Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.904

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN da Tesourería Xeral da Seguridade Social pola que se anuncia o alleamento en poxa pública dun inmoble que pertence ó patrimonio da Seguridade Social, sito na rúa Xeneral Franco, 30; Rúa do Malecón, 18 de Ribeira (A Coruña).

Conforme acordo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e Resolución da Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social da Coruña saca a poxa pública o inmoble, propiedade deste servicio común, que está formado polos seguintes terreos rexistrais:

Urbana número dous bis.-Local comercial ou de entrada con fachada a r/ Cardenal Cisneros, sito na r/ Xeneral Franco, 30 de Ribeira. Superficie:

15 m aproximadamente. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, tomo 534, libro 114 de Ribeira, folio 151 Vto., predio 11.032, inscrición cuarta.

Urbana número tres bis.-Local comercial sito no primeiro andar da r/ Xeneral Franco, 30 e da Avda. José Antonio, de Ribeira. Superficie, 650 m. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, tomo 531, libro 113 de Ribeira, folio 241, predio 10.988, inscrición terceira.

Realízase a poxa de acordo co prego de condicións establecido para ela nun único lote de bens e no tipo mínimo de licitación de 60.996.000 pesetas.

O acto público da poxa terá lugar na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ Federico Tapia, 52-5º-1 da Coruña, o día 9 de decembro de 1996 ás doce horas.

Facilitaránselles ós interesados o prego de condicións da poxa e calquera información sobre as características físicas e xurídicas dos bens que se han de allear facilitaránselle ós interesados na Sección de Servicios Xerais e Patrimonio da Dirección Provincial da T.X.S.S., r/ Emilia Pardo Bazán, 15-7º da Coruña, os días hábiles excepto sábados, de nove a catorce horas.

Os gastos e impostos que se orixinen con motivo desta poxa, incluídos os de publicidade e tódolos derivados da formalización posterior da transmisión de dominio serán por conta do adxudicatario comprador.

A Coruña, 10 de outubro de 1996.

Alberto Sánchez Penas

Director provincial en funcións