Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

EDICTO do 28 de outubro de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fan públicas as notificacións a diversos contribuíntes (Coalición Galega e nove máis) das liquidacións por reintegros practicadas ós ditos interesados.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta Delegación de Economía e Facenda e, por conseguinte, sen se poder levar a efecto a notificación pretendida ós contribuíntes que a seguir se relacionan, por medio do presente edicto notifícaselles para que no prazo que se indica seguidamente, determinado no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación -aprobado por Decreto 1684/1990, do 20 de decembro-, efectúen no Tesouro da Facenda galega o ingreso da débeda tributaria polas liquidacións practicadas ós devanditos interesados e correspondentes ós impostos, anos e contías que se citan.

Prazos para efectua-lo ingreso.

Tendo en conta que a notificación se dá por efectuada o día da publicación do presente edicto no DOG e en virtude do disposto no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación:

A) Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15, ambos inclusive, o prazo comprenderá ata o día 5 do mes seguinte, inclusive, ou o inmediato hábil posterior.

B) Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, inclusive, o prazo comprenderá ata o día 20 do mes seguinte, inclusive, ou o inmediato hábil posterior.

C) As débedas non pagadas no período voluntario faranse efectivas por vía de constrinximento, de acordo co artigo 97 do invocado regulamento.

Formas de realiza-lo ingreso.

-Mediante obriga de pagamento en calquera banco ou caixa de aforros autorizados (entidades colaboradoras) da delegación que practica esta liquidación.

-Na caixa desta delegación de Economía e Facenda:

1) En metálico.

2) Por cheque ou talón de conta corrente bancaria ou de caixa de aforros, conformado.

Recursos contra a liquidación.

-De reposición, no prazo de quince días a partir do seguinte ó da publicación do presente, diante

da tesorería desta Delegación de Economía e Facenda.

-Reclamación económico-administrativa, no mesmo prazo, perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia tratándose de tributos cedidos, e perante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia se se trata de recursos ou tributos propios da Comunidade Autónoma, sen que poidan simultanearse ambos recursos.

A Coruña, 28 de outubro de 1996.

Jaime Cabeza Gras

Delegado territorial da Coruña

Reintegros exercicios pechados

Nº liquidaciónContribuínte e enderezoCantidade

REC P001/91Coalición galega

r/ República del Salvador, 30

Santiago de Compostela

2.151.424
REC 0004/91Manuel García Villamisar

r/ Curros Enríquez 45

A Coruña

88.050
REC 0016/91José Joaquín Rodríguez

r/ Fernando III O Santo, 30

Santiago de Compostela

1.350.000
REC 0018/91Empresa Gallega de Mant. Integrales, S.L.

LG Estación de Casal-Laraño

Santiago de Compostela

3.434.864
REC 0020/91Eladio Duro Míguez

r/ Concheiros 54

Santiago de Compostela

8.118.376
REC 0007/92Luis Herce Valdivia

r/ Federico Tapia, 10

A Coruña

87.629
REC 0025/92José Eduardo Calle Urba

r/ Kiriquiño Etorbides 31

Bilbao

244.834
REC 0032/92María Clara Álvarez Villamarín

Rúa do Ameneiro 0-1D 2º

Teo-A Coruña

40.000
REC 0010/96José Ángel Navarrina Fernández

LG Fueros 11

Irún-Guipúzcoa

21.259

Reintegros exercicio corrente

Nº liquidaciónContribuínte e enderezoCantidade

3RECT 37/92María del Carmen Mayán Iglesias

r/ Rafael Alberti 2

A Coruña

568.188

8598