Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/151-2-4552 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a autorización de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45-Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Lidor, Fontoira, Franqueán.

Situación: O Corgo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, cunha lonxitude de 1.330 metros, sobre apoios de formigón. Dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/398-230±2,5%+5%. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-.95, cunha lonxitude de 44 metros, para mellora do servicio eléctrico en Lidor, Fontoira e Franqueán, concello do Corgo.

Orzamento: 9.413.205 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 23 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8672