Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 392/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., CC.TT. y centro de seccionamento en polígono A Granxa, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: no polígono industrial A Granxa, concello do Porriño.

Finalidade da instalación: subministrar enerxía ó polígono industrial A Granxa, concello do Porriño.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20/15 kV, de 35 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón. L.M.T., subterránea, a 20/15 kV, de 10.005 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. Sete centros de transformacións de 250 kVA, cada un, relación de transformación 15 kV-380/220 V. Centro de seccionamento en edificio con celas tipo CML-SF6.

Orzamento: 91.690.975 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 16 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8408