Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.863

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de Feiraco, S. Coop. Ltda.

Visto o expediente do convenio colectivo de Feiraco, S. Coop. Ltda. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-9-1996 subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social,

polo comité de empresa, o día 23-9-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de setembro de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo para a empresa Feiraco, Sociedad Cooperativa Limitada

Capítulo I

Disposición xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

As normas do presente convenio regulan as relacións de traballo dos traballadores de Feiraco, S. Coop. Ltda, que, con carácter fixo ou eventual, prestan os seus servicios nos centros de traballo da empresa na provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio afectará a tódolos traballadores que presten os seus servicios na cooperativa, calquera que sexa a súa función ou centro de traballo. Quedan excluídas as persoas que desempeñan funcións de alta dirección, goberno ou consello.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

As condicións deste convenio rexerán durante un ano, entrando en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1996, con independencia da data da súa publicación no BOP.

Artigo 4º.-Denuncia.

A denuncia do presente convenio efectuarase por escrito por calquera das partes cunha antelación mínima de dous meses ó remate da súa vixencia. En caso de non efectuar tal denuncia na debida forma e antelación, entenderase prorrogado de ano en ano.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As condicións económicas establecidas no presente convenio compensan os diferentes conceptos que con anterioridade viñan rexendo. Toda variación económica que afecta a todos ou a algúns dos conceptos retributivos establecidos por futura disposición legal, será absorbida polas melloras pactadas no presente

convenio, e unicamente terá eficacia práctica se considerados en conxunto anual, superan o nivel deste.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

O convenio de dereitos e obrigas pactadas no presente convenio, constitúe un todo indivisible, e por conseguinte, a non aceptación dalgunha ou algunhas das condicións pactadas supón a nulidade da totalidade.

No caso de que parcial ou totalmente algún artigo do presente convenio fose declarado nulo pola autoridade laboral competente, a comisión paritaria procederá a emenda-las deficiencias observadas, e se non houber acordo levarase a cabo unha nova negociación.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 7º.-Facultade de dirección.

A organización do traballo correspóndelle á dirección da empresa, que poderá establecer cantos sistemas de organización, racionalización, automatización, modernización, estructuración das seccións ou departamentos da empresa que considere oportunos, así como o mando, que exercerá a través das canles xerárquicas que se establezan, todo isto nas condicións dispostas pola vixente lexislación.

Artigo 8º.-Disciplina nos centros de traballo.

As relacións de subordinación desenvolveranse sempre coa máxima corrección e dentro da máis estricta disciplina.

Artigo 9º.-Traballo de superior e inferior categoría.

Por necesidades do servicio, a empresa poderá colocar un traballador a realizar tarefas superiores ó posto que ocupa, e durante este período a empresa aboaralle a diferencia de salario entre a súa categoría e a desempeñada.

Igualmente, poderá colocar un traballador a realizar tarefas inferiores ó posto que ocupa, e non por iso esta circunstancia debe ir en prexuízo das percepcións da categoría que ten asignada, sempre e cando non menoscabe a dignidade persoal e profesional do traballador. En ámbolos casos non poderá exceder de tres meses.

Capítulo III

Réxime de traballo

Artigo 10º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo durante a vixencia deste convenio, con independencia de que sexa continuada ou partida, será de trinta e nove horas semanais.

Na xornada continuada establécese un descanso de quince minutos para o bocadillo, que será considerado como tempo efectivo de traballo.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias na cooperativa axustarase ós seguintes criterios:

a) Reduciranse as horas extraordinarias ás mínimas imprescindibles.

b) As horas extraordinarias por causa de forza maior realizaranse as que veñan esixidas para previr e reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, as cales non se terán en conta nin para efectos de duración máxima da xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias autorizadas, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de horas extraordinarias.

c) Entenderanse como horas extraordinarias estructurais as necesarias para atender pedidos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e demais circunstancias derivadas da específica natureza das actividades de que se trata. Todo isto, sempre que non sexa posible atender aquelas necesidades por contratacións temporais ou a tempo parcial, previstas pola lei.

As horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e as estructurais, notificaránselle mensualmente á autoridade laboral, segundo se recolle no artigo 2 do Real decreto 1858/1981, do 20 de agosto.

Artigo 12º.-Servicios de reparto e distribución.

A actividade do persoal destes servicios, aínda que con suxeición ás normas dictadas pola empresa, desenvólvese con relativa independencia, polo cal o ritmo de intensidade do seu traballo depende, en gran maneira, do carácter específico e particular do seu labor; por conseguinte, ademais dos emolumentos que perciben con carácter xeral os demais productores, este persoal terá asignada unha prima e/ou incentivo na venda e distribución, o cal estará calculado de xeito que cubra a posible prolongación da súa xornada, debido ás especiais incidencias do seu traballo. Por iso, tal prolongación, aínda que debidamente retribuída, non ten carácter de horas extraordinarias nin se verificará cálculo especial por este concepto.

Capítulo IV

Vacacións, licencias e descanso semanal

Artigo 13º.-Vacacións.

O persoal, calquera que sexa a súa categoría profesional, terá dereito a unhas vacacións retribuídas de trinta días naturais, co 100 por 100 do salario real. As vacacións desfrutaranse na data sinalada no dito calendario e comezarán sempre o día 1 ou 16 do mes, sen prexuízo do día da semana.

Quen comece ou cese no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional ó número de meses traballados, computándose como mes completo a fracción deste.

As vacacións serán concedidas de forma rotativa de xaneiro a decembro, sempre de acordo coas necesidades do servicio, procurándose comprace-los traballadores en canto á época do desfrute.

Co obxecto de facilita-la súa planificación, dentro do primeiro mes do ano, e en todo caso con dous meses de antelación, serán confeccionados os oportunos calendarios, de acordo co comité de empresa.

Artigo 14º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, terá dereito a licencia con remuneración salarial por algún dos motivos e tempos seguintes:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais en caso de nacemento de fillos.

c) Tres días naturais en caso de enfermidade moi grave ou falecemento do cónxuxe, pai ou nai dun ou doutro cónxuxe, netos, avós ou irmáns, xa sexan consanguíneos ou afíns. Se o feito tivese lugar en distinta provincia á residencia do traballador, a licencia ampliarase a cinco días naturais. A gravidade da enfermidade deberá xustificala con certificado médico ou outro medio que o acredite suficientemente.

d) Un día por traslado de domicilio habitual.

e) O día do bautizo ou primeira comuñón dos fillos.

f) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nalgunha norma legal ou convencional un período determinado, observarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

g) Necesidade de atender persoalmente asuntos propios de xustificada urxencia, ata tres días naturais.

As licencias ás que se refiren os apartados b), c), d), e) e f), concederanse no acto, sen prexuízo das sancións que se poidan impoñer se as causas que alegan resultasen falsas.

Artigo 15º.-Excepción ó descanso dominical.

Por tratarse de industrias cunha materia que precisa elaboración inmediata, de conformidade coa vixente Lei de descanso domicial e regulamento para a súa aplicación, o persoal necesario para o traballo en domingo e festivos oficiais, pode quedar exceptuado do descanso dominical e do correspondente ós días festivos desfrutando, en compensación, dun día completo de descanso noutro día da semana seguinte.

Un mesmo traballador non poderá traballar máis de dous domingos ou festivos consecutivos.

Capítulo V

Condicións económicas e sociais

Artigo 16º.-Conceptos retributivos.

As retribucións do persoal abranguido neste convenio estarán compostas do salario base e os complementos que se detallan e corresponden á xornada normal que se fixa no artigo 10:

-Persoais: antigüidade.

-De posto de traballo: nocturnidade, penosidade e plus de dedicación plena.

-Por cantidade ou calidade de traballo: prima de asistencia.

-De vencemento periódico superior ó mes: pagas extraordinarias.

-Os recibos de salarios deberán reflectir tódolos conceptos retributivos que perciban os traballadores.

Artigo 17º.-Salario base.

Na táboa anexa primeira descríbense as retribucións que por este concepto corresponden a cada traballador de acordo coa súa categoría profesional e rendemento normal durante a xornada de traballo.

Artigo 18º.

Antigüidade. Os traballadores fixos abranguidos neste convenio desfrutarán en concepto de antigüidade dun complemento periódico polo tempo de servicios prestados en dous bienios do 5 por 100 e, cumpridos estes, catro quinquenios do 10 por 100. calculados en ámbolos dous casos sobre os salarios base vixentes en cada momento, ata un máximo dun 50 por 100 do dito salario base.

Artigo 19º.-Plus de nocturnidade.

O complemento de nocturnidade durante a vixencia do presente convenio, será o 25 por 100 sobre o salario do convenio.

Terán dereito á percepción do citado complemento aqueles traballadores que traballen durante o período abranguido entre as dez da noite e as seis da mañá. Os traballadores que non traballen toda a xornada no dito período, percibirán este plus en proporción ó tempo traballado.

Exclúense da percepción do expresado suplemento, o persoal de gardería e vixilancia que realicen a súa función durante a noite, así como o persoal que recupere horas non traballadas.

Artigo 20º.-Penosidade.

Os traballadores que realicen traballos tóxicos, penosos e perigosos pecibirán un plus do 25 por 100 sobre o salario convenio, en proporción ó tempo efectivamente traballado en tales condicións.

Artigo 21º.-Plus de dedicación plena e dirección.

Os traballadores que desempeñen postos de gran responsabilidade, dirección e dedicación plena desfrutarán dun complemento salarial por este concepto, segundo a súa valoración a criterio da empresa.

Artigo 22º.-Plus de asistencia.

Establécese un plus de asistencia de 458 pesetas por día efectivo de traballo, calquera que sexa a condición ou categoría profesional do traballador, sen que se compute para efectos de antigüidade, horas extraordinarias e devengos de días festivos non recuperables. Non terán dereito a este plus, os traballadores que perciban o plus de dedicación plena e dirección.

Artigo 23º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense as pagas extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios, que consistirán cada unha nun mes de soldo base deste convenio, aumentada coa antigüidade que teña o traballador.

As pagas de xullo e Nadal aboaranse o día 17 de xullo e 22 de decembro respectivamente, e a de beneficios antes do día 15 de maio, festividade de Santo Isidro.

Ó persoal que ingrese ou cese na empresa no transcurso do ano, aboaránselle as gratificacións en razón

do tempo de servicio; computaranse as fraccións de mes como completos.

Os traballadores en situación de baixa por enfermidade, accidente ou licencia, percibirán as gratificacións extraordinarias na parte que lles corresponda como se estivesen en activo.

Artigo 24º.-Prima por domingos e festivos traballados.

O traballador que realice xornada en domingo ou festivos, independentemente do descanso que desfrute entre semana, percibirá unha prima de 1.408 pesetas por cada domingo ou festivo traballado.

Artigo 25º.-Prima ou incentivos por venda e distribución.

Ós conductores de venda e distribución de leite envasado e pensos, aboaráselles unha prima ou incentivo por este concepto, que consistirá para os conductores vendedores de leite en 0,732 pesetas litro, 8,50 pesetas quilo de manteiga vendida polo conductor, 2 pesetas quilo de manteiga entregada polo conductor, 3,500 pesetas quilo de nata, 0,550 por iogur, e 0,1230 pesetas por litro de leite cobrado ó contado en compensación ó quebranto de moeda; e para os de penso, 8,900 pesetas bolsa. Esta prima ou incentivo cubrirá, en todo caso, o exceso de xornada que realice o conductor, así como os gastos de comida, non tendo dereito a ningunha outra indemnización por estes conceptos, sen que compute para efectos da Seguridade Social.

Artigo 26º.-Quebranto de moeda.

Os traballadores que teñan dereito a esta retribución percibirán mensualmente por este concepto as seguintes cantidades: xefe de caixa, 4.888 pesetas; caixeiro axudante, caixeiros de axencias e báscula 3.080 pesetas e caixeiros de supermercados, 2.055 pesetas.

Artigo 27º.-Gastos de desprazamento.

Os traballadores que por necesidade da empresa teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos a poboacións distintas daquela na que radique o seu centro de traballo, percibirán, se é o caso e respectivamente, as seguintes cantidades: por xantar, 1.428 pesetas; por cea, 1.143 pesetas; por aloxamento, 1.915 pesetas e por almorzo, 382 pesetas. En todo caso, a empresa poderá esixi-los oportunos comprobantes.

Artigo 28º.-Complementos en situación de baixa por incapacidade laboral transitoria.

Para mellora-la posición dos traballadores en situación de baixa por incapacidade laboral transitoria, causada por enfermidade ou accidente aboaranse, sobre as prestacións da Seguridade Social, os seguintes complementos:

a) Nos casos de enfermidade común e accidente non laboral, debidamente comprobados, o traballador enfermo percibirá con cargo á empresa como complemento, a partir do cuarto día de baixa e ata o vixésimo, a diferencia entre o aboado pola Seguridade Social e o 100 por 100 de tódolos emolumentos salariais, pactados neste convenio, menos o plus de asistencia. A partir do día 21, a empresa aboaralle a

diferencia ata completa-lo salario real do traballador. É dicir, salario base, antigüidade, plus de asistencia e outros complementos, se os tiver, ata un máximo de dezaoito meses.

b) Cando a incapacidade laboral transitoria, debidamente comprobada, sexa consecuencia de accidente de traballo ou enfermidade profesional, ou de enfermidade común ou accidente non laboral que precisen hospitalización, o traballador afectado percibirá por conta da empresa, a partir do primeiro día e ata o máximo de dezaoito meses, a diferencia entre a cantidade aboada pola Seguridade Social, e o salario total pactado neste convenio.

Artigo 29º

Ó persoal que lle sexa recoñecida, ben polo organismo competente e/ou polos servicios médicos da empresa, unha diminución da súa capacidade para o desenvolvemento do seu traballo habitual como consecuencia de enfermidade ou accidente, a empresa destinarao a un posto de traballo acorde coas súas facultades, adaptándose o traballador, en canto a categoría e emolumentos, a esta situación.

Artigo 30º

Todo conductor que, con vehículo da empresa, se vexa privado temporalmente do permiso de conducir, por causa de imprudencia simple, como consecuencia de resolución xudicial ou administrativa, sen mediar embriaguez deste, terá dereito a desempeñar, sen perda de categoría laboral, o posto que eventualmente puidese asignarlle a empresa.

Capítulo VI

Clasificación, segundo a función, categoría e definicións

Artigo 31º.-Clasificación xeral.

O persoal ó servicio da empresa Feiraco, S. Coop. Ltda. clasificarase, en atención á función que desempeñe, nalgún dos seguintes grupos:

1. Persoal directivo.

2. Persoal técnico.

3. Persoal auxiliar de laboratorio.

4. Persoal de informática.

5. Persoal administrativo.

6. Persoal comercial.

7. Persoal de produccción.

8. Persoal de mantemento e transporte.

9. Persoal subalterno.

Artigo 32º.-Persoal directivo.

Defínese como persoal directivo o recollido como tal no artigo segundo, apartado un, letra e), do Estatuto dos traballadores, sen prexuízo do excluído do ámbito laboral polo artigo primeiro, apartado tres, letra c) do mesmo texto legal.

Artigo 33º.-Persoal técnico.

Este grupo abrangue as seguintes categorías:

Técnicos xefes.

Técnicos superiores.

Técnicos medios.

Xefes de fabricación.

Xefes de control leiteiro.

Xefes de sección.

Artigo 34º.-Definicións do persoal técnico.

a) Técnico xefe: o que posuíndo un título superior ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, dirixe dentro de cada fábrica ou grupos de fábrica, laboratorio, sección, etc., o inherente ó proceso operatorio ou estudios deste, ocupándose da súa mellora e/ou perfeccionamento e cantas esixencias precise a súa elaboración. Ten o mando directo sobre os demais técnicos e a responsabilidade do traballo, disciplina e seguridade persoal.

b) Técnicos superiores: son os que, posuíndo un título profesional oficial, de carácter universitario ou de carácter universitario ou de escola técnica de grao superior ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, realizan, na mesma, funcións propias dos ditos títulos ou coñecementos e que están retribuídos mediante soldo, sen suxeición por conseguinte, á escala habitual de horarios da súa profesión.

c) Técnicos medios: son os que, posuíndo título facultativo de grao medio ou de escola universitaria ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, desempeñan as funcións propias dos ditos títulos ou coñecementos ás ordes inmediatas da dirección, técnicos xefes e técnicos superiores.

d) Xefes de fabricación: son os que, ás ordes do director da fábrica ou superiores xerárquicos e baixo a súa responsabilidade, asumen a dirección e vixilancia dos procesos de fabricación, ordenando a forma en que o traballo debe desenvolverse, estando á fronte do persoal que realiza as tarefas técnicas e/ou manuais para a elaboración dos productos.

e) Xefes de control leiteiro: son os que teñen ó seu cargo a organización das zonas de recollida de leite, con persoal baixo as súas ordes, itinerarios e transporte, clasificación de calidades de leite, disciplina e responsabilidade de traballo, etc.

f) Xefes de sección: son os que, ás ordes inmediatas dos directores de fábricas, técnicos ou do xefe de fabricación, teñen o mando directo sobre os encargados e o persoal da sección, sendo a súa función a de vixilancia e coordinación das distintas fases de producción.

Artigo 35º.-Persoal auxiliar de laboratorio.

Están encadrados neste grupo:

1. Auxiliar de laboratorio.

2. Aspirante a auxiliar de laboratorio.

Artigo 36º.-Definicións do persoal de laboratorio.

a) Auxiliar de laboratorio: é quen realiza funcións meramente materiais e mecánicas nos traballos do

laboratorio, e para as que non se require título profesional.

b) Aspirante a auxiliar de laboratorio: entenderase por aspirante o empregado que traballa en labores propios de laboratorio, preparándose, mediante a súa práctica, para o paso á categoría de auxiliar.

Artigo 37º.-Persoal de informática.

Abrangue este grupo o seguinte persoal:

1. Xefe de equipo de informática.

2. Analista.

3. Xefe de explotación.

4. Programador de ordenador.

5. Operador de ordenador.

6. Perforista.

Artigo 38º.-Definicións do persoal de informática.

a) Xefe de equipo de informática: é o técnico que ten ó seu cargo a dirección e planificación das distintas actividades que coinciden na instalación e posta en explotación dun ordenador de tipo grande, medio ou pequeno, así como responsabilidade de equipo de análise de aplicacións e programación. Así mesmo, compételle a resolución de problemas de análise e programación de aplicacións normais de xestión susceptibles de seren desenvolvidas por eles.

b) Analistas: verifica análises orgánicas de aplicacións completas para obte-la solución mecanizada delas en canto se refire a:

-Cadea de operacións que se van seguir.

-Documento que se vai obter.

-O seu deseño.

-Ficheiros que se van tratar, a súa definición.

-Posta a punto das aplicacións.

-Creación de xogos de ensaio.

-Enumeración das anomalías que poden producirse e definición do seu tratamento.

-Colaboración ó programa de probas «lóxica de cada programa».

-Financiamento dos expedientes técnicos de aplicacións complexas.

c) Xefe de explotación: ten por misión planificar, organizar e controla-la explotación de todo o equipo de tratamento da información ó seu cargo, realiza-las funcións que correspondan a un operador e a dirección dos equipos de control.

d) Programador de ordenador: correspóndelle estudia-los procesos complexos definidos polos analistas, confeccionando organigramas detallados de tratamento.

Redactar programas na linguaxe de programación que lle sexa indicado.

Confeccionar xogos de ensaio, poñer a punto os programas e completa-los seus expedientes.

Documenta-lo manual de consola.

e) Perforista: correspóndelle realiza-lo perfecto manexo das máquinas perforadoras, coñecendo suficientemente a técnica de programación das ditas máquinas.

Artigo 39º.-Persoal administrativo.

Este grupo abrangue todo o persoal que efectúa traballos administrativos distribuído nas categorías seguintes:

1. Xefe administrativo de primeira.

2. Xefe administrativo de segunda.

3. Oficiais administrativos de primeira.

4. Oficiais administrativos de segunda.

5. Auxiliares administrativos.

6. Aspirantes.

Artigo 40º.-Definicións do persoal administrativo.

a) Xefe administrativo de primeira: é o empregado que, provisto ou non de poderes, leva a responsabilidade, inspección, revisión da empresa, está encargado de imprimirlles unidade, distribúeos, dirixe e achega as súas iniciativas para o seu bo funcionamento.

b) Xefe administrativo de segunda: é o empregado que provisto ou non de poder limitado, ás ordes do xefe de primeira, realiza traballos de superior categoría cós oficiais, esté encargado de orientar e darlle unidade á sección ou dependencia que dirixe.

c) Oficiais administrativos de primeira: son os empregados que actúan ás ordes dun xefe e que teñen un servicio determinado ó seu cargo, dentro do cal exercen iniciativa e posúen responsabilidade, con ou sen empregados ás súas ordes, realizando traballos que requiran cálculo, preparación ou condicións adecuadas. Por vía de orientación indícanse como funcións que corresponden a esta categoría as seguintes:

Redacción de documentos, contratos, proxectos, orzamentos, escritos e correspondencia que requira coñecementos especiais dos asuntos da empresa e para a misión dos cales sexa necesario interpretar disposicións e preceptos regulamentarios.

Elaboración de estatísticas, con capacidade para proxectalas, analizalas e interpretalas. Facturas e cálculos destas, sempre que sexan responsables desta misión. Levar libros oficiais de contabilidade ou de contas correntes con delegacións, sucursais, axencias ou correspondentes e redacción dos seus borradores. Liquidación de comisións, xuros, impostos e operacións análogas con capacidade de interpretación e solución.

Considéranse incluídos nesta categoría: contables con capacidade de discernimento e solución, cando leve el a contabilidade, traductores e taquimecanógrafos en idioma estranxeiro.

d) Oficiais administrativos de segunda: son os empregados que, con iniciativa e responsabilidade restrinxida e subordinada a un xefe ou a un oficial de primeira, realizan traballos de contabilidade, caixa e coadxuvantes delas; transcrición en libros auxiliares,

redacción de correspondencia e documentos de trámite; redacción de facturas, expedientes e demais traballos similares; recompilación de datos estatísticos; organización de arquivos e ficheiros. Aplicación de tarifas, liquidacións de comisións, impostos e operacións complementarias para estes traballos de acordo con normas fixas.

Considéranse nesta categoría os taquimecanógrafos en idioma nacional, os mecanógrafos e os axentes de publicidade, propaganda e investigación.

e) Auxiliares administrativos: son aqueles empregados, maiores de dezaoito anos, que se dedican dentro das oficinas a operacións elementais administrativas e, en xeral, ás puramente mecánicas inherentes ó traballo daqueles, como traballos simples de escritura e copia; transcrición ou copia en limpo de libros de contabilidade segundo asentos xa redactados; confección mecanizada ou non, de fichas, enderezos, recibos e outros, correspondencia sinxela, como envío de talóns, facturas, etc.

Quedan incluídos nesta categoría os mecanógrafos, así como aqueles empregados que realicen traballos elementais e auxiliares relacionados cos ordenadores ou máquinas clásicas de mecanización, telefonistas e recepcionistas.

O persoal desta categoría poderá así mesmo realizar outras funcións non estrictamente burocráticas, tales como pesar, anotar pesos, comprobar existencias, etc.

f) Aspirantes: consideraranse aspirantes os que dentro da idade de dezaseis anos, traballan en labores propios de oficina dispostos a iniciarse nas funcións peculiares delas, preparándose, mediante a práctica, para a categoría de auxiliar.

O paso de aspirante a auxiliar efectuarase ós dezaoito anos, sempre e cando a empresa o considere con suficiente capacidade.

Artigo 41º.-Persoal comercial.

Este grupo abrangue as seguintes categorías:

1. Xefe de vendas e/ou compras.

2. Xefe de zona.

3. Promotores e supervisores de vendas.

4. Viaxante.

5. Repartidores e/ou autovendas.

Artigo 42º.-Definicións do persoal comercial.

a) Xefe de venda e/ou compras: é o empregado que leva a responsabilidade, a revisión e coordinación das operacións comerciais e achega as súas iniciativas para o bo funcionamento delas e/ou realiza de modo permanente, ben nos centros productores ou nos establecementos, as compras xerais das mercadorías que son obxecto da actividade comercial da empresa.

b) Xefe de zona: é o empregado que leva a responsabilidade, revisión, inspección e coordinación da súa zona, ás ordes directas do xefe de vendas, con ou sen persoal ó seu cargo.

c) Promotores e supervisores de venda e distribución: son os empregados que, con ou sen vehículo

da empresa, percorren as zonas ou rutas que se lles indiquen, co obxecto de controlar, vixiar e anima-la xestión comercial de viaxantes, repartidores e outros axentes e representantes, así como visitar clientes, promover vendas, xestionar cobramentos de operacións morosas ou calquera outra misión que directamente se lles encomende, aleccionada coa venda e distribución dos productos da cooperativa. Cando permanezan no centro de traballo poderán empregarse en tarefas de estatística, controis diversos ou traballos similares.

d) Viaxantes: son os empregados que, ó servicio exclusivo da cooperativa, percorren persoalmente as rutas ou áreas xeográficas que se lles sinalan para ofrecer artigos, tomar notas de pedidos, informa-los socios e clientes, cobrar facturas, transmitir encargos recibidos e coidar do seu cumprimento. Durante a súa estadía no centro de traballo poderán ser empregados en oficinas ou destinos similares.

Se a organización da empresa así o esixise poderán conducir un vehículo, ofrecer, vender e cobrar ó mesmo tempo a mercadoría entregada.

e) Repartidores e/ou autovendas: son os traballadores que teñen como función principal realiza-la recollida, distribución e entrega de productos a socios e clientes da cooperativa, tomar nota dos pedidos que estes lles fagan e facerse cargo do cobramento e liquidación das vendas ó contado que se lles encomenden. Colaborarán na carga ou descarga do vehículo que se lles asigne, sendo conductores deles, coidando da súa conservación, limpeza e boa presencia. Cando o seu traballo non absorba a xornada complete, poderán ser destinados a outros cometidos adecuados dentro da empresa.

Quedan incluídos nesta categoría, ademais dos conductores-distribuidores de pensos e leite envasado, os conductores de leite fresco en cántaras e cisternas.

Artigo 43º.-Persoal de producción.

Pertencen a este grupo as seguintes categorías:

1. Encargado.

2. Oficial de primeira.

3. Oficial de segunda.

4. Especialista.

5. Peón.

Artigo 44º.-Definicións do persoal de producción.

a) Encargado: é o operario que, baixo as ordes inmediatas dun superior, dirixe os traballos dunha sección, coa responsabilidade conseguinte sobre a forma de ordenalos, indícalle ó obreiro a forma de executar aqueles, posúe coñecementos dunha ou varias especialidades para realiza-las ordes que lle encomendan os seus superiores e é responsable da disciplina da súa sección, con práctica completa do seu cometido.

Quedan incluídos nesta categoría os encargados de tódalas seccións da cooperativa, incluíndo ós da sección de consumo, economato, porqueira, almacén, etc.

b) Oficial de primeira: é operario que baixo as ordes inmediatas dun superior executa os traballos propios

do seu equipo, coa responsabilidade conseguinte sobre a súa realización; indícalles ós obreiros ó seu cargo a forma de levaren a cabo os traballos, e é o responsable da disciplina do grupo ou sección, con práctica completa do seu cometido. En todo caso, considéranse dentro desta clasificación os postos de traballo que a seguir se describen:

1. Operadores de hixienizadores de leite: son os que coidan a vixilancia e bo funcionamento, dentro da fábrica, de todas e cada unha das máquinas de calquera sistema de hixienización.

2. Envasadores por medios mecánicos: son os encargados de vixiar e realiza-la enchedura das máquinas ensacadoras, coñecendo tódalas condicións dun perfecto envasado.

3. Dosificadores de penso: son os que fan a dosificación das distintas clases e tipos de pensos compostos, mediante as listas e módulos facilitados polo xefe técnico de producción, ten ó seu cargo a máquina dosificadora e a mesturadora, sendo o responsable de todo o proceso ata o ensacado.

4. Controladores de distrito leiteiro: son aqueles que realizan funcións de vixilancia e estatística de producción de mostras, control de cortes e outras que se lles poida confiar ós seus superiores, tanto en relación coa medición, limpeza e comprobación de calidades nos distritos leiteiros, como calquera outra específica do seu labor de control. Cando permanezan no centro de traballo, poden ser empregados en recepción de leite e cometidos adecuados á súa categoría.

5. Xefes de sección mercantil: son aqueles empregados que, dentro da sección xeral de consumo e ás ordes do encargado ou xefe de planta, teñen ó seu cargo e baixo a súa responsabilidade unha determinada sección ou departamento, encargándose de que exista mercadoría de tódalas clases e tipos, que estea debidamente colocada e marcada cos prezos ó público; de comunicarlle os pedidos ó xefe de almacén, e de todo aquilo que lle concerne e sexa necesario para a boa marcha da sección.

c) Oficial de segunda: é o traballador que, ás ordes do seu inmediato superior, realiza traballos de perfección e calidade. Considéranse dentro desta clasificación os postos de traballo seguintes:

1. Operadores de máquinas empaquetadoras: son os traballadores que dentro da planta, están ó cargo das máquinas que colocan os paquetes en caixas, coidando da súa vixilancia, limpeza e bo funcionamento.

2. Operadores de pasteurizadores: son os empregados que, cun rendemento correcto e normal, realizan o labor de pasteurización de leite, nata, etc., estando ó coidado e vixilancia de todos e cada un dos aparellos de calquera sistema de pasteurización.

3. Granuladores de pensos compostos: son aqueles traballadores encargados de vixiar e realiza-lo granulado de pensos por medio das máquinas granuladoras, coñecendo tódalas condicións dun perfecto granulado, coidando estas e téndoas en perfecto estado de funcionamento.

4. Auxiliar de caixa en planta: son os que, na sección de consumo ou outras, teñen ó seu cargo unha ou máis caixas rexistradoras, facendo a liquidación e cobramento das mercadorías ós socios-clientes, sendo responsables dos cobramentos realizados e de liquidárenlle correctamente ó caixeiro a recadación diaria. Cando non ocupen toda a xornada neste labor poderán ser destinados a realizar outras tarefas dentro da planta, tales como etiquetado, desembalaxe, control, etc.

5. Especialista: é o operario que se dedica ás funcións que, sen constituíren propiamente un oficio, esixen certa práctica e habilidade. En todo caso considéranse dentro desta clasificación os postos de traballo que se describen a seguir:

1. Pesadores de leite fresco á recepción: son os que comproban a báscula e practican a pesada de leite, realizando as sumas e anotacións de acordo coas instruccións dos seus superiores, distribuíndo o artigo ós depósitos.

2. Refrixeradores de leite: son os que efectúan a refrixeración do leite, e están ó coidado da batería de refrixeración, coñecendo tódalas condicións de temperatura e tempo de recuperación.

3. Manteigueiros: son os que coñecen as distintas clases de elaboración da manteiga e o manexo de tódalas máquinas e aparellos que interveñen na súa fabricación.

4. Ensacadores: son os que efectúan a enchedura e peche dos sacos nas básculas semiautomáticas e máquinas cosedoras, vixiando a exactitude das pesadas e o perfecto funcionamento das ditas máquinas.

5. Muiñeiros: son os que están ó cargo do muíño mecánico, realizan molturación de toda clase de grans, distribuíndo as fariñas ás súas respectivas moegas.

6. Vixilancia das caldeiras ou vapor: son os que vixian o perfecto funcionamento das caldeiras de vapor e están encargados da distribución do vapor necesario a cada fábrica ou planta.

7. Auxiliar-dependente de supermercado: son os empregados que, na sección de consumo, realizan as funcións de auxiliar-dependente de tenda, ás ordes do xefe de sección mercantil, realizando, entre outros, os seguintes traballos, desembalaxe, etiquetado, marcado e colocación das distintas mercadorías en andeis e contedores. Cando por necesidades de traballo sexa necesario, poden ser destinados a unha caixa rexistradora.

e) Peón: é o traballador non cualificado, maior de dezaoito anos, que executa labores para a realización dos cales soamente se require a achega da súa actuación e esforzo físico, sen esixencias de coñecementos especiais.

Artigo 45º.-Persoal de mantemento e transporte.

Están neste grupo os operarios, que, tendo realizado nas condicións legais establecidas a aprendizaxe dun oficio determinado, desempeñan as funcións propias do mesmo grupo, os conductores, mecánicos, carpinteiros, electricistas, soldadores, albaneis, pintores, etc.

Os obreiros encadrados dentro deste grupo de oficios auxiliares clasificaranse nas seguintes categorías:

1. Oficial de primeira.

2. Oficial de segunda.

3. Oficial de terceira.

4. Auxiliares.

Artigo 46º.-Definicións do persoal de mantemento e transporte.

a) Oficiais de primeira: son aqueles operarios que coñecendo un oficio o practican e aplican con tal grao de perfección que non só lle permite levar a cabo traballos xerais del, senón aqueloutros que supoñen especial esmero e delicadeza.

Recoñéceselles esta categoría ós conductores de camións de máis de tres toneladas e media de carga.

b) Oficiais de segunda: integran a dita categoría os que sen chegar á especialización esixida para os oficiais de primeira, executan as correspondentes a un determinado oficio coa suficiente corrección e eficacia.

Recoñéceselles esta categoría ós conductores de vehículos de tonelaxe inferior a tres toneladas e media de carga.

c) Oficiais de terceira: son os que non alcanzaron aínda os coñecementos indispensables para executa-los traballos coa corrección esixida a un oficial de segunda.

Estes operarios traballan sempre ás ordes dos oficiais anteriormente descritos.

d) Axudante: son os empregados que, sen posuíren oficio, realizan traballos que non requiran especialización ás ordes dos oficiais e axuda a estes nos seus labores.

Artigo 47º.-Persoal subalterno.

Pertencen a este grupo as seguintes categorías:

1. Almaceneiro.

2. Pesadores e basculeiros.

3. Cobradores.

4. Porteiros.

5. Ordenanzas.

6. Conserxes.

7. Gardas, serenos e vixilantes.

8. Persoal de limpeza.

Artigo 48º.-Definicións do persoal subalterno.

a) Almaceneiros: son os traballadores que teñen ó seu cargo a recepción de mercadorías e despacho de productos, coas operacións complementarias de medición, pesaxe, colocación de andeis, etc.; así como o rexistro nos libros correspondentes do movemento da xornada.

b) Pesadores e basculeiros: son os traballadores que teñen como misión pesar en báscula tractores, camións, etc., e rexistrar tales operacións nos libros correspondentes.

c) Cobradores: son os traballadores que teñen como ocupación habitual a realización de cobramentos e pagamentos por conta da empresa.

d) Porteiros: son os traballadores que coidan os accesos das fábricas, locais industriais e oficinas, controlando as entradas e saídas do persoal, vehículos e mercadorías, logo de pesalas, en caso necesario.

e) Ordenanzas: terán esta categoría os traballadores que teñan como misión facer recados, reproducir documentos, así como levar a cabo outros traballos elementais por orde dos seus superiores.

f) Conserxes: son os encargados de distribuí-lo traballo dos porteiros, ordenanzas, gardas e serenos, atendendo a disciplina deste persoal e o coidado das distintas dependencias das oficinas e locais industriais.

g) Gardas, serenos e vixilantes: son os traballadores que teñen como cometido funcións de orde e vixilancia dentro ou fóra do recinto da empresa.

h) Persoal de limpeza: son os traballadores encargados dos servicios ou aseo xeral e da limpeza e coidado dos locais e dependencias da cooperativa.

Capítulo VII

Faltas e sancións

Artigo 49º.-Incumprimentos, faltas e sancións.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa en virtude de incumprimento laboral, de acordo coa graduación das faltas e sancións que se determinan non presente convenio e as que se establezan en disposicións legais aplicables, todo isto de conformidade co disposto no artigo 58 do Estatuto dos traballadores.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo a súa importancia e transcendencia, en leve, grave e moi grave.

a) Serán faltas leves:

1. Tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo no prazo dun mes.

2. As discusións violentas cos compañeiros de traballo.

b) Serán faltas fraves:

1. A falta non xustificada de asistencia ó traballo.

2. Ausentarse sen licencia do centro de traballo.

3. Simula-la presencia doutro traballador efectuando o control por el.

4. Finxir enfermidade ou accidente, ou pedir permisos alegando causa inexistente.

5. Non comunicar, no momento que se produza, os cambios na situación persoal ou familiar.

6. O quebrantamento da reserva obrigada, sen que produza graves prexuízos.

7. Os traballos mal realizados por neglixencia, falta de atención ou coidado que orixine avarías, deficiencias na producción ou perdas de materias primas, superiores ó normalmente admisible.

8. A reincidencia ou reiteración en faltas leves.

c) Serán faltas moi graves:

1. As consignadas no artigo 54 do Estatuto dos traballadores.

2. Descubrir plans de traballo da empresa, sacar documentos, revelar fórmulas, etc., sexa cal fose o fin con que se faga.

3. A reincidencia e reiteración nas faltas graves.

Sancións: as sancións máximas que poderán impoñérselles ós que incorran en faltas serán as seguintes:

Por faltas leves:

Amoestación verbal ou escrita.

Por faltas graves:

Suspensión de emprego e soldo ata quince días.

Por faltas moi graves:

Suspensión de emprego e soldo de quince a sesenta días.

Inhabilitación para o ascenso polo prazo dun ano.

Despedimento.

Do comité de empresa

Competencias

Artigo 50º

1. O comité de empresa terá as seguintes competencias:

1.1. Recibir información, que lle será facilitada trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

1.2. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, dos demais documentos que se lles dan a coñecer ós socios e as mesmas condicións ca a estes.

1.3. Emitir informe con carácter previo á execución por parte do empresario das decisións adoptadas por este sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuración do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquela.

b) Reduccións de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control do traballo.

e) Estudio de tempos, establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

1.4. Emitir informe cando a fusión, absorción ou modificación de estatus xurídico de empresa supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

1.5. Coñece-los modelos de contrato de traballo escritos que se utilicen na empresa, así como dos documentos relativos ó remate da relación laboral.

1.6. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

1.7. Coñecer, trimestralmente, polo menos, as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinestrabilidade, os estudios periódicos ou especiais do medio ambiente laboral e os mecanismos de prevención que se utilizan.

1.8. Exercer un labor.

a) De vixilancia no cumprimento das normas vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e emprego, así como o resto dos pactos, condicións e usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as condicións legais oportunas ante o empresario e os organismos ou retribucións competentes.

b) De vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa, coas participacións previstas nesta orde polo artigo 19 desta lei.

1.9. Participar, como se determine por convenio colectivo, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

1.10. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade, de acordo co pactado no convenio colectivo.

1.11. Informa-los seus representantes de tódolos temas e cuestións sinaladas neste número 1, en canto directa ou indirectamente teñan ou poidan ter repercusión nas relacións laborais.

2. Os informes que deba emiti-lo comité a teor das competencias recoñecidas nos apartados un punto tres e un punto catro do número un anterior deben elaborarse no prazo de quince días.

3. Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito das súas competencias, por decisión maioritaria dos seus membros.

3.1. Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós números un, dous, tres e catro do apartado un do artigo anterior, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinala expresamente o carácter reservado. En todo caso, ningún tipo de documento entregado pola empresa ó comité poderá ser utilizado fóra do estricto ámbito daquela e para distintos fins dos que motivaron a súa entrega.

Garantías

Os membros do comité de empresa, como representantes dos traballadores, terán as seguintes garantías:

a) Apertura de expediente contradictorio no suposto de sancións por faltas graves ou moi graves, no que será oído, á parte do interesado, o comité de empresa.

b) Prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

c) Non ser despedido nin sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte á expiración do seu mandato, agás no caso de que esta se produza por revogación ou demisión, sempre que o despedimento ou sanción estea baseado na acción do traballador no exercicio da súa representación, sen prexuízo, polo tanto, do establecido no artigo 54. Así mesmo, non poderá ser discriminado na súa promoción económica ou profesional en razón, precisamente, do desempeño da súa representación.

d) Expresar, colexiadamente, se se trata do comité, con liberdade de opinións nas materias concertantes á esfera da súa representación, podendo publicar e distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, as publicacións de interese laboral ou social, comunicándollo á empresa.

e) Dispoñer dun crédito de 20 horas mensuais retribuídas cada un dos membros do comité, para o exercicio das súas funcións de representación.

Capítulo VIII

Disposicións varias

Artigo 51º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralle anualmente ó persoal de producción, transporte, mantemento e laboratorio, dous xogos completos de roupa de traballo adecuada ó labor que van realizar, tales como fundas, pantalón e chaqueta, gorras, batas, botas, luras, mandís, etc.. Cando se realicen tarefas á intemperie proporcionarase a roupa adecuada.

Así mesmo, nos postos de traballo nos que pola súa natureza se produza un desgaste extraordinario da roupa, esta será substituída a medida que se vaia deteriorando.

O traballador responderá do correcto uso da roupa que se lle entregue.

Artigo 52º.-Mobilidade funcional e xeográfica.

En materia de traslados e cambios de posto de traballo observarase o disposto nos artigos 39 e 40 do Estatuto dos traballadores.

Disposicións adicionais

Primeira.-A clasificación do persoal consignada no presente convenio é meramente enunciativa e non supón a obriga de ter cubertas tódalas prazas enumeradas, se a necesidade e volume da empresa non o require.

Segunda.-Establécese unha axuda económica de doce mil pesetas por ano de antigüidade na empresa, a tódolos traballadores que se xubilen e que tivesen o día tres de maio de mil novecentos noventa e tres, sesenta anos ou máis de idade.

Terceira.-Comisión paritaria. Para a solución de cantas dúbidas e conflictos poidan xurdir na interpretación e cumprimento do presente convenio, créase

unha comisión paritaria integrada por dez membros (catro de cada unha das partes) designados todos eles, preferentemente, de entre os integrantes da comisión deliberadora do convenio, e, en todo caso, membros do comité de empresa e do consello rector.

A comisión reunirase cantas veces sexa necesario a pedimento de calquera das partes, avisando por escrito cunha antelación mínima de 48 horas. As súas decisións serán vinculantes cando as adopten tres cuartas partes dos seus membros, e deberá resolver no prazo máximo de quince días hábiles.

Cuarta.-De acordo co disposto na lexislación vixente e no artigo anterior, establécese para o cumprimento das cuestións que se deriven do presente convenio e decisión das arbitraxes en conflictos que lle sexan sometidos, unha comisión paritaria. A súa composición estará formada polos señores seguintes:

Jesús Capeáns Carballo

Daniel Clemente Cardeso Maroñas

Manuel Mariño Torreiras

Antonio Conde Patiño

Manuel Pereira Oreiro

Enrique Acuña Pose

Manuel Cajuso Barbazán

Fernando Forján Novo

Disposicións transitorias

Primeira.-Asimilación de categorías.

Os traballadores que, á entrada en vigor deste convenio, ostenten unha categoría profesional que non figure nel, quedarán automaticamente clasificados, para tódolos efectos, naquelas con funcións que se axusten máis ás que realicen sen que en ningún caso lles supoña deterioración ou menoscabo dos seus dereitos laborais, tanto económicos como doutra índole.

Segunda.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse, en todo caso, as condicións máis beneficiosas no plus de antigüidade para aqueles traballadores que o tiñan recoñecido, que percibirán a cantidade que estaban percibindo anteriormente ata que as pactadas no presente convenio excedan as anteriores.

Terceira.-As retribucións establecidas no presente convenio compensarán calquera outra existente no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza ou orixe da súa existencia.

Cuarta.-O chamado plus a extinguir non sufrirá ningunha variación no presente ano.

Quinta.-A empresa comprométese a establecer para o próximo convenio colectivo do ano 1997, a xornada de cinco días naquelas seccións que sexa posible, sen causarlle maior custo, reducción na producción ou falta de asistencia ós socios, logo de informe da dirección.

Disposición derradeira

No non establecido de maneira expresa no presente convenio, observarase o disposto na lexislación vixente.

O presente convenio colectivo derroga calquera pacto de carácter xeral ou outro convenio colectivo, polo que se viñesen rexendo as relacións laborais entre Feiraco, S. Coop. Ltda. e os traballadores de tódolos seus centros de traballo na provincia da Coruña ata a data.

Autorízase a Manuel Mariño Torreira para que presente no prazo máis breve posible esta acta e os documentos que se xuntan na Dirección Provincial da Coruña, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia para que esta dispoña o seu rexistro e a súa publicación no DOGA e, unha vez rexistrada, a remita ó Instituto de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (IMAC), para o seu depósito, todo isto de acordo co disposto na normativa vixente na materia.

O presente convenio expresa a libre vontade das partes negociadoras que en proba de conformidade, o asinan en Ponte Maceira-Negreira (A Coruña) o vintetrés de setembro de mil novecentos noventa e seis.

ANEXO

Táboa salarial para o ano 1996

Táboa salarialCómputo anual
Categoríasmensualmáis plus

Persoal técnico
1. Técnico xefe267.9894.122.921
2. Técnico superior230.4963.561.805
3. Ténico medio162.2642.540.637
4. Xefe de fabricación162.2642.540.637
5. Xefe de control leiteiro162.2642.540.637
6. Xefe de sección162.2642.540.637

Persoal auxiliar de laboratorio
1. Auxiliar de laboratorio92.4471.495.758
2. Aspirante de auxiliar de laboratorio89.5101.451.818

Persoal de informática
1. Xefe de equipo de informática162.2642.540.637
2. Analista162.2642.540.637
3. Xefe de explotación162.2642.540.637
4. Programador de ordenador162.2642.540.637
5. Operador de ordenador162.2642.540.637
6. Perforista100.4451.615.465

Persoal administrativo
1. Xefe administrativo de 1ª162.2642.540.637
2. Xefe administrativo de 2ª132.3312.092.678
3. Oficial administrativo de 1ª113.4641.810.297
4. Oficial administrativo de 2ª107.8701.726.576
5. Auxiliar administrativo100.4451.615.465
6. Aspirante81.5671.332.936

Persoal comercial
1. Xefe de vendas e/ou compras162.2642.540.637
2. Xefe de zona130.3722.063.341
3. Promotores e supervisores vendas104.8001.680.640
4. Viaxantes89.5101.451.818
5. Repartidores e/ou autovendas89.5101,451.818

Persoal de producción
1. Encargado102.6901.649.059
2. Oficial de 1ª98.2721.582.927
3. Oficial de 2ª92.4471.495.758
4. Especialista89.5101.451.818
5. Peón86.1591.401.658

Táboa salarialCómputo anual
Categoríasmensualmáis plus

Persoal de mantemento
1. Oficial de 1ª98.2721.582.927
2. Oficial de 2ª92.4471.495.758
3. Oficial de 3ª89.5101.451.818
4. Auxiliares86.1591.401.658

Persoal subalterno
1. Almaceneiro89.5101.451.818
2. Pesador e basculeiro86.1591.401.658
3. Cobrador86.1591.401.658
4. Porteiro86.1591.401.658
5. Ordenanza86.1591.401.658
6. Conserxe86.1591.401.658
7. Garda, sereno e vixilante86.1591.401.658
8. Persoal de limpeza86.1591.401.658

8864