89 e concordantes da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da viña, do viño e dos alcois, ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, unha vez asumidas as funcións na materia, conforme a competencia recollida no artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Por todo iso, de conformidade co previsto, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento nas súas funcións, a petición propia, agradecéndolle os servicios prestados, de José Posada González como presidente do Consello Regulador Provisional da Denominación Específica Orujo de Galicia, nomeado por orde desta consellería, do 30 de marzo de 1992.

Artigo 2º

O nomeamento de Crescencio Rodríguez Epelde como novo presidente do Consello Regulador Provisional da Denominación Específica Orujo de Galicia.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

8853