Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/61-1).

Vistos o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: paso a subterránea da LAT de 66 kV San Caetano-Santiago II.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: paso a liña eléctrica subterránea da liña de alta tensión, a 66 kV, San Caetano-Santiago II (expediente 59129), instalándose o tramo baixo tubo e con conductor R.H.V. 33/66 kV de 3(1x630 CU+H25) mm, nun só circuíto, con conductor de fibra óptica de 24 fibras, de 362 m de lonxitude, con orixe na subestación de San Caetano e final no apoio nº 118 da actual liña existente. Concello de Santiago de Compostela.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 5 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8521