Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, da planta de coxeración que se cita. (Expediente 808/1996 R.C.I. 15141).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sometese a información pública a solicitude da empresa Técnicas de Nutrición, S.A.,

con domicilio social na Rocha-Sigrás-Cambre, para a autorización administrativa da instalación a executar na factoría da empresa ubicada na anterior dirección.

-Central de coxeración composta por un grupo motor xerador de 1000 kVA, utilizándose gasóleo como combustible.

-Instalacións de inteconexión con L.M.T. de 20kV/15kV.

-Equipos de medida e protección e instalación de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-la súa reclamación ou oposición, no plazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 30 de outubro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8518