Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 29 de novembro de 1996 Páx. 10.794

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se convocan exames ordinarios en 1997 para a obtención de titulacións para o goberno de embarcacións de lecer.

O Decreto 77/1996, do 29 de febreiro, asígnalle á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura as funcións e servicios transferidos de acordo co previsto no Decreto 89/1996, do 26 de xaneiro, sobre o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios en materia de Ensinanzas Náutico-Deportivas, e corresponde o exercicio destas á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Sendo necesario establece-lo calendario e condicións de inscrición nas probas para a obtención das correspondentes titulacións, esta dirección, en uso das facultades que ten atribuídas en virtude do Decreto 206/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica e funcional da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura,

RESOLVE:

Proceder á convocatoria de exames ordinarios de 1997 para a obtención das seguintes titulacións:

a) Patrón de embarcacións de lecer.

b) Patrón de iate e patrón de iate de altura.

c) Capitán de iate.

Con suxeición ás seguintes bases da convocatoria

Primeira.

1. Serán celebrados os exames no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, polos tribunais constituídos para ó efecto de acordo co previsto na base quinta da presente resolución, segundo a seguinte programación:

1. Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

-Patrón de embarcacións de lecer: convocatorias de xaneiro, maio e setembro.

-Patrón de iate: convocatorias de xaneiro, maio e setembro.

-Patrón de iate de altura: convocatorias de xaneiro, maio e setembro.

Capitán de iate: convocatorias de xaneiro, maio e setembro.

2. Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.

-Patrón de embarcacións de lecer: convocatorias de xaneiro, maio e setembro.

-Patrón de iate: convocatoria de setembro.

3. Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

-Patrón de embarcacións de lecer: convocatorias de xaneiro, maio e setembro.

-Patrón de iate: convocatoria de maio.

2. Os exames celebraranse na primeira convocatoria o 21 de xaneiro de 1997, na segunda convocatoria o 20 de maio de 1997 e na terceira convocatoria o 29 de setembro de 1997.

3. Os exames serán escritos e axustaranse no referente ós programas, forma e condicións mínimas para superalos ás resolucións da Dirección Xeral da Mariña Mercante do 19 de febreiro de 1990 (BOE do 3 de marzo) e 25 de xuño de 1990 (BOE do 6 xullo) e ás circulares desta dirección actualmente en vigor, que se exporán á vez que as listas de admitidos e excluídos nos taboleiros de anuncios dos centros realizadores dos exames.

Segunda.

As persoas que desexen presentarse a esta convocatoria deberán acreditar:

a) Ter cumprido 18 anos, e no caso do patrón de embarcacións de lecer, se se é menor non emancipado, ter cumprido 16 anos e contar coa autorización dos pais ou titores.

b) Ter ingresado os correspondentes dereitos do exame, segundo as cantidades fixadas na Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia en vigor no período de matrícula.

Terceira.

1. Os candidatos deberán solicita-la súa admisión a exame mediante instancia dirixida ó presidente do correspondente tribunal de exames para a obtención das titulacións de referencia.

2. A solicitude axustarase ó modelo que se xunta como anexo á presente resolución.

3. Xunto á solicitude, será preciso presenta-la seguinte documentación:

-Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

-Unha fotografía recente de tamaño carné.

-Resguardo para a Administración do correspondente impreso de autoliquidación de taxas debidamente validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso.

-No caso de que os candidatos teñan superado unha parte do programa da titulación á que se presentan, deberán aporta-lo certificado do derradeiro exame.

-Título, tarxeta ou resgardo de trámite de patrón de embarcacións de lecer, para presentarse a patrón de iate.

-Título, tarxeta ou resgardo de trámite de patrón de iate, para presentarse a capitán de iate ou patrón de iate de altura.

4. As solicitudes, que só terán validez para unha única convocatoria, presentaranse, xunto á documentación mencionada no apartado anterior, indicando o lugar de realización do exame, nas datas que a continuación se detallan e que se consideran prazos improrrogables a tódolos efectos.

-Convocatoria do 21 de xaneiro de 1997: desde o 30 de novembro de 1996 ata o día 30 de decembro de 1996, ambos inclusive.

-Convocatoria do 20 de maio: desde o 1 de abril de 1997 ata o día 30 de abril de 1997, ambos inclusive.

-Convocatoria do 29 de setembro de 1997: desde o 14 de agosto de 1997 ata o día 12 de setembro de 1997, ambos inclusive.

5. As mencionadas solicitudes poderán presentarse en calquera das seguintes dependencias administrativas:

a) No rexistro da Consellería de Pesca Marisqueo e Acuicultura ou de calquera das súas delegacións territoriais ou comarcais.

b) Na secretaría do Instituto Politécnico-Marítimo Pesqueiro do Atlántico en Vigo ou das Escolas Oficiais Náutico-Pesqueiras de Ribeira e Ferrol, segundo corresponda.

Cuarta.

Sen prexuízo do disposto na base primeira da presente convocatoria, os presidentes dos tribunais, á vista das instancias recibidas, farán público no taboleiro de anuncios de cada centro examinador as listas de admitidos e excluídos, así como o día e a hora de realización das probas correspondentes a cada unha das titulacións.

Quinta.

Os tribunais que xulgarán as probas estarán formados por:

-O director do centro onde se realice o exame ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente en tódalas probas.

-O seguinte número de vocais que serán designados para ó efecto polo presidente, en función do tipo de exame:

-Catro vocais, no caso do exame de patrón de embarcacións de lecer.

-Seis vocais, nos casos de exames de patrón de iate e patrón de iate de altura.

-Catro vocais, no caso do exame de capitán de iate.

-Un secretario, cargo que será ocupado polo secretario do centro.

Os membros dos tribunais terán preferentemente titulación náutica superior.

Sexta.

Rematadas e corrixidas as probas, expoñeranse, no taboleiro de anuncios das dependencias administrativas sinaladas na base 3º.5 da presente resolución, as listas das cualificacións destas.

Os interesados poderán, se é o caso, formula-las reclamacións que estimen oportunas perante o presidente do tribunal, no prazo de 15 días, contados desde a data na que sexan publicadas ditas listas.

Sétima.

Aqueles solicitantes que se encontren en posesión de titulacións que dan lugar á validación de partes dos programas, solicitarana diante do tribunal ó mesmo tempo que solicitan a inscrición para o exame, para o que xuntarán a documentación necesaria para acreditar que están en posesión das titulacións que alegan para a validación. O tribunal resolverá estas na lista pública de admitidos e excluídos.

Oitava.

De darse as circunstancias previstas na disposición décimo segunda da Orde do 31 de xaneiro de 1990, do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións e existir número suficiente de solicitantes, a Dirección Xeral organizará exames con carácter extraordinario noutros lugares e datas que oportunamente se farán públicos nos puntos indicados na base 3.5º.

Para a celebración dos ditos exames extraordinarios serán de aplicación tódalas disposicións recollidas na presente resolución.

Novena.

Os solicitantes deberán reuni-las condicións físicas previstas na Resolución do 22 de xuño de 1990, da Dirección Xeral da Mariña Mercante.

Esta condición acreditarase mediante a presentación de certificado médico expedido de conformidade coa dita resolución, cando se solicite o título e a tarxeta acreditativa.

Décima.

As presentes convocatorias e cantos actos administrativos se deriven delas poderán impugnarse nos casos e na forma previstos na vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1996.

Ana Mª Gallego Castro

Directora Xeral de Formación Pesqueira e Investigación

CONSELLERÍA DE XUSTIZA,

INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

7341

Resolución do 30 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Estiba y Desestiba Noroeste, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Estiba y Desestiba del Noroeste, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-9-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data 15-7-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación as representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de setembro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Estiba y Desestiba del Noroeste, S.L. (Estinorte)

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo ten por obxecto regula-las relacións laborais e económicas da empresa Estiba y Desestiba del Noroeste, S.L. (Estinorte) e do persoal ó seu servicio, en calquera centro de traballo onde teña que desenvolve-la súa actividade.

Artigo 2º .-Ámbito persoal.

Afecta este convenio a todo o persoal que actualmente preste servicios na empresa, así como aquel que ingrese no futuro, xa sexa fixo continuo, fixo discontinuo ou eventual.

Artigo 3º.-Vixencia.

As normas estipuladas no presente convenio entrarán en vixencia a partir do día seguinte ó da súa sinatura, salvo as económicas que producirán efecto a partir do 1 xaneiro de 1996.

Artigo 4º.-Duración.

A duración do convenio será desde o día 1 de xaneiro de 1996 ó 31 de decembro de 1996.

Artigo 5º.-Prórroga.

Se ningunha das partes denunciase o convenio, este prorrogaríase tacitamente de ano en ano, co incremento do IPC.

Artigo 6º.-Denuncia.

A denuncia do convenio presentaraa calquera das partes con tódolos requisitos legais, cunha antelación mínima de dous meses á data do remate da vixencia do convenio ou de calquera das súas prórrogas.

Artigo 7º.-Absorcións e compensacións.

As condicións que se establecen neste convenio absorberanse e compensaranse no cómputo anual, calquera outra existente no da súa vixencia e nas que no futuro poidan establecerse ata onde alcancen.

Artigo 8º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que, con anterioridade ó establecemento do presente convenio, viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas cás aquí pactadas, conservaraas ad personam.

Artigo 9º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

No suposto de que a autoridade laboral competente, no exercicio das facultades que lle son propias, non aprobase na súa totalidade, quedaría sen efecto práctico, e deberase considerar de novo o seu contido.

Artigo 10º.-Comisión paritaria.

Para a aplicación, interpretación e cantas xestións se deriven deste convenio, créase unha comisión paritaria composta por tres membros do comité de empresa, tres representantes da dirección e o presidente da comisión deliberadora do convenio.

Artigo 11º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais, de luns a venres, segundo o seguinte horario:

-Traballo a bordo en bodegas frigoríficas. O horario de traballo para esta modalidade será de 8 a 13 e de 15 a 18, cunha hora de repouso por cada unha de traballo efectivo, a excepción dos amanteiros. Se as necesidades do servicio así o esixisen, a xornada anticiparase nunha hora tanto ó comezo como á finalización, sendo avisado o traballador o día anterior.

A anticipación ou superación desta xornada, coa súa correspondente flexibilidade, consideraranse horas extraordinarias.

-Traballo a bordo en bacaladeiros ou buques non frigoríficos. De 8 a 13 e de 15 a 18, con vinte minutos de descanso na xornada de mañá para toma-lo bocadillo.

Poderase anticipar ou retrasa-la xornada da mesma forma que nos buques conxeladores.

Cando finalice o traballo no barco no que preste o servicio e non rematase a xornada laboral, a empresa poderá destina-lo persoal afectado a outro barco, ata o remate desta.

-Traballo en terra de clasificación, elaboración e estiba-desestiba. A xornada laboral de oito horas será flexible nesta actividade por razóns das especiais características que existen neste traballo, o cal se realizará entre as 7 e as 20 horas, e será avisado o traballador o día anterior. Na clasificación de bacallao haberá vinte minutos de bocadillo.

Artigo 12º.-Xornada estructural.

Poderanse facer xornadas de 7 horas continuadas ou ben partidas. Estas xornadas nunca poderán supera-las 22 horas.

En caso de traballo en buques (non de conxelado), tanto o persoal de elaboración en terra (planta) como o de buque terá dereito a 20 minutos de bocadillo, dos cales 10 minutos serán recuperables.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

A bordo, pola especial función do traballo, cando sexa necesario realizaranse ata dúas horas extraordinarias que terán carácter estructural, e na clasificación e elaboración serán tres horas. A superación destas horas considérase especial, coa súa correspondente flexibilidade da xornada.

Artigo 14º.-Traballo en sábados (xornada de mañá).

Cando as necesidades así o requiran, conscientes do prexuízo que podería supo-la paralización da empresa durante varios días consecutivos, os traballadores vinculados ó presente convenio poderán traballa-los sábados (en xornada de mañá), realizando unha xornada de sete horas e percibirán unha retribución como se de xornada completa se tratase máis un complemento salarial do 50% do seu salario normal.

Artigo 15º.-Traballo en sábados (xornada de tarde), domingos e festivos.

Polas mesmas causas expostas no artigo anterior, o persoal poderá traballa-los sábados (xornada de tarde), domingos e festivos; percibindo unha retribución do 100% do salario normal, máis a reducción da xornada normal en dúas horas.

Artigo 16º.-Traballo nocturno.

Cando as necesidades do traballo así o esixan, poderase facer unha quenda de noite, entre as 22 horas e as 6 da mañá. Esta xornada considerarase de 6 horas, e a súa superación considerarase horas extraordinarias; percibirán os traballadores a seguinte retribución:

-Persoal de a bordo: 16.000 ptas. por xornada.

-Persoal de terra: 1.200 ptas. hora.

Garantirase un mínimo salarial de seis horas para o persoal de terra, de maneira que se na quenda de noite non houbese carga de traballo suficiente para cubri-la xornada completa, aboarase o importe salarial correspondente a seis horas, independentemente do número inferior de horas realizadas.

Artigo 17º.-Vacacións.

O período anual de vacacións será de 30 días naturais, que desfrutarán nun ou dous períodos. No caso de fraccionamento, os períodos deberán ser de 15 días cada un.

As vacacións desfrutaranse preferentemente entre xuño e setembro (inclusive), a excepción do persoal que voluntariamente o desexe noutra data.

As datas de desfrute acordaranse entre a empresa e os traballadores.

Cando, por necesidades de traballo, algún traballador non poida desfruta-las súas vacacións na data prevista, percibirá unha indemnización equivalente a 20.000 ptas. Os traballadores fixos de carácter discontinuo percibirán o importe das súas vacacións en proporción ó tempo efectivamente traballado durante o ano.

Artigo 18º.-Cargos circunstanciais.

Ós traballadores que, para unha tarefa determinada, se lles conceda unha función de axuda-los capataces, percibirán un salario correspondente á súa categoría profesional incrementado en 2.000 pesetas diarias mentres permaneza no dito cargo, que será de libre designación e destitución por parte da empresa.

Artigo 19º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal da empresa percibirá nos meses de xullo e decembro o importe de 30 días de salario do convenio.

As ditas gratificacións aboaranse en proporción ó tempo efectivamente traballado durante o ano.

Artigo 20º.-Cesamentos.

O persoal que se propoña cesar voluntariamente na empresa, deberá comunicarllo ó xefe desta, polo menos, con quince días de antelación á data en que se vaia deixar de presta-lo servicio, e cesará nas súas funcións sen dereito de recupera-la antigüidade no caso de reingreso.

Artigo 21º.-Réxime disciplinario.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa de acordo coa graduación das faltas e sancións que se establecen nos artigos seguintes.

Artigo 22º.-Graduación das faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase atendendo á súa importancia, transcendencia e intención, en leve, grave ou moi grave.

Artigo 23º.-Faltas leves.

1. As faltas de puntualidade na asistencia ó traballo sen debida xustificación, cometidas durante tres días consecutivos ou cinco alternos, no período dun mes.

2. Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das vintecatro horas seguintes á falta, a razón da ausencia ó traballo, a non ser que probe a imposibilidade de facelo.

3. O abandono do servicio sen causa fundada, aínda cando sexa por breve tempo. Se, como consecuencia deste, lle orixinase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fose causa de accidente para os seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como moi grave, segundo os casos.

4. Pequenos descoidos na conservación do material.

5. Falta de aseo e limpeza persoal.

6. Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

7. As discusións sobre asuntos extraños no traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán ser consideradas como graves ou moi graves.

8. Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

Artigo 24º.-Faltas graves.

Consideraranse falta graves as seguintes:

1. Máis de tres faltas consecutivas ou cinco alternas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo durante un período de trinta días.

2. Ausencia do traballo sen causa xustificada por dous días durante un período de trinta. Chegará unha soa falta cando tivese que relevar a un compañeiro ou cando, como consecuencia desta, se lle causase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

3. Entregarse a xogos e distraccións nas horas de traballo.

4. A simulación de enfermidade ou accidente.

5. A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de traballo. Se implicase quebranto manifesto de disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá ser considerada como falta moi grave.

6. Simula-la presencia doutro traballador, fichando, contestando ou asinando por el.

7. Neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha do servicio.

8. A imprudencia no acto do traballo, se implicase risco de accidente para o traballador, para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como moi grave. En todo caso, considerarase imprudencia en acto de servicio o non uso das roupas e aparellos de seguridade de carácter obrigatorio.

9. Realizar sen o oportuno permiso traballos particulares durante a xornada, así como empregar ferramentas da empresa para usos propios.

10. Estar bébedo fóra do acto de servicio, vestindo roupa da empresa, sempre que polo uniforme se poida identificar esta.

11. A reincidencia en tres faltas leves (excluída a de puntualidade), mediada comunicación escrita.

Artigo 25º.-Faltas moi graves.

Consideraranse como faltas moi graves as seguintes:

1. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade, cometidas nun período de seis meses ou vinte durante un ano.

2. As faltas inxustificadas de asistencia ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período de trinta días.

3. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto á empresa coma ós compañeiros de traballo ou calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa, ou durante o traballo en calquera outro lugar.

4. Facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en primeiras materias, útiles, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, utensilios e documentos da empresa.

5. A condena por delicto de roubo, furto ou estafa ou malversacións cometidas fóra da empresa, ou por calquera outra clase de feitos que poidan implicar para esta desconfianza respecto ó autor.

6. A continuada e habitual falta de aseo ou limpeza de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo e non atendese a advertencia previa.

7. A embriaguez habitual ou toxicomanía se repercute negativamente no traballo.

8. Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa ou revelar a elementos extraños a ela datos de reserva obrigada.

9. Os malos tratos de palabra ou obra, a falta grave de respecto e consideración ós xefes ou ós seus familiares, así como ós compañeiros e subordinados.

10. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia.

11. Abandona-lo traballo en postos de responsabilidade.

12. A transgresión da boa fe contractual, así como o abuso de confianza no desempeño do traballo.

13. A inxustificada diminución voluntaria e continuada no rendemento de traballo, normal ou pactado.

14. O orixinar rifas ou liortas cos compañeiros de traballo.

15. A acumulación de tres faltas graves.

Artigo 26º.-Réxime de sancións.

Correspóndelle a empresa a facultade de impoñer sancións nos termos estipulados no presente convenio.

A sanción das faltas, calquera que sexa o seu grao, requirirá comunicación escrita ó traballador.

En calquera caso, a dirección dará conta ó comité de empresa, ó mesmo tempo que ó propio afectado, de toda sanción que impoña.

Artigo 27º.-Sancións máximas.

As sancións máximas que se poderán impoñer en cada caso, atendendo a gravidade da falta cometida, serán as seguintes:

a) Por falta leve: amoestación verbal, amoestación por escrito, suspensión de traballo e xornal ata dous días.

b) Por falta grave: suspensión de traballo e xornal de tres a quince días.

c) Por falta moi grave: suspensión de traballo e xornal de dezaseis a sesenta días.

Despedimento.

Artigo 28º.-Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves ós 10 días; para as faltas graves ós 20 días e para as moi graves ós 60 días, a partir da data na que aquela tivo coñecemento da súa comisión.

Moaña, 15 de xullo de 1996.

Táboa salarial ano 1996

-Persoal administrativo Salario-mes

Oficial 96.000

Auxiliar 64.000

-Persoal obreiro Salario-mes

Encargado 133.000

1 2 3 4 5 6 7 8 9

Estibador especialista2.3839531.8233923463351.0007.232
Amanteiro2.3839531.8233923463351.0007.232
Enganchador2.3839531.8233923463351.0007.232
Estibador2.2879151.5493763153211.0006.763
Mozo especializado2.3009203553782193354.507
Mozo2.2599043513712142514.350

1. Salario base.

2. Inhábiles.

3. Tóxico, penoso, perigoso.

4. Gratificación voluntaria.

5. Extraordinarias xullo e decembro.

6. Vacacións.

7. Transporte.

8. Axudas de custo.

9. Total slario día.

7370

Resolución do 2 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Policlínico de Vigo, S.A. (Povisa).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Policlínico de Vigo, S.A. (Povisa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-9-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 24-9-1996. De con

formidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta

nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de outubro de 1996.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial en funcións de Pontevedra

Convenio colectivo 1996-1997

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as relacións de traballo entre a empresa Policlínico de Vigo, S.A. (Povisa) e o persoal dependente dela.

Artigo 2º.-Carácter.

O convenio ten carácter de mínimo necesario e indivisible para tódolos efectos, no sentido de que as condicións pactadas nel constitúen un todo orgánico, e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas global e conxuntamente vinculadas á totalidade.

Artigo 3º.-Compensacións e absorcións.

As condicións económicas establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto, poderán ser compensadas coas xa existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a orixe ou causa delas.

Así mesmo, poderán ser absorbidas por calquera outra condición superior, que fixada por disposición legal, convenio colectivo, etc., puidesen aplicarse no sucesivo.

Artigo 4º.-Aplicación preferente.

As disposicións que contén este convenio aplicaranse con preferencia a calquera outra, e, en todo caso, será de aplicación supletoria a correspondente lexislación laboral vixente.

Artigo 5º.-Vixencia e duración.

Independentemente da súa publicación no DOG, o presente convenio producirá efectos económicos a partir do día 1º de xaneiro de 1996 e ata o 31 de decembro de 1997. Así mesmo, os traballadores beneficiaranse dos acordos deste convenio durante o mesmo período. O presente convenio, terminada a súa vixencia, continuará en vigor na súa totalidade ata que sexa substituído por outro convenio.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Para examinar e resolver cantas cuestións se deriven da interpretación, vixencia e aplicación deste convenio, a mesa negociadora del constitúe unha comisión paritaria integrada por catro representantes da dirección e catro do comité de empresa. Na súa primera reunión elixirase o presidente e o secretario.

A comisión paritaria terá as seguintes funcións:

Resolución de cantos asuntos ou reclamacións se sometan á súa consideración, así como de calquera das condicións establecidas neste convenio.

Vixilancia do cumprimento colectivo e total do pactado e atención das denuncias de incumprimento del.

Tanto a dirección como o persoal están obrigados a facilita-las tarefas e a cooperar coa comisión paritaria para o mellor desenvolvemento dela.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Serán respectadas na súa totalidade estrictamente ad personam aquelas condicións máis beneficiosas que teña o traballador concedidas pola empresa, por pacto ou costume.

Artigo 8º.-Remuneracións.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, deberá rexerse polos salarios que se relacionan na táboa anexa ó texto deste convenio.

Para iso establécese un incremento porcentual dun 3% (tres por cento) sobre a táboa salarial de 1995 para o primeiro ano de vixencia (1996).

Operará unha revisión salarial para o caso de que o IPC nacional supere o 3,5% (tres o medio por cento) durante o ano 1996.

Para o segundo ano de vixencia (1997) establécese un incremento porcentual dun 2,5% (dous e medio por cento) sobre a táboa salarial resultante en 1996.

Se o IPC nacional para o ano 1997 superase o 2,6% (dous con seis por cento), o exceso serviría soamente como base de incremento da táboa salarial de 1997 e sobre a que se aplicará o incremento salarial para o ano 1998, sen devengo de diferencias ningunhas no referido ano 1997.

Artigo 9º.-Antigüidade.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá un premio de antigüidade consistente nun 7% do seu salario por cada trienio cumprido, desde a súa data de ingreso na empresa e sen limitación.

Artigo 10º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse na contía que se sinala na táboa anexa ó texto do convenio, co recargo dun 25% para nocturnidade e medicina nuclear e un 20% para radioloxía.

A iniciativa do traballo en horas extraordinarias corresponderalle á dirección e á libre aceptación ou denegación do traballador, a excepción daqueles casos que por considerarse de urxencia ou emerxencia estará obrigado a realizar. Se o persoal afectado se considerase prexudicado ante posibles valoracións de urxencia por parte da dirección, pode recorrer ante o comité, que iniciará as accións oportunas.

As comunicacións de horas extraordinarias serán feitas por escrito e asinadas polo xefe do servicio ou sección respectiva.

As horas extraordinarias non poden en ningún caso ser fixas na súa contía, nin periódicas no seu devengo, nin aplicables en forma acumulada e dunha soa vez; ademais procurarase que sexan repartidas equitativamente entre todo o persoal do servicio ou sección respectiva.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense catro gratificacións extraordinarias do 15 de abril, 15 de xullo, 15 de setembro e 15 de decembro, consistentes cada unha delas nunha mensualidade de salario, incrementadas coa antigüidade recoñecida, rateándose en función do tempo de servicio no período a que corresponde.

Artigo 12º.-Vacacións.

Todo o persoal terá unha vacación anual retribuída de 31 días naturais a razón do seu salario base, antigüidade, complemento, plus de especialidade, plus de transporte, gratificación especial, gratificación categoría, outras gratificacións, gardería e rateo dos tres últimos meses dos seguintes conceptos: incentivos, gardas, plus de risco, plus de nocturnidade e plus de xornada partida.

Durante os anos 1996 e 1997, as vacacións desfrutaranse nos meses de maio, xuño, xullo, agosto, setembro e outubro.

O calendario das vacacións fixarase entre a dirección e o comité, de forma que cada traballador poida coñece-las datas que lle corresponden polo menos con dous meses de antelación á data do inicio do período vacacional.

Para iso establécense as seguintes normas:

-Con carácter xeral, as vacacións desfrutaranse desde o primeiro día natural do mes, ata a súa terminación, e para os meses de duración inferior a 31 días, ata completar estes; a diferencia de días considerarase de libre disposición para desfrutar cun aviso previo de 30 días, sempre e cando non afecte ó normal desenvolvemento do servicio.

-O persoal contratado eventualmente desfrutará das vacacións que lle correspondan nos meses de outubro, novembro e decembro, sempre e cando non afecte ó normal desenvolvemento do servicio.

-A empresa fará coincidi-lo desfrute das vacacións dos matrimonios, e compañeiros que acrediten a convivencia e que traballen neste centro, dando preferencia de elección ó cónxuxe ou compañeiro con maior antigüidade no centro.

-O mes de novembro queda destinado para aquelas persoas que no mes programado das súas vacacións estiveron de baixa por enfermidade.

-Os meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, novembro e decembro, quedan á disposición daquel persoal que por circunstancias particulares prefira desfruta-las súas vacacións anuais en cualquera dos ditos meses.

-Para establecer unha orde dentro da programación de vacacións, tódolos cambios efectuaranse entre per

soas do mesmo grupo e categoría, e mediante comunicado escrito e asinado polas persoas.

-O desfrute das vacacións poderá fraccionarse en dous períodos por solicitude do traballador. No caso de que un dos períodos non poida ser desfrutado nos meses correspondentes ó planning, por necesidades do servicio, poderá ser solicitado nos seis meses restantes e de acordo co normal desenvolvemento do servicio.

-Os traballadores que deban desfruta-las súas vacacións nos meses de maio e outubro por corresponderlles por planning, veranse compensados cunha bolsa de vacacións de 20.000 pesetas e percibirana nas nóminas de abril e setembro, e cun devengo que corresponde ós meses de marzo, e agosto respectivamente.

-Todo traballador que solicite cambio ou fraccionamento das súas vacacións deberá facelo mediante comunicado escrito, con polo menos un mes de antelación, ó mes que lle corresponda desfrutar por planning.

- Cuando un traballador solicite cambio ou fraccionamento das súas vacacións, na forma e tempo establecido, de non ter resposta da dirección nun prazo máximo, de 15 días, entenderase concedida a petición. Cando esta sexa denegada, a dirección deberá comunicarllo por escrito ó interesado, facendo consta-las causas da dita denegación.

-Cando un traballador considere que as causas que provocaron a denegación da súa petición de cambio ou fraccionamento das vacacións, son arbitrarias ou non coinciden coa realidade, poderá recorrer ó comité para que medie e negocie a súa solicitude.

-A empresa fará coincidi-las vacacións do persoal feminino, en situación de baixa maternal, antes ou despois do permiso por maternidade, sempre e cando sexa solicitado pola traballadora, polo menos, con dous meses de antelación á data do inicio do período vacacional e cando non afecte ó normal desenvolvemento do servicio. Cando sexa denegada a dita petición, esta será estudiada pola comisión paritaria.

Artigo 13º.-Plus de perigosidade.

O persoal que exclusiva ou preferentemente preste servicios en radioloxía e medicina nuclear, percibirá un plus de perigosidade, consistente nun 20% e un 25% respectivamente do seu salario de convenio.

Artigo 14º.-Plus de especialidade.

Todo o persoal que en posesión do certificado correspondente expedido por Policlínico de Vigo, S.A., como consecuencia dos cursos que vén realizando e preste os seus servicios exclusiva ou preferentemente no servicio a que corresponda a dita especialidade, percibirá mensualmente unha gratificación de 1.000 ptas. (mil pesetas).

Artigo 15º.-Plus de nocturnidade.

Establécese un plus de nocturnidade na contía dun 30% sobre o salario base de cada traballador, o cal se percibirá sobre as horas efectivas traballadas, entendéndose para o respecto como xornada nocturna a comprendida entre as 22 e as 8 horas.

Artigo 16º.-Plus de distancia e plus de transporte.

Policlínico de Vigo, S.A. aboará durante a vixencia deste convenio a tódolos traballadores que residan habitualmente fóra do núcleo urbano de Vigo, a cantidade de dez pesetas por km diariamente percorrido desde o seu domicilio ata o núcleo urbano e viceversa, co límite de trescentas cincuenta pesetas.

Policlínico de Vigo, S.A. aboará, así mesmo, a tódolos seus traballadores un plus de transporte mensual, cunha contía que se establece na táboa de salarios anexa.

Artigo 17º.-Manutención e aloxamento.

No caso de que o persoal que preste os seus servicios no Policlínico de Vigo, S.A., o faga segundo a modalidade de interno ou semiinterno, terá os seguintes beneficios sen que se lle aplique deducción ningunha dos seus salarios.

a) Persoal interno: terá dereito á manutención e aloxamento.

b) Persoal semiinterno: terá dereito á manutención durante o tempo que permaneza no centro.

O persoal de cociña, autoservicio e cafetería, será considerado, para efectos de manutención, como semiinterno.

Cando, por necesidades do servicio, calquera traballador, por solicitude da empresa, realice horas extraordinarias, durante as horas destinadas normalmente a manutención, Policlínico de Vigo, S.A. farase cargo dela.

Os traballadores que realicen quendas nocturnas, terán dereito a unha pequena colación ás 0 horas, consistente nun bocadillo, froita e café.

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

Establécese con carácter xeral e en cómputo anual unha xornada máxima de 1.805 horas de traballo efectivo ó ano, distribuídas nas seguintes quendas:

1. Xornada continuada.

a) Os traballadores sometidos a quenda de mañá, tarde e noite, distribuirán a súa xornada en medias bimensuais de 42 horas de presencia e 39 horas efectivas de traballo semanais. Na quenda nocturna, o persoal feminino e masculino que realice funcións sanitarias auxiliares, porteiros, celadores de portería e administrativos de urxencias, realizarán a súa xornada diaria en días alternos, distribuíndose na forma que se viña realizando. As horas así distribuídas, que excedan das limitacións legais, serán compensadas na forma que se viña facendo e ademais, por este concepto, este persoal terá dereito a dous días de descanso ó ano, que se desfrutarán, preferentemente, en período non vacacional.

b) Os traballadores sometidos a quenda de mañá e tarde distribuirán a súa xornada, semanalmente, da forma seguinte:

41 horas de presencia e 38 horas efectivas de traballo semanais.

c) Todo o persoal sometido a quendas descansará 30 minutos diarios, cun período que é diferencia entre as horas de presencia e as horas efectivas de traballo.

2. Xornada partida.

a) Os traballadores sometidos a xornada partida realizarán 40 horas semanais de presencia distribuídas da seguinte forma:

38.30 horas semanais efectivas de traballo e 15 minutos diarios de descanso.

En cada servicio, manteranse os horarios vixentes desde o 1º de xaneiro de 1990.

b) Encóntrase sometido ó réxime de xornada partida todo o persoal dos servicios e categorías que a continuación se relaciona:

Servicios: medicina nuclear, banco de sangue e queimados.

Categorías: licenciados, técnicos superiores, xefes (de servicio, negociado, taller, etc.), supervisoras, encargados/as e subencargados/as.

Así como calquera outro cargo que entrañe mando.

c) Concédese a este persoal de xornada partida un mes de xornada continuada, que se desfrutará nos meses de xullo, agosto ou setembro, de acordo coas necesidades do servicio, cunha xornada semanal de 41 horas de presencia, distribuídas da seguinte forma:

38 horas semanais efectivas de traballo e 30 minutos diarios de descanso.

A dirección da empresa, por necesidades organizativas ou de producción, poderá transforma-lo persoal de xornada continuada en non continuada, aboándolle durante os días que realice tal xornada, o 10% do seu salario base diario.

Cando un traballador solicite, por motivos particulares realiza-la xornada partida por un período de tempo determinado, a dirección poderá aceptar tal cambio, sen aboarlle o 10% que se sinala no apartado anterior.

O desfrute dos descansos será concedido polos respectivos superiores de cada servicio, no momento máis conveniente, segundo as necesidades del, entre as 10 e as 12 horas en quenda de mañá, entre as 18 e as 20 horas en quenda de tarde e entre as 0 horas e 2, en quenda de noite, salvo nos casos de emerxencia neste caso, naturalmente, poderá ser variado o citado horario.

A empresa fará coincidi-los descansos do persoal, de modo que este desfrute, como mínimo, dun domingo ó mes, e a este domingo, bimestralmente, seralle engadido un sábado, sen prexuízo dos posibles pactos entre empresa e traballadores.

O dito sábado será por cuenta dos festivos establecidos no calendario laboral e convenio colectivo.

Artigo 19º.-Licencias e permisos.

Os permisos retribuídos a que ten dereito o traballador serán os seguintes, segundo se indica:

a) No caso de enfermidade grave, debidamente acreditada, intervención cirúrxica grave, a xuízo do médico de empresa, ou falecemento do cónxuxe ou compañeiro, pais, fillos e irmáns, de catro a sete días, a xuízo da empresa.

b) No caso de enfermidade grave, debidamente acreditada, intervención cirúrxica grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade (avós, netos, pais políticos, fillos políticos e irmáns políticos), dous días, ampliables ata catro, cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto.

c) Por razón de matrimonio, quince días naturais.

d) Por parto de esposa ou compañeira, entendéndose sempre con convivencia debidamente acreditada, catro días laborables.

e) No caso de parto, a traballadora terá dereito a unha pausa no seu traballo, dunha hora, ata que o seu fillo alcance os nove meses. Esta pausa poderase dividir en dous períodos ou reducir en media hora a xornada laboral. O dereito á pausa ou reducción da xornada é optativo para o pai traballador. No caso de que os dous membros da parella traballen no centro, só un deles poderá exercer este dereito.

f) No caso de adopción, o pai e a nai adoptantes desfrutarán dos mesmos dereitos cós pais naturais.

g) Por matrimonio de pais, fillos, irmáns e avós, o traballador terá dereito ó día natural en que se produza o feito.

h) Por traslado do domicilio habitual, dous días naturais.

i) Para probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios, o tempo necesario, que deberá acreditar con xustificante médico.

j) Para consulta médica oficial, tres horas, que deberá acreditar con xustificante médico.

k) Licencia por cumprimento de deberes inescusables de carácter público ou persoal:

-Para a realización destes deberes, os traballadores terán dereito á licencia polo tempo necesario para o seu cumprimento, sempre e cando non se poida facer fóra da xornada de traballo.

-Para efectos do presente convenio, considéranse deberes inescusables de carácter persoal, os seguintes:

* Expedición ou renovación do DNI, carné de conducir, pasaporte, certificados e rexistros de organismos oficiais.

* Citacións de xulgados, comisarías, gobernos civís e militares e revista militar.

l) Por realización de estudios, o traballador terá dereito a un permiso para concorrer ós exames; os ditos permisos comprenderán as dúas horas anteriores ás do exame e ata a súa finalización; cando o exame se celebre fóra de praza, o permiso será dun día natural se coincide coa súa xornada laboral.

Artigo 20º.-Excedencias.

A empresa está obrigada a conceder a todo o persoal fixo que o solicite e leve na empresa o tempo mínimo de dos años de servicio, a excedencia voluntaria, a cal terá unha duración mínima de 6 meses e máxima de cinco anos, quedando a empresa obrigada a reincorporar inmediatamente ó traballador excedente que o solicite, coa antelación dun mes, tempo de aviso previo, co obxecto de que a empresa poida acopla-lo dito persoal.

A reincorporación inmediata só se producirá para o persoal de ingreso posterior a 1981, sempre que o dito cadro de persoal estea situado en excedencia en porcentaxe inferior a un 3%.

Artigo 21º.-Excedencia especial.

A nai traballadora terá dereito a solicitar unha excedencia especial, ata que o fillo cumpra os dous anos de idade, garantíndolle a súa incorporación inmediata, con reserva do posto de traballo e sen que afecte ó dereito da excedencia ordinaria do Artigo anterior. Este dereito é optativo para o pai traballador, podendo exercelo só un membro da parella, no caso de que ambos traballen. Unicamente durante o primeiro ano se computará a antigüidade.

Artigo 22º.-Incentivos.

Para premia-la dedicación, competencia, colaboración e puntualidade, o persoal, con excepción do director técnico, xefes de servicio, xefes de sección e facultativos, percibirán a retribución aboada pola empresa en concepto de incentivo, cunha contía mínima mensual que poderá variar entre 5, 10, 15 e 20 por cento, sobre os salarios establecidos no anexo nº 2 deste convenio. O 5% dos incentivos considerarase fixo, o cal se perderá totalmente polos motivos seguintes:

a) Acumulación de retrasos que resulten superiores a 60 minutos ó mes.

b) Unha falta de xornada inxustificada.

c) Seis retrasos inferiores a 15 minutos cada un e por mes, durante tres meses consecutivos. O incentivo descontarase no cuarto mes.

d) Tres veces por faltas ou ausencias de xornadas completas no mesmo mes, xustificadas posteriormente.

e) Sanción con amoestación ou suspensión de emprego e soldo. Aínda cando a sanción fose modificada pola dirección, oído o comité de empresa, o incentivo que se vai conceder rebaixarase nun 0, 20, 40, 60, 80 ou 100 por cen.

Artigo 23º.-Promoción do traballador.

Cando se produza o cesamento dun traballador fixo e a tempo completo por motivo de falecemento, xubilación, invalidez ou cesamento voluntario, ou se produza un cambio de categoría e se acorde a provisión do posto de traballo pola empresa, antes de prove-lo mesmo posto, ofertarase tal posto a tódolos traballadores que reúnan as condicións profesionais e de titulación para a súa provisión.

Para tal respecto efectuarase unha convocatoria que se exporá no taboleiro de anuncios por un período mínimo de dez días hábiles coas probas que se van realizar e para a valoración delas formarase unha comisión composta por tres membros do comité e outros tantos en representación da empregadora, que proporán á dirección o candidato que estimen máis adecuado.

O traballador que sexa designado pasará a desempeñar tales funcións na modalidade contractual laboral na que se atope afecto no momento da convocatoria.

No suposto de non proporse ningún candidato, ben por falta de presentación, ou por considerar non reuni-las condicións necesarias ningún dos presentados, procederase á contratación directa.

Terán preferencia ós ditos postos en igualdade de valoracións globais, primeiro os familiares dos traballadores e as persoas en situación de paro.

No suposto de que se trate de postos de mando, a dirección da empresa resérvase o establecemento das probas e a súa avaliación.

Artigo 24º.-Aviso previo para o cesamento.

Todo o persoal afectado por este convenio se pretendese cesar ó servicio da empresa, avisará por medio de escrito simple, cunha antelación mínima de quince días, excepto o persoal titulado, que o fará cun mes. O que non o faga así, perderá o dereito ó percibimento da liquidación que lle correspondese.

Artigo 25º.-Autoservicio.

Os productos de consumo habituais acordados en actas do comité serán incrementados nun 3% para 1996 e un 2,5% para 1997.

Artigo 26º.-Gardería infantil.

A empresa aboaralles ós traballadores que teñan fillos menores de seis anos, a cantidade de 4.000 pesetas mensuais por cada fillo, como compensación para a utilización dos servicios de gardería infantil. En caso de matrimonios, enténdese que este beneficio alcanzará só a un dos cónxuxes.

Artigo 27º.-Festivos.

Ademais dos festivos establecidos no calendario laboral, establécense como festivos non recuperables os días 7 e 4 de decembro, Sábado Santo, Mércores de Cinza, Luns de Pascua, 24 de xuño, 17 de setembro, 17 de agosto, 14 de febreiro e o 2 de novembro.

Estes festivos poderanse desfrutar en calquera época do ano e de acordo coas necesidades do servicio.

No suposto de que os festivos establecidos por convenio, coincidisen en domingo ou cos festivos do calendario laboral, acordarase anualmente, entre empresa e comité, dentro dos 30 días seguintes á publicación do calendario laboral de festas, o seu traslado ó día laboral inmediatamente anterior ou posterior.

Os festivos 7 e 24 de decembro, Sábado Santo, Mércores de Cinza, Luns de Pascua, 24 de xuño, 17 de setembro, 17 de agosto, 14 de febreiro e 2 de novembro, cando coincidan coas vacacións do traballador, serán considerados de libre disposición, debendo solicitalo o traballador con polo menos un mes de antelación e sempre que non afecte ó normal desenvolvemento do servicio.

A dirección comprométese a concede-los días libres pendentes de desfrute, que se soliciten cun mes de antelación, sempre e cando non afecte ó normal desenvolvemento do servicio.

Artigo 28º.-Póliza de vida.

Contrátase unha póliza de seguro colectivo para todo o persoal afectado por este convenio, por un capital base dun millón de pesetas, no caso de morte e riscos complementarios especificados en póliza.

O importe total da dita póliza será aboado integramente pola empresa. No suposto de ser rexeitada a proposta de seguro pola compañía aseguradora para algún traballador, queda sen efecto a obriga empre

sarial aquí pactada, incluíndo nos seus haberes o importe da achega empresarial da dita póliza. O comité de empresa coñecerá o nome dos traballadores que foran rexeitados, co fin de tratar de conseguir que a totalidade do cadro de persoal fose admitida nesta ou outra compañía.

Artigo 29º.-Celador.

As funcións que vai realiza-lo celador serán as que constan en acta de deliberacións de convenio de data 16-2-1981.

Artigo 30º.-Sancións.

A dirección, no momento de ter coñecemento por escrito das infraccións que cometera o persoal, transmitirá ó comité de empresa, dentro das 72 horas seguintes, a través do Servicio de Asuntos Sociais, a dita infracción, co obxecto de que este poida comunicar á dirección, dentro das 72 horas seguintes, a existencia ou non de atenuantes, etc.

Artigo 31º.-Dereitos sindicais.

A empresa disporá dun local adecuado para uso exclusivo do comité de empresa. Cada membro do comité disporá como máximo de 40 horas mensuais para desenvolve-las funcións do seu cargo sindical, quedando excluído deste cómputo o tempo de reunión por instancias da empresa.

El comité de empresa poderá reunirse, fóra das horas de traballo, e dentro das horas de traballo, logo do coñecemento e autorización dos seus superiores.

O comité de empresa coñecerá a contratación do novo persoal, así como o tipo de contrato e os postos que se van cubrir por promoción interna.

Para a celebración de asembleas, requirirase autorización previa da dirección, coñecendo esta con 48 horas de antelación a orde do día que se vai tratar.

El comité de empresa disporá dun taboleiro de anuncios con vitrina e pechadura para o seu uso exclusivo. Así mesmo, cada sección sindical con representación no comité de empresa, disporá doutro taboleiro nas mesmas condicións.

Os membros do comité de empresa e delegados sindicais poderán proceder, logo da notificación á dirección, á acumulación das horas sindicais, da forma que consideren máis conveniente para a realización das súas tarefas.

Artigo 32º.-Fondo de préstamos.

A empresa disporá da cantidade de 5.000.000 de pesetas (cinco millóns de pesetas), para concesión de préstamos ós seus traballadores, os cales controlará e xestionará o comité de empresa.

Artigo 33º.-Bolsas e asistencia a congresos.

A empresa disporá da cantidade única de 1.000.000 de pesetas (un millón de pesetas), para bolsas de estudios e asistencia a congresos dos seus traballadores fixos, todo iso relacionado co traballo. Para a concesión, crearase unha comisión formada por dous membros do comité de empresa, o xefe de servicio do solicitante e o xefe de formación. No caso de non existir acordo nesta comisión decidirá a dirección xeral da empresa.

Co fin de promociona-la formación dos traballadores da empresa para adecualos ás novas funcións que se van desenvolver, a empresa destinará ata 10.000.000 (dez millóns) de pesetas en cada ano de vixencia do convenio para facer fronte ós gastos que iso comporte, e que o habiliten para o mellor desempeño das súas funcións. Por iso, a empresa proporalles ós traballadores que crea conveniente, a realización de cursos oficiais que os habiliten para o desempeño das novas funcións. Á súa vez, o comité de empresa poderá propor aquelas iniciativas que considere oportunas.

Artigo 34º.-Días de permiso retribuído.

Establécese un día de permiso retribuído, ademais dos que legalmente están establecidos, o cal se desfrutará, preferentemente, no período non vacacional.

Artigo 35º.-Permiso sen soldo.

Todo o persoal con máis de dous anos de antigüidade, sempre que sexa posible substitución e que o solicite cun mes de antelación, terá dereito a un mes de permiso sen soldo, que poderá ser ampliado ata tres meses, sempre e cuando transcorreran anos desde o permiso anterior, se este fora de duración superior a un mes. O dito permiso no poderá ser fraccionado e durante el, o traballador permanecerá de baixa na Seguridade Social, repercutíndolle na debida proporción de ausencia ó traballo, nas gratificacións extraordinarias e vacacións.

Artigo 36º.-Noite 24/31 de decembro.

O persoal que traballe a noite do 24 e /ou 31 de decembro, descansará un día natural por cada unha destas noites. Este día poderase desfrutar en calquera época do ano, e de acordo coas necesidades de cada servicio, podendo ser aboado no caso de imposibilidade de concesión.

Artigo 37º.-Entrega do convenio.

Policlínico de Vigo, S.A., comprométese a entregar, unha vez asinado, aprobado e publicado no BOP o presente convenio, unha copia del a cada traballador de alta na empresa.

Artigo 38º.-Denuncia e prórroga.

O presente convenio entenderase prorrogado por un ano, se algunha das partes non o denuncia cunha antelación mínima de dous meses, ó vencemento del.

Artigo 39º.-Determinación das partes que o concertan.

O presente convenio foi subscrito, en representación da parte económica, por tres representantes designados para o efecto pola dirección da empresa e, en representación da parte social, polo comité de empresa.

Artigo 40º.-Pagamento de nómina ó persoal.

A liquidación das nóminas do persoal, levarase para efecto para finais do mes seguinte ó que correspondan, cubrindo a mensualidade de retraso cunha entrega a conta, por tempo indefinido, equivalente a unha mensualidade teórica e actualizándose anualmente co incremento por convenio do exercicio correspondente.

a) O importe de cada trienio comezará a devengarse desde o día un do mes seguinte ó de seu cumprimento.

Dado que a liquidación das nóminas se leva a efecto a finais do mes seguinte, o retraso no cobramento do dito trienio cumprido cubrirase cunha entrega a conta, por tempo indefinido, equivalente ó importe teórico do trienio e actualizándose anualmente co incremento por convenio do exercicio correspondente, conxuntamente coa entrega a conta da nómina.

Artigo 41º.-Disposición transitoria.

No non previsto neste convenio colectivo, enténdese que está suxeito ó disposto na lexislación laboral vixente.

Acordo extra convenio: durante a vixencia do convenio 1996/1997, respectaranse na súa contía as gratificacións especiais e complementos extrasalariais que cada traballador veña percibindo na actualidade, en categorías de ATS e para abaixo.

Non obstante, os complementos de dedicación exclusiva e posto de traballo irán indisolublemente unidos ó desempeño da función e exclusividade nela.

TÁBOAS SALARIAIS CONVENIO ANO 1996

CategoríaSoldo baseIncentivosHora extraP. transporte

Persoal técnico sanitario
Director técnico147.4901.6484.335
Xefe de servicios136.1971.4205.582
Médico xefe de sección ou adxunto135.2841.4095.767
Médico interno de garda130.5811.3636.710
Médico sen especialidade121.7731.4198.471
Médico contrato en prácticas73.4851.01013.652
Farmacéutico, químico, odontólogo130.5811.3636.710
Enfermeira xefe137.1291.4287.581
Fisioterapeutas e matronas137.12985.2041.4288.269
Supervisoras137.12985.2041.4288.269
ATS137.12981.7511.4288.958
Tac. Espec. apatolóxica RX Lab.115.52277.9491.2019.626

Persoal subalterno sanitario
Celadores111.72174.1491.16310.296
Coidadores sanitarios e Aux. clínicas106.28468.7111.11011.566
Aux. clínica <18 anos94.67957.10698913.812

CategoríaSoldo baseIncentivosHora extraP. transporte

Persoal administrativo
Administrador135.2841.4095.767
Xefe de contabilidade119.3221.2418.958
Oficiais administrativos115.52277.9491.2019.626
Auxiliares administrativos106.24168.71198911.566
Aspirantes <18 anos94.32456.75298613.725

Persoal servicio hoteleiro
Xefe de servicio119.3221.2418.958
Encargado107.29869.7681.11811.353
Subencargado101.06863.4961.05112.626
Xefe de cociña113.68276.1101.18510.087
Cociñeiro de 1ª110.51972.9471.15510.720
Cociñeiro de 2ª107.34069.7681.11811.354
Cociñeiro de 3ª101.00263.4291.05112.626
Axudante de cociña104.17666.6041.08911.990
Pinches >de 18 anos89.92752.35695312.929
Cafeteiro104.17666.6041.08911.990
Reposteiro108.76071.1881.13411.070
Panadeiro107.34069.7681.11811.354
Fregador100.52662.9541.05112.723
Pasadora de ferro, lavandeira, costureira100.52662.9541.05112.723
Limpadora100.52662.9541.05112.723
Camareira de pisos104.17666.6041.08911.990
Axudantes101.00263.4291.05112.626
Mozos de cuarto100.52662.9541.05112.723
Xefe de comedor107.34069.7681.11811.354
Segundo xefe de comedor104.17666.6041.08911.990
Camareiro de comedor104.17666.6041.08911.990
Axudantes101.00263.4291.05112.626
Conserxes107.34069.7681.11811.355
Telefonistas102.25264.6811.06612.371
Mozos dos recados 85.42747.85589411.502

Persoal servicio mantemento
Xefe de mantemento119.3221.2418.958
Mecánico calefactor106.24668.6731.11011.579
Electricista106.24668.6731.11011.579
Electrónico115.52277.9491.2019.626
Conductor mecánico104.17366.6011.08911.990
Xardineiro104.17366.6011.08911.990
Peón de xardinería100.52662.9541.05112.723
Albanel, pintor, carpinteiro102.73165.1591.07012.279
Peón albanel100.52662.9541.05112.723
Perruqueiro, hortelán101.00263.4291.05112.626
Peón hortícola100.52662.9541.05112.723

Persoal de compras e almacén
Xefe de compras e almacén119.3221.2418.958
Xefe de economato108.76071.1881.13411.070
Subencargado101.00363.4291.05112.626
Axudante economato102.73165.1591.07012.279

Persoal servicios sociais
Xefe de asuntos sociais119.3221.2418.958
Asistente social112.31874.7461.17310.360
Porteiros ordenanzas vixilante noite e

ascensoristas

102.73165.1591.07012.279

TÁBOAS SALARIAIS CONVENIO ANO 1997

CategoríaSoldo baseIncentivosHora extraP. transporte

Persoal técnico sanitario
Director técnico151.1771.6894.443
Xefe de servicios139.6021.4565.722
Médico xefe de sección ou adxunto138.6661.4445.911
Médico interno de garda133.8461.3976.878
Médico sen especialidade124.8171.4548.683
Médico contrato en prácticas75.3221.03513.993
Farmacéutico, químico, odontólogo133.8461.3976.878
Enfermeira xefe140.5571.4647.771
Fisioterapeutas e matronas140.55787.3341.4648.476
Supervisoras140.55787.3341.4648.476
ATS140.55783.7951.4649.182
Tac. Espec. apatolóxica RX Lab.118.41079.8981.2319.867

Persoal subalterno sanitario
Celadores114.51476.0031.19210.553
Coidadores sanitarios e Aux. clínicas108.94170.4291.13811.855
Aux. clínica <18 anos97.04658.5341.01414.157

Persoal administrativo
Administrador138.6661.4445.911
Xefe de contabilidade122.3051.2729.182
Oficiais administrativos118.41079.8981.2319.867
Auxiliares administrativos108.89770.4291.01411.855
Aspirantes <18 anos96.68258.1711.01114.068

Persoal servicio hoteleiro
Xefe de servicio122.3051.2729.182
Encargado109.98071.5121.14611.637
Subencargado103.59565.0831.07712.942
Xefe de cociña116.52478.0131.21510.339
Cociñeiro de 1ª113.28274.7711.18410.988
Cociñeiro de 2ª110.02471.5121.14611.638
Cociñeiro de 3ª103.52765.0151.07712.942
Axudante de cociña106.78068.2691.11612.290
Pinches >de 18 anos92.17553.66597713.252
Cafeteiro106.78068.2691.11612.290
Reposteiro111.47972.9681.16211.347
Panadeiro110.02471.5121.14611.638
Fregador103.03964.5281.07713.041
Pasadora de ferro, lavandeira, costureira103.03964.5281.07713.041
Limpadora103.03964.5281.07713.041
Camareira de pisos106.78068.2691.11612.290
Axudantes103.52765.0151.07712.942
Mozos de cuarto103.03964.5281.07713.041
Xefe de comedor110.02471.5121.14611.638
Segundo xefe de comedor106.78068.2691.11612.290
Camareiro de comedor106.78068.2691.11612.290
Axudantes103.52765.0151.07712.942
Conserxes110.02471.5121.14611.639
Telefonistas104.80866.2981.09312.680
Mozos dos recados 87.56349.05191611.790

Persoal servicio mantemento
Xefe de mantemento122.3051.2729.182
Mecánico calefactor108.90270.3901.13811.868
Electricista108.90270.3901.13811.868
Electrónico118.41079.8981.2319.867
Conductor mecánico106.77768.2661.11612.290
Xardineiro106.77768.2661.11612.290
Peón de xardinería103.03964.5281.07713.041
Albanel, pintor, carpinteiro105.29966.7881.09712.586

CategoríaSoldo baseIncentivosHora extraP. transporte

Peón albanel103.03964.5281.07713.041
Perruqueiro, hortelán103.52765.0151.07712.942
Peón hortícola103.03964.5281.07713.041

Persoal de compras e almacén
Xefe de compras e almacén122.3051.2729.182
Xefe de economato111.47972.9681.16211.347
Subencargado103.52865.0151.07712.942
Axudante economato105.29966.7881.09712.586

Persoal servicios sociais
Xefe de asuntos sociais122.3051.2729.182
Asistente social115.12676.6151.20210.619
Porteiros ordenanzas vixilante noite e

ascensoristas

105.29966.7881.09712.586

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

8808

Corrección de erros.-Orde do 31 de outubro de 1996 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Secretaría Xeral para o Turismo.

Advertidos erros na mencionada orde, publicada no DOG nº 230, do 25 de novembro, cómpre face-las oportunas correccións, na páxina 10.587, no anexo:

-Onde di: «Posto de traballo: Xefe de Servicio de Formación, Cooperación Institucional e Documentación. Código de RPT: PRP050000115770120», debe dicir: «Posto de traballo: Xefe de Servicio de Formación, Cooperación Institucional e Documentación. Código de RPT: PRP050000215770025».

-Onde di: «Posto de traballo: Secretaria de Dirección», debe dicir: «Posto de traballo: Secretario/a de Secretario Xeral».

8886

Resolución do 22 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se resolve o concurso de traslados do persoal laboral L-01/1996 convocado por Orde do 30 de abril de 1996.

Convocado concurso de traslados do persoal laboral por orde desta consellería do 30 de abril de 1996 (DOG nº 88 do 6 de maio), esta dirección xeral, de conformidade co previsto na base sete da orde da convocatoria e á vista da proposta de adxudicación de vacantes ós participantes na primeira e segunda fase do concurso elevada pola comisión de valoración de méritos,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso de traslados do persoal laboral L-01/1996, adxudicando ós traballadores que se relacionan nos anexos I e II os postos de traballo que neles especifican, tanto na primeira fase do concurso como na fase de resultas.

Segundo.-O persoal relacionado nos anexos I e II, de conformidade co disposto na base oitava da convocatoria, deberá cesar no seu posto de traballo no prazo de tres días, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución. O prazo para tomar posesión no novo posto será de tres días se o destino do novo posto radica na mesma localidade da residencia habitual do concursante ou dun mes se radica en distinta localidade.

Se na data do cesamento ou do inicio do cómputo do prazo posesorio o persoal está gozando dun período de licencia, vacacións ou permiso, o seu cómputo comezará o día seguinte do da reincorporación ó posto de traballo.

Terceiro.-Non obstante, no suposto de que a praza de destino se atope ocupada por un contratado laboral temporal con contrato que non exceda de seis meses para a súa finalización, a Admnistración poderá prorroga-lo cesamento do adxudicatario no seu posto de procedencia en tanto non remate o contrato temporal referido. Así mesmo terase en conta o previsto na base 8.2º en relación co artigo 36.1º b) do III convenio único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1996.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

RELACIÓN DE CONSELLERÍAS (Corresponde ós duos primeiros caracteres do código do posto).

AG: agricultura, gandería e montes; CU: cultura e comunicación social; ED: educación e ordenación universitaria; EF: economía e facenda; FA: familia, muller e xuventude; IC: industria e comercio; OT: política territorial, obras públicas e vivenda; PE: pesca, marisqueo e acuicultura; PR: presidencia e administración pública; SA: sanidade e servicios sociais; XU: xustiza, interior e relacións laborais.

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

8728

Resolución do 19 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á publicación de puntuacións do terceiro exercicio da fase de oposición.

Convocado concurso-oposición para o ingreso nas categorías de TEL, TER, TEAP, cociñeiro, mecánico, calefactor, electricista e telefonista de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), e adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre a publicación das puntuacións outorgadas ós aspirantes no terceiro exercicio da fase de oposición, de conformidade co disposto no apartado 12 da base sexta A) da citada convocatoria, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, amais de expoñe-las listas correspondentes nos taboleiros de

anuncios dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, nos das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e nos dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do organismo ou nos das administracións dos centros de xestión de atención primaria deste, facultándose para isto expresamente a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVO:

Primeiro.-Publica-las puntuacións obtidas polos aspirantes das devanditas categorías relativas ó terceiro exercicio da fase de oposición, tendo en conta que, de conformidade coa citada convocatoria tódolos presentados a este último exercicio teñen a condición de aptos.

Non obstante, de presentarse algunha solicitude de comprobación ou revisión da puntuación outorgada, a estimación ou desestimación, se é o caso, das mesmas entenderase implícita na resolución que publique a conclusión da fase de oposición.

Segundo.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recusos Humanos

8727

Resolución do 21 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, relativas á celebración do primeiro exercicio da fase de oposición.

O apartado 6 da base sexta a) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, dispón que o primeiro exercicio da fase de oposición realizarase no lugar ou, se é o caso, nos lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal haberá de publicar no Diario Oficial de Galicia.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, data e hora de realización do primeiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de nos lugares previstos na convocatoria, facultándose expresamente a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo no concurso-oposición das correspondentes categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición de conformidade coa seguinte distribución:

Lugar: recinto feiral EXPOURENSE, Finca Sevilla s/n, Ourense (xunto ó Pazo de Deportes Paco Paz).

* Día: 10 de decembro de 1996.

Chamamento: 18 horas.

Categoría: auxiliar da función administrativa, TEL e TER.

* Día 11 de decembro de 1996.

Chamamento: 9 horas.

Categoría: Auxiliar de enfermería e telefonista.

Chamamento: 13 horas.

Categoría: xestión da función administrativa, traballador social e operario.

Chamamento 18 horas.

Categoría: celador.

Segundo.-Os aspirantes haberán de ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro (excluirase do concurso-oposición quen non compareza, de conformidade co previsto no apartado 10 da dita base sexta da convocatoria).

Terceiro.-En uso da facultade outorgada ós tribunais polo apartado 5 da base sexta a) da convocatoria, acórdase puntuar negativamente cada unha das respostas erróneas, deste xeito:

-Xestión da función administrativa e traballador social: 0,10 puntos.

-TEL e TER: 0,12 puntos.

-Auxiliar da función administrativa: 0,15 puntos.

-Auxiliar de enfermería: 0,20 puntos.

-Telefonista, celador e operario: 0,10 puntos.

Cuarto.-O presente acordo poderá ser impugnado polos interesados nos termos previstos na base décima da convocatoria.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

7660

Cédula de notificación (350/1995).

En Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1996, eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que o 26-4-1996 se dictou sentencia no xuízo de faltas nº 350/1995 seguido por malos tratos, que ten como parte dispositiva a seguinte: «Que debo absolver e absolvo a Vicente Cabanas Otero da falta que se lle imputa, con declaración das custas de oficio».

Así o fago constar, emito a presente cédula para a súa notificación á denunciante Carmen Túñez Martínez, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia e infórmase de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de 5 días perante este xulgado de acordo co disposto nos artigos 976, 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Rubricado

7659

Cédula de notificación (381/1995).

En Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1996, eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que o 24-5-1996 se dictou sentencia no xuízo de faltas nº 381/1995 seguido por desobediencia e agresión, feito ocorrido en Santiago de Compostela o día 27-6-1995, que ten como parte dispositiva a seguinte: «Que debo condenar e condeno a José Américo Viegas Guerra, como autor da falta antes descrita á pena de multa de 10.000 ptas., con dous días de arresto menor substitutorio en caso de non pagamento, e a que indemnice a José Manuel Pombo Boquete en 5.000 ptas. por lesións e nos gastos médicos que se acrediten, e ó aboamento das custas do proceso».

Así o fago constar, emito a presente cédula para a súa notificación ó denunciado José Américo Viegas Guerra, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia e infórmase de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado de acordo co disposto nos artigos 976, 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Rubricado

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA

7709

Edicto (170/1996).

Eu, Ramón Lojo Aller, maxistrado xuíz do Xulgado do Penal número un de Santiago de Compostela, fago saber que no Xulgado do Penal número un dos de Santiago de Compostela, e por telo así acordado en executoria 170/1996 acordou sacar a pública poxa a motocicleta Yamaha C-8813-AT, taxada xudicialmente en 90.000 pesetas, da que non consta documentación en autos e a cal se atopa depositada en Talleres MH Motor da rúa Romero Donallo 42, baixo, de Santiago de Compostela.

Sinálase para a primeira poxa o día 18 de novembro de 1996 ás 10 horas e perante este xulgado.

Para tomar marte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente o 20% efectivo do valor dos

bens que sirvan de tipo para a poxa; sen este requisito non serán admitidos.

En prevención de que non houbese ofertantes, sinálase o día 16 de decembro ás 10 horas e perante este xulgado, para a celebración da segunda poxa, co 20% de tipo.

En caso de que non houbese ofertantes para a segunda, sinálase para a celebración da terceira poxa o día 13 de xaneiro de 1997 ás 10 horas e perante este xulgado, sen suxeición a tipo.

En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, xuntando resgardo de ter depositada a consignación no Banco Bilbao Vizcaya, número de conta 66.000-4, clave 1585.

As ofertas poderán facerse coa condición de lle cede-lo remate a un terceiro.

Santiago de Compostela, catorce de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

8363

Resolución do 8 de novembro de 1996 pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos de asistencia técnica que teñen por obxecto a realización de revisións de control financeiro.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas faise público que por esta consellería foron adxudicados os contratos que figuran no anexo adxunto a convocatoria dos cales foi feita por Resolución do 15 de xullo de 1996 e publicada no DOG nº 141, do mesmo mes e ano.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1996.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

Importe de
EntidadesAdxudicatarioNIFadxudicación

1I.G.V.S.Auditgal, S.A.A-271169041.490.600
2I.G.A.E.M.At. ConsultoresB-15203714744.000
3A.G.S.Álvarez y AsociadosB-15216534742.400
4H. Juan CanalejoArtur AndersenD-791044692.000.000
5Fundación H. VerínPeat MarwickC-78510153800.000

Importe de
EntidadesAdxudicatarioNIFadxudicación

6H. Xeral GaliciaDeloitte & ToucheA-78478492974.400
7H. Xeral VigoPeat MarwickC-785101531.800.000
8H. Nª Srª. Cristal. OurenseAudimur, S.L.B-30133854950.000
9S.A. Desenv. C. GaliciaSace, S.L.B-27044791760.000
10S.A. De Xestión do Xacobeo-93Germán Soto Díaz76.684.356-X799.820
11Sodiga,S.A.J. Carmelo F. y otros U.T.E.G-15575012777.084
12Gestenga, S.A.Peat MarwickC-78510153800.000
13Revisión Exptes. Avais 1995At. ConsultoresB-15203714930.000
14Revisión 1/95 Subv. Industria IErnst & YoungA-789705062.871.000
15Revisión 2/95 Subv. Industria IIDeloitte & ToucheA-784784922.383.800
16Revisión 3/95 Subv. Industria IIIErnst & YoungA-789705061.595. 000
17Revisión 4/95 Subv. Industria IVSace S.L.B-270447911.805.000.
18Revisión 5/95 Subv. Pesca IDeloitte & ToucheA-784784922.592.600
19Revisión 6/95 Subv. Pesca II.I.C.M. IbericaB-151584132.192.864
20Revisión 7/95 Subv. AgruculturArthur AndersenD-791044692.700.000
21Revisión 8/95 Subv. Igape ICoopers & LybrandA-081499652.998.600
22Revisión 9/95 Subv. Igape IICoopers & LubrandA-081499651.363.000
23Revisión 10/95 Subv. Educación, CulturaPrica WaterhouseA-790312901.500.000
24Revisión 11/95 Subv.

Sanidade, Presid.

Price WaterhouseA-790312901.900.000
25Revisión 12/95 Subv. IndirectasAT. ConsultoresB-152037141.000.000

8544

Cédula do 25 de outubro de 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Fernández Veiga, Concepción e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuintes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indica e que foron dictados polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 18 da Lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto sobre sucesións e donacións. Para a com

probación dos valores utilizouse o regulado no artigo 52.1º-D da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pago da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pago establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2 ou o potestativo de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de América bloque 1 portal oficinas 1ª planta-Vigo, ambos no prazo de quince días contados a partir do seguinte á data de publicación desta cédula. Así mismo no

prazo establecido para os recursos podrá promove-la práctica de taxación pericial contradictoria. A dita solicitude determinará a suspensión do ingreso da presente liquidación e dos prazos de reclamación contra ela.

Vigo, 25 de outubro de 1996.

P.A.

María R. Peón Fernández

Secretaria da delegación territorial de Vigo (Pontevedra)

ContribuínteEnderezoContíaConcepto

Fernández Veiga, ConcepciónCarral, 6-1º

Vigo

161.923S-405/1996 S e D

Exp. 1994/1992

Fernández Veiga, TalidaCarral, 6-1º

Vigo

161.923S-404/1996 S e D

Exp. 1994/1992

Gómez Campo, M. ÁngelesAvda. Florida, 74

Vigo

37.947S-1547/1995 S e D

Exp. 431/1994

Suárez Barra, SusanaBalanciñas

Barreiro, 86

Vigo

30.672

30.672

S-116/1996 S e D

S-117/1996 S e D

Exp. 2363/1992

8543

Cédula do 31 de outubro de 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican aumentos de base impoñible, dictados polo Servicio de Xestión Tributaria, referente ós conceptos e contribuíntes que se citan (Chamorro Pereira, Rufina e dezasete máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os aumentos de base impoñible que resultan da comprobación de valores efectuada polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e que afectan ós contribuíntes cos datos e último domicilio coñecido o que se sinala.

A diferencia de valor respecto do declarado resulta de utiliza-los medios de comprobación previstos no artigo 52 da Lei xeral tributaria, sendo de aplicación, o artigo 14.7º do citado texto refundido da Lei do imposto sobre T.P. e AXD.

Contra a presente notificación poderase interpoñe-los seguintes recursos: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria de esta delegación territorial, praza de América Bloque 1 portal oficinas 1ª planta Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula. Así mesmo, e no mesmo prazo, de non estaren conformes coa valoración practicada, poderá solicita-la práctica de tasación pericial contradictoria. Se se interpón a reclamación económico-administrativa, deberá xusti

ficalo ante esta oficina liquidadora, de non facelo así, cursarase a liquidación sobre o valor comprobado.

Vigo, 31 de outubro de 1996.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ContribuínteEnderezoConceptoContía

Chamorro Pereira, Rufina

(representante J. Antonio Alonso)

Barrio Gaifar, 353

Panxón Nigrán

A.B.I. TPAXD

Exp. 5411/93-T

17.856.000

Frade Dieste, DulcineaEstrada Bloque, 14 2ºEsq. Coia VigoA.B.I. TPAXD

Exp. 12707/93-A

3.831.489

Gestión Iniciativas Gallegas, S.A.Gran Vía, 11-5º

Vigo

A.B.I. TPAXD

Exp. 5703/92-A

20.655.326

Giráldez Pérez, ManuelVilariño de Abaixo

Nigrán

A.B.I. TPAXD

Exp. 11659/93-T

8.640.000

González Domínguez, EvaristoGarcía Olloqui, 8-3º VigoA.B.I. TPAXD

Exp. 10377/93-T

17.280.000

González González, JesusaPizarro, 70-3º

Vigo

A.B.I. TPAXD

Exp. 13399/92-T

36.157.500

González Lozano, RosaCoutadas, 175-1º

Vigo

A.B.I. TPAXD

Exp. 413/93-T

4.520.000

Inmobiliaria La Carballeira, S.A.Priegue

Nigrán

A.B.I. TPAXD

Exp. 2298/92-T

277.003.380

Lima Fernández, Juan CarlosUrzáiz, 84-5ºA

Vigo

A.B.I. TPAXD

Exp. 17773/93-T

27.194.525

Montes Rodríguez, CeciliaTorrecedeira, 72

Vigo

A.B.I. TPAXD

Exp. 11335/93-T

10.101.000

Pereira Pedrosa, EnriqueGlorieta Xoán XXIII, 10-9ºB VigoA.B.I. TPAXD

Exp. 18550/93-A

6.408.000

Pérez Sio, LuisAvda. Balaídos, 60-4ºB VigoA.B.I. TPAXD

Exp. 1764/93-T

8.947.756

Pérez Sio, NievesAvda. Balaídos, 60-4ºB VigoA.B.I. TPAXD

Exp. 13622/92-T

12.555.654

Promociones Inmobiliarias Gallegas,S.A.Médico Rodríguez 18-20, 5º

A Coruña

A.B.I. TPAXD

Exp. 11632/90-A

24.173.856

Rios Beiro, ManuelNove de Agosto,72

Ribeira

A.B.I. TPAXD

Exp. 17861/93-T

6.175.141

Rodríguez Carrera, MargaritaCondesa Casa Bárcena, 1-7ºF

Vigo

A.B.I. TPAXD

Exp. 14211/91-A

9.812.500

Rodríguez Davila, ArsenioRiobó, 13 casa

Vigo

A.B.I. TPAXD

Exp. 15748/93-A

6.980.598

Zarandón Mosquera, M-ErnestoMoaña, 4 Portal 2-3ºD Coia VigoA.B.I. TPAXD

Exp. 3343/92-A

3.747.309

8464

Cédula do 7 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

O non ser posible a notificación a Rosa María Arias Salgado, con último enderezo coñecido en Avda. Bos Aires 167, 3º D de Ourense, da Resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe de setenta e cinco mil seiscentas cincuenta pesetas (75.650), en concepto de pagamento indebido de retribucións, segundo o expediente remitido pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, realízase pola presente cédula, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común.

Contra esta resolución poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición diante do órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.

-Reclamación económico-administrativa diante do tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1996.

Miguel Angel Sainero Caballero

Director xeral de Política Financeira e Tesouro

8542

Edicto do 28 de outubro de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fai pública a notificación do acordo de denegación de aprazamento a Miguel Ángel Blanco Rivadulla en relación coa súa solicitude.

Non sendo atopado no domicilio coñecido por esta delegación de Economía e Facenda e, por conseguinte, sen se poder levar a efecto a notificación pretendida ó contribuínte que a seguir se relaciona, de acordo co previsto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente edicto faise público o acordo do delegado territorial, do 10 de xuño de 1996, de denegación do aprazamento en relación coa solicitude presentada polo dito interesado e relativo ó tributo que se indica.

Nome: Miguel Ángel Blanco Rivadulla.

DNI: 32.792.155 ptas.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, 2-4º, A Coruña.

Concepto/Nº liquidación: sucesións /S-167/96.

Importe: 625.633.

ACORDO:

En uso das atribucións que me están conferidas polos artigos 50 e 55 do Regulamento xeral de recadación e a orde ministerial do 17 de abril de 1991 (BOE do 29), acordo denega-la petición de aprazamento/fraccionamento de pagamento referenciada, á vista da proposta de pagamento formulada na instancia.

De conformidade co disposto no artigo 55.4º do vixente Regulamento xeral de recadación, sinálase que a débeda deberá ingresarse dentro do prazo que lle reste do período voluntario de ingreso. Se despois da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia non restara prazo, deberá ingresa-lo importe que debe xunto cos xuros devengados ata a data desta resolución. Se se publicase na primeira quincena do mes, ata o 20 do mesmo mes, e se fora publicado na segunda quincena, ata o 5 do mes seguinte.

O ingreso da débeda e os xuros de demora correspondentes realizarase na caixa desta delegación territorial de Economía e Facenda, segundo o esta

blecido no punto 1 h) da Orde do 25 de xuño de 1993 da Consellería de Economía e Facenda.

A Coruña, 28 de outubro de 1996.

Jaime Cabeza Gras

Delegado territorial da Coruña

8414

Resolución do 7 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó amparo do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciouse o expediente de substitución da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indica:

* V-3256; SG-362, entre Melide e Vilouriz, da titularidade da empresa Autos Puntero, S.L.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las observacións que estimen oportunas no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de novembre de 1996.

Emilio García Gallego

Directo xeral de Polítia Territorial, Obras

Públicas e Vivenda

8525

Cédula do 13 de novembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra do 11 de abril de 1991.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos enderezos coñecidos na resolución do recurso de alzada número 91/1463 interposto contra a resolución do delegado provincial

do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 11 de abril de 1991, pola que se acordou proceder ó arquivo das actuacións para expedi-la cualificación definitiva do expediente 36-RP-225/86, para a rehabilitación da vivenda sita na rúa Herreros, 21 Pontevedra, da que a súa parte dispositiva di:

«Declarar inadmisible por extemporáneo o recurso de alzada número V-1463/91 interposto por Carmen Abelleira Vega, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Pontevedra, do 11 de abril de 1991, pola que se acordou proceder ó arquivo das actuacións para expedi-la cualificación definitiva do expediente 36-RP-225/86, para a rehabilitación da vivenda sita en rúa Herreros, 21 Pontevedra.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez.

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA

E COMERCIO

8541

Acordo polo que se convocan para o levantamento de actas previas á ocupación, os titulares dos predios afectados pola construcción das instalacións da rede de distribución de gas natural para usos industriais Pontecesures-Catoira.

Na data 6 de xuño de 1996 a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia autorizou as instalacións da rede de distribución de gas natural para usos industriais Pontecesures-Catoira. A dita aprobación, de acordo co disposto nos artigos 10 e 13 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, leva implícita a declaración de utilidade pública e urxencia na ocupación.

Na súa virtude, esta delegación provincial acordou convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados na Casa do Concello onde están os predios como punto de reunión para levar a cabo posteriormente o levantamento das actas previas á ocu

pación, de acordo co procedemento establecido no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereito ou intereses sobre os bens afectados deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, e aporta-los documentos acreditativos da súa titularidade máis o último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o consideran conveniente.

O levantamento de actas terá lugar no concello de Catoira o día 12 de decembro de 1996 ás 10 horas, e no concello de Valga o día 12 de decembro ás 12 horas.

A orde de levantamento de actos comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación; a relación de titulares convocados figura no taboleiro de edictos dos concellos sinalados.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común de notificación do presente acordo ós titulares descoñecidos e máis a aqueles con domicilio descoñecido.

No expediente expropiatorio, Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria, coas obrigas e dereitos establecidos nos artigos 2.2º da Lei de expropiación forzosa e 5 do seu regulamento.

Pontevedra, 11 de novembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8497

Resolución do 8 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 377/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T. Mourente-Campañó, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: tramo I - desde a L.M.T. Mourente-Monteporreiro, remantando nas inmediacións do C.T. Cendona; tramo II - desde a subestación de Mourente rematando en Monteporreiro, onde empeza a liña do tramo I. Concello de Pontevedra.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: tramo I L.M.T., aérea, Monteporreiro-Cendona, a 20 kV, de 1.906 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón.

Tramo II L.M.T., subterránea, Mourente-Monteporreiro, a 20 kV, de 1.460 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

Orzamento: 43.166.026 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

96-8505

Resolución do 9 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 58/1996).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa do anteproxecto da instalación que segue:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo: Fernando Macías, 2, 15000 A Coruña.

-Denominación: subestación transformadora 66/15 kV, 5 mVA.

-Situación: Curtis.

-Descricións técnicas: anteproxecto de subestación transformadora en Teixeiro a 66/15 kV, coas seguintes características: dous módulos de liña de 66 kV. Un módulo de protección do transformador. Un transformador trifásico de 5 mVA e tensión de 66/15 kV. Cinco saídas de liña a 15 kV. Aparellos eléctricos de protección, mando, sinalización e medida.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A presente resolución substitúe a que foi emitida con data 2 de setembro de 1996.

A Coruña, 9 de outubro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-8504

Resolución do 9 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52699).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa do anteproxecto da instalación que segue:

Modificación do anteproxecto da subestación transformadora 66/20 kV de Negreira, trasladando a instalación en Abeanca ó novo lugar, nas inmediacións dos Campos e que ten as seguintes características:

-Dous módulos de liña de 66 kV.

-Un módulo de protección do transformador.

-Un transformador trifásico de 15 MVA e tensión de 66/20 kV.

-Cinco saídas de liña a 20 kV.

-Equipos auxiliares de protección, mando, sinalización e control. Concello de Negreira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A presente resolución substitúe a que foi emitida con data dous de setembro de 1996.

A Coruña, 9 de outubro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-8498

Resolución do 10 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 235/1996 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Vigo, no que solicita autorización para instalar unha L.M.T., un C.T. e R.B.T. en Carracedo-Ribela, concello da Estrada, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo

11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación dunha L.M.T., un C.T. e R.B.T. en Carracedo-Ribela, concello da Estrada.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 10 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8244

Resolución do 10 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, dunha planta de coxeración. (Expediente 96/734 R.C.I. 15/1658).

Para efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Industrias Cerdeimar, S.L., con enderezo social na rúa Cedeira, 3, no municipio de Camariñas (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que se executará na factoría da empresa localizada no enderezo anterior.

Planta de coxeración coas características seguintes:

Unha central de coxeración grupo D composta polos seguintes elementos: dous grupos motor-xerador de 1.900 kVA cada un, utilizado como combustible gasóleo. Dúas caldeiras de recuperación de gases de escape e instalacións complementarias. Instalacións de baixa tensión, regulación, control e interconexión coa rede eléctrica distribuídora.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de outubro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-8500

Resolución do 11 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 216/1996 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Vigo no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento da instalación eléctrica de media tensión unha L.M.T., un C.T. e conexión con R.B.T. en Aldea, concello de Tomiño, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decre

to 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e de acordo co disposto no Real decreto 2634/1980, sobre transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 39 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio n. 76 da L.M.T. Tui-O Rosal ata o C.T. que se proxecta en Aldea, concello de Tomiño. C.T. de 50 kVA relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. de 30 m de lonxitude con conductor tipo R.Z.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Pontevedra, 11 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

96-8501

Resolución do 11 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 382/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. Campo da Festa-Muimenta, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde unha torre metálica s/n da L.M.T. Lalín-Anzó, rematando no C.T. que se proxecta en Campo da Festa-Muimenta, concello de Lalín.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 71 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-400/231 V. R.B.T., subterránea, de 70 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Orzamento: 1.670.007 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 11 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

96-8499

Resolución do 11 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 383/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. Guldrigáns, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio existente da L.M.T. A Estrada-Vea, rematando no C.T. que se proxecta en Guldrigáns, concello de Cuntis.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 194 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-400/231 V.

Orzamento: 2.297.577 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 11 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

96-8502

Resolución do 16 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 389/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de desvío

de liñas eléctricas na Estrada PO-244 tramo Arcade-Ponte-Caldelas, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: variante Regoxo-Val: desde o apoio 34 da actual liña ata o n. 36 da mesma liña. Variante L.M.T. ó C.T. de Romariz II: desde o apoio n.2 da actual liña ata o n.4 da mesma liña. Concello de Soutomaior.

Finalidade da instalación: desvío de liñas por mellora de estrada.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20/15 kV, de 143 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón. R.B.T., aérea, de 825 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 3.773.122 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 16 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

96-8496

Resolución do 30 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 245/1996 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Vigo, no que solicita autorización para instalar unha L.M.T., un C.T. e R.B.T. na Reixa, concello de Vilanova de Arousa, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación dunha L.M.T., un C.T. e R.B.T. na Reixa, concello de Vilanova de Arousa.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 30 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8231

Resolución do 31 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a autorización da modificación do proxecto de instalacións de gasificación do noroeste: Rede de Lugo, promovido por Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 39 da Lei de procedemento administrativo e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu Regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e demais normativa específica de aplicación, e os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta do 6 de maio de 1993, polo que se designa á Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única

do procedemento, sométese a información pública a modificación do proxecto de gasificación do noroeste: Ramal e rede de distribución de gas natural para usos industriais en Lugo, declarado de utilidade pública polo artigo 10 da citada Lei 10/1987.

Peticionario: Enagás, S.A., con enderezo en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orden do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Vilalba, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Lugo e Cospeito, con proxecto de execución e autorización de instalacións aprobado por resolución do director xeral de Industria do 27 de xullo de 1995.

Obxecto da petición: a aprobación administrativa e autorización de instalacións da modificación do proxecto Rede de Lugo, reflectida na addenda 1 ó proxecto ramal e rede de distribución de gas natural para usos industriais en Lugo.

A autorización administrativa que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 10 e 11 da citada Lei 10/1987, do 15 de xuño, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: a finalidade da addenda presentada ó proxecto orixinal é incluír

como parte integrante deste as obras correspondentes ás modificacións de trazado motivadas polas novas infraestructuras construídas e atendendo ás alegacións realizadas por organismos e particulares en base ó cambio de usos do solo ou á existencia de edificacións novas na zona.

Tanto as características que deben reuni-los materiais como os criterios mediante os cales han de realizarse as obras correspondentes ós novos trazados son os determinados no proxecto orixinal, excepto o indicado expresamente na citada addenda 1.

A lonxitude total estimada dos novos trazados é de 7.079 m, supoñendo un incremento da lonxitude de 179 m.

Termos municipais afectados:

Vilalba (1.413 m.), Begonte (946 m.), Rábade (577 m.), Outeiro de Rei (1.915 m.) e Lugo (2.228 m.).

Orzamento: o orzamento inicial queda incrementado en cinco millóns cento trinta e oito mil setecentas vintecinco pesetas (5.138.725 ptas.), co que ascende a un total de mil seiscentos seis millóns catrocentas dezaoito mil seiscentas noventa pesetas (1.606.418.690 pesetas).

Afección a predios particulares: a afección a predios particulares derivada da construcción do gasoducto e as súas instalacións auxiliares concrétase na seguinte forma:

1. Expropiación forzosa en pleno dominio dos terreos sobre os que se han de construí-las instalacións fixas en superficie.

2. Para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de catro metros de ancho para o ramal de transporte e dous metros de ancho para as redes de distribución, por onde discorrerá enterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos, a unha distancia inferior a dous metros a contar do eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar acto ningún que puidese danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco metros do eixe do trazado, a un e outro lado deste. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos daños que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e as canles de ventilación así como as obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas ós ditos fins.

O proxecto inclúe plans parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto, a relación dos cales se insire ó final deste anuncio, para que poida ser examinado o expediente na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, Edificio Admvo. San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e na Delegación Provincial de Lugo, r/ Pascual Veiga, 12 - 14, podendo presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que se consideren oportunas, no prazo de vinte días a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados por servidume de paso.

Redes distribución Lugo.

Provincia: LU-Lugo.

Concello: VI-Vilalba.

Abreviaturas utilizadas: SP-Servidume de paso, OT-Ocupación temporal, POL-Polígono, PAR-Parcela.

Datos catastrais

Afección

Predio nºTitular e enderezosp(ml)OT(m)POLPARNatureza

LU-VI-1633/1VMaría Lozano Prieto-Ventorro, Sancobade Vilalba790128318Terreo de labor
LU-VI-1633/10VRemedios Martínez Seoane-Boizán-Vilalba29290128284Terreo de labor
LU-VI-1633/11VManuel Otero Cendan-Barbeitas, 169 Sancobade-Vilalba020128288Terreo de labor
LU-VI-1633/12VAntonio Fernández Rocha ATT. Fco. Cendan Fraga-Muíños, 24, Sancobade-Vilalba58675128279Monte alto
LU-VI-1633/13VAntonia Castro Pérez-Nova, 27-1º-Vilalba62975128278Monte alto
LU-VI-1633/14VConcello de Vilalba-Pza. Constitución-Vilalba675Camiño
LU-VI-1633/15V

Santiago López Fole-As Fontiñas-Vilalba56730128736Monte alto
LU-VI-1633/16VAntonia Mato Paz e 5 máis-Guadalupe-Sancobade-Vilalba2115128405Monte alto
LU-VI-1633/17VM.Fom. Demarcación de estradas Concepción Arenal, 1-1 A Coruña28475Estrada
LU-VI-1633/18VAntonia Mato Paz e 5 máis-Guadalupe-Sancobade-Vilalba490128741Monte baixo
LU-VI-1633/19VConcello de Vilalba-Pza. Constitución-Vilalba12170Camiño
LU-VI-1633/2VAntonia Caastro Pérez-Nova, 27-1º-Vilalba42550128319Terreo de labor
LU-VI-1633/2V BAntonio Prieto Rouco-Muíños, Sancobade-Vilalba42550128319
LU-VI-1633/20VAntonia Mato Paz e 5 máis-Guadalupe, Sancobade-Vilalba20240128407Monte baixo
LU-VI-1633/21VSergio Aguiar Felpeto AT. Cesario Aguiar-Sixto, Sancobade-Vilalba13175128409Monte baixo
LU-VI-1633/22VPilar Rouco López-Guadalupe, Sancobade-Vilalba30455128410Terreo de labor
LU-VI-1633/23VEugenio Montenegro Díaz-Guadalupe, Sancobade-Vilalba0105128411Terreo de labor
LU-VI-1633/24VManuel Ferreiro Rego-Xoberte, Sancobade-Vilalba29325128408Monte baixo
LU-VI-1633/26VPilar Rouco López-Guadalupe, Sancobade-Vilalba425128404Terra de labor
LU-VI-1633/27VConcello de Vilalba-Pza. Constitución-Vilalba330Camiño
LU-VI-1633/28VAmelia Díaz Braya-Guadalupe, Sancobade-Vilalba58585128538Monte alto
LU-VI-1633/29VRaquel Cendan Taboada-Os Novos, Sancobade-Vilalba22285128547Terra de labor
LU-VI-1633/3VVictoria Vidal Rodríguez-Av. Galicia, 64, Vilalba11145128320Terra de labor
LU-VI-1633/3V BDomingo Bello-Os Novos, Sancobade-Vilalba11145128320
LU-VI-1633/30VDescoñecido090128548Monte alto
LU-VI-1633/31VRosendo Lozano Prieto-Ventorro, 18-Sancobade-Vilalba1071.225128551Monte alto
LU-VI-1633/32VIrmáns Fco. Lozano Baamonde ATT. Pilar Queija-Guadalupe, Sancobade-Vilalba30390128550Terra de labor
LU-VI-1633/33VManuel Ferreiro Rego-Xoberte, Sancobade-Vilalba010128549Terreo de labor
LU-VI-1633/34VConcello de Vilalba-Pza. Constitución-Vilalba225Camiño
LU-VI-1633/35VMaría Díaz Fole-Sixto, Sancobade-Vilalba22330128599Monte baixo
LU-VI-1633/36VEladio Martínez Losada-Fabilos, Noche-Vilalba53675128598Terra de labor

Datos catastrais

Afección

Predio nºTitular e enderezosp(ml)OT(m)POLPARNatureza

LU-VI-1633/37VIrmáns María Novo Pérez-Muíños, 19-Sancobade-Vilalba010128594Terreo de labor
LU-VI-1633/38VJosé Mª Montenegro Rey-Muíños, 19-Sancobade-Vilalba39415128593Terreo de labor
LU-VI-1633/39VVictoriano Rouco Lodeiro-Muíños, 23-Sancobade-Vilalba69900128592Monte alto
LU-VI-1633/4VCarmen González Díaz AT. Antonio Díaz González-Xoberte, Sancobade-Vilalba23300128321Terreo de labor
LU-VI-1633/40VConcello de Vilalba-Pza. Constitución-Vilalba6170Camiño
LU-VI-1633/41VAntonio Lozano García-Muíños-Sancobade-Vilalba015128607Monte alto
LU-VI-1633/42VElena Carreira Rodríguez-Insua, Rebordaos-Vilalba15190128662Monte alto
LU-VI-1633/43VJosé Lozano García e irmán (Antonio) Muíños, 29, Sancobade-Vilalba31385128661Monte alto
LU-VI-1633/44VConcello de Vilalba-Pza. Constitución-Vilalba455Camiño
LU-VI-1633/45VIrmáns Benito González-Rúa de Galicia, 89, baixo-Vilalba54730128664Monte alto
LU-VI-1633/46VAntonio Lozano García-Muíños, 29, Sancobade-Vilalba1071.410128702Monte alto
LU-VI-1633/47VGuillermo Carreira Novo-Nete, 12-Vilalba20169128631Pradería
LU-VI-1633/5VModesta Otero Cendán-Guadalupe, Sancobade-Vilalba30390128322Terreo de labor
LU-VI-1633/6VJosé Vidal Rodríguez-Av. Galicia, 64-Vilalba891.160128324Terreo de labor
LU-VI-1633/6V BDomingo Bello-Os Novos, Sancobade-Vilalba891.160128324
LU-VI-1633/7VCarmen Rouco Prado-Muíños, Sancobade-Vilalba51665128294Terreo de labor
LU-VI-1633/8VIrmáns Fulgencio Otero Castelo ATT. Benigno Otero Barbeitas, Sancobade-Vilalba64760128290Terreo de labor
LU-VI-1633/9VAntonia Cendan Fraga-Muíños, 25-Sancobade-Vilalba831.080128285Pradería

8503

Resolución do 4 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/193-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo.

Enderezo social: Mancebo, 6, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. 15/20 kV, C.T. de 10 kVA, Casalvito, San Batolomeu.

Situación: Monfero.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.432 m de lonxitude en conductor de aluminio LA-56 que parte do apoio nº 51 da L.M.T. San Bartolomeu-Monfero e final no C.T. que se vai construír no lugar de Casalvito, tipo aéreo de 100 kVA a 15/20 kV-B2. Concello de Monfero.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8537

Resolución do 5 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/33-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

-Solicitante: Autorida Portuaria da Coruña.

-Enderezo social: Avda. da Mariña, 3, 15001 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., C.T.C. de 50 kVA o Faro de Punta Nariga.

-Situación: Malpica.

-Descripcións técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e metálicos de celosía e de tipo tubular na súa parte aérea e baixo tubo, de lonxitudes respectivas 776 m e 370 m, con conductor LA-56 e R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mmAL, con orixe na liña que alimenta o CT porto de Barizo, da Xunta de Galicia e final no CT que se vai instalar no novo faro de Punta Nariga. Centro de transformación tipo interior, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, con celas de entrada, de protección do trafo e de aloxamento do trafo. Malpica.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 5 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-7681

Anuncio (expediente H-2/1991).

Pagamento dos prezos xustos pola expropiación forzosa, imposición de servidumes permanentes de paso e ocupación temporal de bens e dereitos afectados pola construcción do proxecto denominado oleoducto A Coruña-Vigo, do que é beneficiaria a empresa C.L.H., S.A.

Dáse a coñecer a tódolos interesados, que nas datas, horas e casas dos concello que se citan ó remate deste anuncio, se procederá ó pagamento dos prezos xustos segundo resolución do Xurado Provincial de Expropiación, ós cales se notificarán individualmente, debendo advertirlles os propietarios dos predios afectados que o pagamento se realizará nas condicións que establecen os artigos 48 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 48, 49 e 50 do seu regulamento de aplicación do 26 de abril de 1957.

DataHoraCasa do Concello

11 de Nov. de 199613.00A Estrada

13 de Nov. de 199609.30Cuntis

13 de Nov. de 199612.00Moraña

14 de Nov. de 199609.30Campo Lameiro

14 de Nov. de 199612.00Cotobade

19 de Nov. de 199609.30Pontevedra

19 de Nov. de 199612.00Pazos de Borbén

20 de Nov. de 199609.30Soutomaior

20 de Nov. de 199612.00Redondela

Vigo, 17 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA,

GANDERÍA E MONTES

8358

Resolución do 23 de outubro de 1996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, pola que se resolve a clasificación dos montes Coto de Burro e outros, da parroquia de San Mateo de Oliveira (concello de Ponteareas).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra dictou a seguinte resolución:

Na cidade de Pontevedra, ás dezasete horas do día nove de outubro de mil novecentos noventa e seis, nos locais da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, logo da citación para o efecto reúnese o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común coa asistencia das seguintes persoas:

Presidente: José Luis Díez Yáñez.

Vicepresidente: José Juan Barreiro Prado.

Vocais: Teodoro Arribas Serrano, Luis M Muíños Vidueira e Serafín Quinteiro Blanco.

Vocais representantes da parroquia de Guillade, Ponteareas: Félix Sebastián Candeira e Antonio Gregores Iglesias.

Secretaria: Ramona C. Fernández Álvarez.

Antecedentes de feito.

1.-Na data 24-9-1993 solicitaron os veciños da parroquia de San Mateo de Oliveira, concello de Ponteareas, clasificación dos montes Coto de Burro e outros, pertencentes á referida parroquia, e o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común incoou o oportuno expediente na súa reunión celebrada o día 10-11-1993.

2.-No expediente de clasificación cumpríronse as prescricións establecidas na Lei 13/1989, do 10 de outubro, do Parlamento de Galicia, de montes veciñais en man común e no seu regulamento, aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e fixéronse as correspondentes publicacións, solicitando no Rexistro da Propiedade a oportuna anotación preventiva.

Non consta no expediente oposición ningunha nin por particulares nin por entidades respecto da clasificación das parcelas solicitadas

3.-Cómpre sinalar que dentro daquelas, sen embargo, existe a chamada Outeiro, que foi expropiada na súa totalidade como afectada polas obras de construcción de autovía Rías Baixas no tramo Batalláns-Porriño e a chamada Xestal, da que foi expropiada unha superficie de 700 m; a superficie restante é de 400 m, segundo datos achegados polo Servicio Forestal no seu informe emitido o pasado mes de maio.

Fundamentos de dereito.

1.-Que de conformidade co artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común corresponde ós xurados provinciais o pronunciamento para a clasificación dos montes veciñais en man común na forma prevista na referida lei e no seu regulamento.

2.-Que da documentación achegada polos veciños e así como do informe emitido polo Servicio de Montes se desprende que as parcelas das cales se pide a súa clasificación veñen sendo aproveitadas desde sempre polos veciños, a través de esquilmos e, estando a maioría daquelas repoboadas de piñeiros, nembargantes, por criterio do xurado non aparece debidamente acreditada para os montes Outeiro e Xestal a nota esencial definidora de que estes estiveran sendo aproveitados consuetudinariamente en man común polos veciños da parroquia de San Mateo de Oliveira, tendo en conta que a súa superficie, na súa totalidade respecto do monte Outeiro e na súa maioría para o monte Xestal foi obxecto de expropiación forzosa.

Por todo o anterior, os membros do xurado, de maneira unánime, acordan a non clasificación como veciñal en man común da superficie solicitada para o monte Outeiro de 400 m e para o monte Xestal de 1.100 m.

Así mesmo, de maneira unánime acordan coa descrición gráfica sinalada na planimetría que, a escala 1:10.000 se incorpora á presente resolución, formando parte inseparable dela a clasificación como veciñais en man común a favor dos veciños da parroquia de San Mateo de Oliveira, concello de Ponteareas, dos seguintes montes:

Primeira parcela: Coto do Burro, Cacheiro ou Coto Agudo.

Cabida: 8,5 ha.

Lindes:

Norte: propiedades de José Álvarez Rocha, Gabino Álvarez Rocha, Manuel Rodríguez, Gabino Mariño Mó e camiño público.

Sur: propiedades de Julio Estévez Paz, José Álvarez Rocha, herdeiros de Raimundo Rodríguez e outros.

Leste: camiño público e propiedades de Gabino Álvarez Rocha e outros.

Oeste: propiedades de María Mouriño Suárez e outros.

Segunda parcela: Pedreira e Chan

Cabida: 11 ha.

Lindes:

Norte: propiedade de Concepción Rodríguez Márquez e Valeriano Domínguez Santos, viñedos de Julio Estévez Paz e Joaquín Paz Iglesias, con estrada local e outras propiedades.

Sur: propiedade de Andrés Paz García, camiño público que o separa de viñedo propiedade de Eugenio Rodríguez Diz e vivenda de Salvador Iglesias Álvarez.

Leste: termo municipal de Salvaterra de Miño.

Oeste: propiedades particulares de Guillermo Álvarez Suárez, Francisco Álvarez Silva, Amelia Rodríguez Pereira, camiño público e mais propiedades de José Rodríguez e Jacinto Fernández.

Terceira parcela: San Mauro

Cabida: 3 ha.

Lindes:

Norte: estrada ó barrio de Alcaraz.

Sur: estrada ó barrio de Albas.

Leste: termo de Salvaterra de Miño.

Oeste: camiño veciñal que o separa de monte de José Araújo Vilas, de herdeiros de Gabino Rodríguez González, herdeiros de Gabino Mariño Mó e outros.

Cuarta parcela: Casal

Cabida: 9.000 m.

Lindes:

Norte: estrada da ermida de San Amaro.

Sur: propiedade de Senén Álvarez e camiño público.

Leste: propiedades de Elvira Garrido Carballo.

Oeste: propiedade de Manuel Álvarez e regato.

Quinta parcela: Cheira

Cabida: 3,7 ha.

Lindes:

Norte: propiedade de Constante Suárez García, herdeiros de Gabino Castro Estévez e outros.

Sur: propiedade de José Garrido Carballo e outros.

Leste: camiño público ó barrio de Cheira.

Oeste: propiedade de Manuel Garrido Carballo.

Sexta parcela: Agrelo, Baldoeiro e Arieiro

Cabida: 17 ha.

Lindes:

Norte: propiedade de Emilia Míguez Suárez, herdeiros de Elisa Álvarez e outros.

Sur: propiedade de Manuel Garrido Carballo.

Leste: propiedades de José Araújo Vilas, José Mariño Suárez, María del Carmen Márquez Fernández, José Suárez Pereira e outros.

Oeste: granxas de Avigán e monte veciñal en man común da parroquia de Moreira

Sétima parcela: Anguil

Cabida: 0,3 ha.

Lindes:

Norte: propiedade de herdeiros de Manuel Suárez.

Sur: propiedade de Domingo Rodríguez Carballido.

Leste: propiedade de Avelino López Suárez.

Oeste: propiedade de herdeiros de Peregrina Gómez e outros.

Oitava parcela: Silva

Cabida: 1 ha.

Lindes:

Norte: propiedade de José Rodríguez, monte comunal de Angoares e outros propietarios.

Sur: propiedades de Alberto Castro e outros.

Leste: camiño público.

Oeste: propiedade de herdeiros de José Rodríguez Gómez.

Novena parcela: Almufada (Manga)

Cabida: 3 ha.

Lindes:

Norte: monte comunal de Fontenla e industria de Gramol.

Sur: propiedades de Jaime Rodríguez Silva, Daniel Monteagudo Álvarez, José Alonso Rodríguez, Serafín Castro Rodríguez e outros.

Leste: propiedades de Concepción Rodríguez Silva e José Rodríguez Fernández.

Oeste: propiedades de María Rodríguez Fernández e outros.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa notificación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei 13/1989, do Parlamento de Galicia, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 28 do seu regulamento aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, modificados ambos preceptos pola Lei 30/1992, do 4 de setembro, modificados ambos preceptos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 23 de outubro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

Presidente do xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

8627

Resolución do 4 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da providencia de incoacción do expediente sancionador I-350/96.1 e seis máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo comun do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoacción de expediente sancionador (I-350/96.1, I-350/96.3, I-362/96.3, I-410/96, I-429/96.5, I-447/96, I-448/96) por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino poidendo recusalos en calquer momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica, os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réximen xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente neste servicio de defensa contra incendios forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para que aportare por escrito cantas alegacions, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente, é competente por razón da cuantía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio de D.C.I.F. sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regualmento do procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 4 de novembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

I-350/96.1Fco. Javier Reza Rodríguez

r/ Coruña, 31

36211-Vigo

Acampada ilegal e facer lume en época prohibida.Arts. 136 h) e 138 a) do Regulamento da Lei de incendios forestais.Art. 139 do Regulamento da Lei de incendios forestais.5.000
I-350/96.3J. Luis Taboada Martínez

r/ Tomás Alonso, 29-4º Izd.

36208-Vigo

Acampada ilegal e facer lume en época prohibida.Arts. 136 h) e 138 a) do Regulamento da Lei de incendios forestais.Art. 139 do Regulamento da Lei de incendios forestais.5.000
I-362/96.3Pablo J. Rodríguez Leites

Avda. Castrelos, 188, 9º E

36210-Vigo

Facer lume en época prohibida.Arts. 138 a) do Regulamento da Lei de incendios forestais.Art. 139 do Regulamento da Lei de incendios forestais.25.000
I-410/96J. Benito Dosantos Gómez

r/ Cidadelle, 32

36800-Chapela-Redondela

Queima en época prohibida.Arts. 138 c) do Regulamento da Lei de incendios forestais.Art. 139 do Regulamento da Lei de incendios forestais.25.000
I-429/96.5Fabian Montoya Montoya

r/ Chavasqueira, s/n

Ourense

Vertido de lixo no monte e queima en época prohibida.Arts. 137 e) e 138 c) do Regulamento da Lei de incendios forestais.Art. 139 do Regulamento da Lei de incendios forestais.25.000
I-447/96Antonio Valiente

r/ Moratin, 18

03008-Alicante

Abandono dun vehículo.Arts. 137 e) do Regulamento da Lei de incendios forestais.Art. 139 do Regulamento da Lei de incendios forestais.50.000
I-448/96Diamantino Amoedo Amoedo

r/ Taboadelo, 35

36820-Pontecaldelas

Abandono dun vehículo.Arts. 137 e) do Regulamento da Lei de incendios forestais.Art. 139 do Regulamento da Lei de incendios forestais.50.000

8626

Cédula do 4 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador I-27/96 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.

E para os efectos previstos no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993), o denunciado poderá presentar nun prazo de quince días as alegacións que considere convenientes, no Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo.

Pontevedra, 4 de novembro de 1996.

Manuel Francisco Gutiérrez

Instructor

ANEXO

Expediente: I-27/96.

Denunciado: Gonzalo Álvarez Sousa.

Último enderezo coñecido: Avda. Mariña Española, 25. 36207-Teis. Vigo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en masa forestal.

Precepto infrinxido: Art. 137 e) do Regulamento da Lei de incendios forestales.

Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento da Lei de incendios forestales.

Sanción: 50.000 ptas.

8848

Resolución do 25 de novembro 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto da subministración consistente na adquisición de diverso material de oficina non inventariable, papel fotocopiadora, material de imprenta e material informático, con destino ós servicios centrais da consellería, distribuído en 4 lotes.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: adquisición de diverso material de oficina non inventariable, papel fotocopiadora, material de imprenta e material informático, con destino ós servicios centrais da consellería, distribuído en 4 lotes, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: trece millóns de pesetas (13.000.000 de ptas.).

Lote 1.-Papel de fotocopiadora: 3.800.000 ptas.

Lote 2.-Material de oficina vario: 2.500.000 ptas.

Lote 3.-Material de imprenta: 3.200.000 ptas.

Lote 4.-Material informático: 3.500.000 ptas.

Total: 13.000.000 de ptas.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ofertados.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria (Servicio de Contratación) da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes o en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 2 de xaneiro de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 10 de xaneiro de 1997, na sala B de reunións da Consellería de Presidencia

e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-93, DOG nº 239, 14-12-93)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

8919

Resolución do 27 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, para a contratación de subministracións polo procedemento aberto por concurso.

Obxecto: adquisición de maquinaria industrial para equipamento da lonxa de Muros.

Prazo de execución: quince días (15 días) contados a partir da sinatura do contrato.

Orzamento: trece millóns trescentas mil pesetas (13.300.000 ptas.).

Garantía provisional: duascentas vinteseis mil pesetas (226.000 ptas.).

Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (Rúa de Sar, nº 75, Santiago de Compostela), ou en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado confome o disposto no artigo 100 do RGCE. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do primerio día hábil no que se cumpran trece días naturais contados a partir do día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: en acto público ás 10 horas do primeiro día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, a apertura será ó día seguinte hábil.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1996.

Juan M. López García

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

8477

Cédula do 6 de novembro 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións dos recursos ordinarios de expedientes sancionadores. (PO-0707-1995 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27-11-1992), notifícanselles ás persoas que se citan a continuacion, a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte á publicación diste edicto, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo y Acuicultura (rúa Palma nº 4-Vigo) e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: PO-0707-1995.

Denunciado: Manuel Enrique Riobó Ogando.

Enderezo: Gregorio Espino, 50 portal 2-3º H-Vigo-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.5º, 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: setenta e cinco mil unha pesetas (75.001 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 11 de xuño de 1996.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, e confirma a sanción de setenta e cinco mil unha pesetas (75.001 ptas.).

Nº de expediente: PO-0157-1996.

Denunciado: Luis de Jesús Fernández.

Enderezo: rúa Villagarcía de Arousa, 5-8º D-Vigo-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: trinta mil pesetas (30.000 ptas.).

Recurso ordinario presentado ó día: 11 de xullo de 1996.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, e confirma a resolución de trinta mil pesetas (30.000 ptas.).

Vigo, 6 de novembro de 1996.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

8478

Cédula do 6 de novembro 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores. (PO-0146-1996 e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a resolución dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poder examina- los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo y Acuicultura (rúa Palma nº 4, Vigo) e presentar ante a citada delegación, as alegacións que consideren pertinentes.

Nº de expediente: PO-0146-1996.

Denunciado: José Antonio Hermida Paz.

Enderezo: Tragove, 120-Cambados-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.1º, 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 50.002 ptas.

Nº de expediente: PO-0150-1996.

Denunciado: Alfonso Bermúdez Sánchez.

Enderezo: rúa Progreso, 54-Sanxenxo-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 25.001 ptas.

Nº de expediente: PO-0287-1996.

Denunciado: José Carballo Menduíña.

Enderezo: Aldán, s/n-Cangas-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 25.001 ptas.

Nº de expediente: PO-0335-1996.

Denunciado: Eugenio Vidal Veiga.

Enderezo: Anafáns-Poio-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.10º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 25.001 ptas.

Nº de expediente: PO-0367-1996.

Denunciado: Sergio Pastoriza González.

Enderezo: Darbo-Barreiras-Cangas-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 31.001 ptas.

Nº de expediente: PO-0443-1996.

Denunciado: Milagros Fernández González.

Enderezo: Barreiro, 23-Xinzo-Ponteareas-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.1º, 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 50.002 ptas.

Nº de expediente: PO-0445-1996.

Denunciado: Francisco Javier Souto Avendaño.

Enderezo: Avda. de Vigo, 124-Cangas-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 25.001 ptas.

Nº de expediente: PO-0447-1996.

Denunciado: Estanislao Greña Gil.

Enderezo: Viso-Hío-Cangas-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 5.3º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 20.000 ptas.

Nº de expediente: PO-0466-1996.

Denunciado: Ramón Viñas Rey.

Enderezo: Bº San Pedro, 10-As Sinas-Vilanova de Arousa-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.1º, 6.7º, 6.10º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 110.001 ptas.

Nº de expediente: PO-0468-1996.

Denunciado: Ramón Viñas Lojo.

Enderezo: San Pedro, 4-As Sinas-Vilanova de Arousa-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.1º, 6.3º, 6.7º y 6.10º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 292.501 ptas.

Vigo, 6 de novembro de 1996.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

8555

Resolución do 23 de outubro de 1996, da Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 2/1996, que ten por obxecto a explotación do servicio de cafetería-comedor do Hospital Comarcal de Monforte.

A Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas e para cumpri-lo previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

I. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, r/ Corredoira s/n, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

c) Número de expediente: C.P. 2/1996.

II. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contratación administrativa especial.

b) Descripción do obxecto: explotación do servicio de cafetería-comedor.

c) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 118, do luns 17 de xuño de 1996.

III. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

IV. Adxudicación:

a) Data: 23 de outubro de 1996.

b) Contratista: Ricardo Gómez Gómez, r/ Ribadeo, nº 18.2º esquerda, 27002 Lugo.

c) Nacionalidade: española.

Monforte de Lemos, 23 de outubro de 1996.

Eleuterio López Louzao

Director médico do Hospital Comarcal de Monforte

CONCELLO DE CEE

7098

Bases que rexerán para a provisión en propiedade mediante o sistema de oposición libre dunha praza de técnico de Administración xeral-tesoureiro do Concello de Cee.

1º. Obxecto da convocatoria

É obxecto desta convocatoria a provisión en propiedade mediante o sistema de oposición libre e de conformidade co disposto na Lei 30/1984, do 2 de agosto; Lei 7/1985, do 2 de abril e Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril e demais disposicións de aplicación, dunha praza de técnico de Administración xeral-tesoureiro, correspondente á escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A), segundo a referida Lei 30/1984, vacante no cadro de persoal e incluída na oferta de emprego público de 1996.

O aspirante proposto polo tribunal e nomeado pola alcaldía estará obrigado a presta-la xornada de traballo actual de mañá e tarde de acordo coa lexislación aplicable.

2º. Requisitos dos aspirantes.

Para tomar parte na oposición, os aspirantes deberán reuni-los requisitos que seguen:

A) Ser de nacionalidade española.

B) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder de 55.

C) Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo.

Para estes efectos establécese a igualdade de condicións das persoas minusválidas cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitacións físicas ou psíquicas, senón nos casos nos que sexa incompatible o normal desempeño do traballo correspondente, adoptando o tribunal selectivo medidas e medios para a realización das probas, de forma que gocen de igualdade de oportunidades cos demais participantes.

A condición de minusvalidez e a súa compatibilidade acreditarase por certificación da Delegación Provincial do Instituto Nacional de Servicios Sociales ou Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

D) Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme a normativa vixente, referida ó día da toma de posesión, en caso de ser seleccionado.

E) Estar en posesión do título de licenciado en dereito, ciencias política, económicas ou empresariais, (Artigo 169.2º a do texto refundido de 1986).

F) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas.

Salvo o determinado nos apartados D) e F), os candidatos deben reuni-los requisitos citados no momento de remate do prazo de presentación de instancias.

3º. Presentación de solicitudes.

As solicitudes dirixiranse ó alcalde-presidente do concello e faráas constar nelas que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base 2ª e o compromiso de prestar xuramento ou promesa na forma establecida no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, para o suposto de ser nomeado.

As instancias presentaranse debidamente reintegradas con selo municipal de 100 ptas. no rexistro xeral do concello no prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Tamén poden presentarse na forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xeral das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

En todo caso acompañarase a esta xustificante acreditativo de ter ingresado na tesourería municipal a cantidade de seis mil pesetas en concepto de dereitos de exame, ben facéndoo efectivo nas arcas municipais, mediante xiro postal ou telegráfico ou por ingreso directo na conta corrente na

Caixa de Aforros de Galicia número 3000000014 a nome do Concello de Cee. Só será devolto no caso de que o aspirante non sexa admitido ó proceso selectivo por falta dos requisitos esixidos para participar.

4º. Admisión.

Finalizado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución aprobando a lista provisional de admitidos e excluídos, que se fará pública no BOP e no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial, e concederase un prazo de 10 días para reclamacións ou emendas de erros nos termos do artigo 71 da Lei 30/1992.

As reclamacións, se é o caso, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que será obxecto da publicación ó igual cá provisional. Contra esta resolución poderán interpoñerse os recursos que prevé a referida lei.

5º. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador das probas estará formado polos seguintes membros:

Presidente: o da corporación ou concelleiro no que delegue.

Vocais: un representante da Comunidade Autónoma designado pola Escola Galega de Administración Pública, tres técnicos titulados, designados polo Pleno da Corporación, por proposta dos diferentes grupos políticos do concello.

Secretario: o da corporación ou funcionario que legalmente o substitúa.

Designaranse, así mesmo, suplentes de cada un dos membros do tribunal e a súa composición farase pública na mesma resolución que aprobe a lista definitiva de aspirantes.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros. En todo caso será precisa a asistencia do presidente e do secretario.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, podendo, ó mesmo tempo, seren recusados cando concorran as circunstancias previstas na lei.

Para os efectos de percepción de asistencias polos membros do tribunal, clasificaranse en categoría 1ª, conforme a Resolución do 23 de marzo de 1993, actualizadora do Decreto 236/1988, do 4 de marzo.

6º. Desenvolvemento do proceso selectivo.

Na resolución aprobatoria da lista definitiva de aspirantes e composición do tribunal cualificador sinalarase o lugar, data e hora de realización da primeira proba selectiva. Esta non poderá comezar ata transcorridos dous meses desde a data de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Con carácter xeral e para aquelas probas que se poidan realizar conxuntamente, aplicarase a reso

lución da Secretaría de Estado do Ministerio para as Administracións Públicas do 23 de febreiro de 1996, publicada no BOE do día 4 de marzo do mesmo ano e iníciase por orde alfabética de apelidos, polo primeiro dos aspirantes que comece pola letra Ñ.

Para a realización dos exercicios, os aspirantes serán convocados en chamamento único, sendo excluídos os que non comparecesen, salvo casos debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

Comezada a primeira proba, a publicación do seu resultado e datas das seguintes en días sucesivos farase por anuncio no taboleiro de anuncios do concello.

Os exercicios da oposición serán os seguintes:

-Primeiro exercicio

De carácter obrigatorio e eliminatorio: consistirá en desenvolver por escrito durante o período máximo de 2 horas, dous temas de carácter xeral de entre tres sacados a sorte inmediatamente antes do seu inicio e relacionados co temario de materias comúns, aínda que non se ateñan a epígrafe concreto.

O exercicio deberá ser lido polo opositor en sesión pública ante o tribunal, que o cualificará valorando, ademais dos coñecementos, a claridade da exposición escrita e a capacidade de síntese.

-Segundo exercicio:

De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en contestar por escrito a dous temas, correspondentes ás materias específicas do programa, de entre tres extraídos ó chou polo opositor, nun tempo máximo de dúas horas.

O exercicio deberá ser lido polo opositor en sesión pública ante o tribunal, que o cualificará valorando, ademais dos coñecementos, a claridade da exposición escrita e a capacidade de síntese.

-Terceiro exercicio:

De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución de dous supostos prácticos, relativos a materias específicas, que constan dun enunciado ou presentación e unha serie de preguntas ás que o opositor debe responder e que serán decididas polo tribunal inmediatamente antes de iniciarse a proba. A súa duración máxima sexa de dúas horas.

Durante o desenvolvemento do exercicio, os aspirantes poderán facer uso de cantos textos legais consideren necesarios e dos que irán provistos previamente.

Con posteridade ó remate do exercicio e nun prazo non inferior a vintecatro horas, os aspirantes serán chamados para proceder á lectura pública do seu exercicio perante o tribunal, que poderá dialogar co opositor un tempo máximo de 15 minutos sobre as solucións propostas.

-Cuarto exercicio:

De carácter obrigatorio e non eliminatorio, consistirá na traducción dun texto do castelán ó galego sen axuda do diccionario. Duración máxima: 1 hora. O texto será decidido polo tribunal inmediatamente antes da iniciación da proba.

7º. Cualificación das probas.

Tódolos exercicios eliminatorios cualificaranse ata un máximo de 10 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non alcancen o mínimo de 5 puntos en cada un deles.

O número de puntos que poderán ser outorgados por cada membro do tribunal será de 0 a 10 puntos. As cualificacións adoptaranse sumando as puntuacións outorgadas por cada un dos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes daquel, sendo o cociente a cualificación definitiva.

O exercicio 4º, obrigatorio e non eliminatorio, será cualificado de 0 a 5 puntos na mesma forma referida anteriormente.

Como regra xeral, non serán tidas en conta as puntuacións dadas polos diferentes membros do tribunal, para determina-la cualificación do aspirante, que supoñan unha diferencia entre elas de máis de tres puntos.

A puntuación final e o orde de cualificación definitiva dos aspirantes virá determinada pola suma dos puntos obtidos no conxunto dos exercicios da oposición.

8º. Relación de aprobados e presentación de documentos.

Concluída a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial a relación de aprobados por orde de puntuación e elevará proposta de nomeamento a favor do que obtivese a puntuación máis alta no proceso selectivo, non podendo supera-lo número de prazas convocadas.

O aspirante proposto presentará na secretaría xeral do concello, no prazo dun mes contado a partir da publicación do resultado da selección, os documentos seguintes, para o caso de que non os achegase xuntamente coa solicitude:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade, que deberá presentarse co orixinal para a súa compulsa.

b) Certificado de nacemento expedido polo Rexistro Civil correspondente.

c) Copia autenticada ou fotocopia, que deberá presentarse co orixinal para a súa compulsa, do título académico, ou ben xustificación de ter cumpridos tódolos requisitos para a súa expedición. Se estes documentos estivesen expedidos con data posterior á da terminación do prazo de presentación de instancias, deberá xustificarse a data na que remataron os correspondentes estudios.

d) Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes ó posto de traballo. No suposto de minusvalidez observarase o establecido na base 2ª da convocatoria.

e) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinaario do servicio de calquera das administracións públicas.

f) Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade específica, nin nos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

Se o aspirante tivese a condición de funcionario público estará exento de xustificar documentalmente as condicións ou requisitos xa demostrados para a obtención do seu anterior nomeamento, debendo en tal caso, presentar certificado do organismo do que dependa, acreditando a súa condición e as circunstancias que consten na súa folla de servicios.

Se dentro do prazo indicado e salvo casos de forza maior, o aspirante proposto non presentase a documentación ou non acreditase reuni-los requisitos esixidos, non poderá procede ó seu nomeamento, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que puidese incorrer por falsidade na instancia presentada para tomar parte na oposición. Neste caso e para os efectos de seren propostos para a praza, consideraranse suplentes o resto de aprobados por orde de puntuación, segundo a lista de cualificación definitiva dos aspirantes.

9º. Toma de posesión.

Unha vez aceptada a proposta de nomeamento e presentada a documentación relacionada na base anterior, o aspirante designado deberá tomar posesión do seu cargo dentro do prazo de 20 días naturais a partir da data de notificación do seu nomeamento e prestará xuramento na forma establecida no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

10º Facultades do tribunal.

O tribunal cualificador queda autorizado para a resolución das dúbidas que poidan presentarse e para toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición, en todo o non previsto expresamente nestas bases.

11º. Recursos contra as bases.

A presente convocatoria e as súas bases poderán recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso.

12º. Recursos contra os actos administrativos.

Os actos administrativos derivados da actuación do tribunal poderán ser impugnados polos intere

sados nos casos e formas establecidas na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cee, 31 de xullo de 1996.

Manuel Lamela Lestón

Alcalde-presidente

ANEXO

Programa

Grupo I. Materias comúns.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Características e estructura. Dereitos fundamentais e libertades públicas: enumeración, garantías e suspensión. Outros dereitos e deberes ciudadanos.

Tema 2. A Corona. As funcións constitucionais do xefe de Estado. Sucesión e rexencias. O referendo.

Tema 3. As Cortes Xerais: composición e funcións. O tribunal de Contas. O Defensor do Pobo.

Tema 4. O Tribunal Constitucional: organización e atribucións. Procedementos de declaración de inconstitucionalidade. O recurso de amparo. Conflictos constitucionais.

Tema 5. O poder xudicial e a súa regulamentación constitucional. O Consello Xeral do Poder Xudicial. Planta e organización de xulgados e tribunais. Principais competencias dos órganos xurisdiccionais. O Ministerio Fiscal.

Tema 6. O Goberno: composicións e funcións. Relacións con outros poderes. A Administración do Estado central e periférica.

Tema 7. Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas: a súa organización e competencias. Os estatutos de autonomía.

Tema 8. Estructura da Administración local: entes locais básicos e opcionais. Organización e competencias do municipio. Organización e competencias da provincia.

Tema 9. A Constitución como norma xurídica. A lei: cases de leis. Os decretos-lei. A delegación lexislativa.

Tema 10. O regulamento. Titulares da potestade regulamentaria. Límites da potestade regulamentaria. Iderrogabilidade singular dos regulamentos. Procedemento de aprobación das ordenanzas locais.

Tema 11. A potestade normativa das comunidades autónomas. Relación dos ordeamentos autonómicos co estatal.

Tema 12. As potestades administrativas. O principio de legalidade. A autotutela administrativa. A potestade discrecional e o seu control. Responsabilidade da Administración.

Tema 13. O acto administrativo. Concepto e clases. Elementos. Eficacia dos actos administrativos. Silencio administrativo. Actos presuntos. Os actos da Administración en réxime xurídico privado.

Tema 14. Invalidez dos actos administrativos. Irregularidades non invalidantes. A revisión de oficio dos actos administrativos: anulación e revogación. O réxime xurídico dos recursos administrativos. As reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais.

Tema 15. O procedemento administrativo: regulación, principios e fases do procedemento.

Tema 16. A xurisdicción contencioso-administrativa. Extensión e límites. As partes no proceso. Procedemento. A sentencia e a súa execución. Os recustos de casación e revisión.

Tema 17. Os contratos administrativos. Contratos da Administración en réxime xurídico privado. O procedemento de contratación. Execución e extensión do contrato.

Tema 18. O dominio público e o patrimonio privado dos entes públicos. Potestades administrativas sobre os bens do seu patrimonio. Afectación e desafectación. Réxime de utilización dos bens demaniais e patrimoniais. Enaxenación de bens patrimoniais.

Tema 19. A noción de servicio público. Modos de xestión dos servicios públicos.

Tema 20. A potestade expropiatoria: principios xerais. Titulares da potestade e beneficiarios da expropiación. Requisitos e procedemento expropiatorio. Garantías xurisdiccionais.

Tema 21. A posición xurídica do administrado. Dereitos subxectivos do administrado. Situacións favorables e desfavorables do administrado.

Tema 22. Estructura da función pública española. A relación de servicios entre a Administración e os empregados públicos: réxime estatutario e laboral. Dereitos e deberes dos funcionarios. Situacións administrativas.

Tema 23. Ordenación do territorio e urbanismo: competencias do Estado, das comunidades autónomas e dos entes locais. O planeamento: clases de instrumentos planificadores. Sistemas de actuación. A propiedade privada ante a ordenación urbanística: dereitos e deberes.

Tema 24. A licencia urbanística: actos suxeitos e procedemento de outorgamento. Reacción ante licencias ilegais e ante actos de edificación e uso do solo sen licencia. O dereito á edificación concluída. Deber de conservación e declaración de ruína.

Tema 25. Actividade económica e actividade financeira. Concepto e características. Funcións da facenda pública: asignación, distribución e estabilización. Instrumentos e medios. Coordinación das ditas funcións.

Tema 26. O sector público: a súa delimitación. Operacións que realiza. Índices para aprecia-la súa dimensión. A contabilidade nacional e o sector público.

Tema 27. A actividade financeira descentralizada. Modelos de distribución de competencias e distintos esquemas de distribución.

Tema 28. Teoría dos bens sociais.

Tema 29. O orzamento: concepto e fins. Distintas técnicas orzamentarias.

Tema 30. A Lei xeral presupostaria: estructura e principios xerais. Dereitos e obrigas da Facenda Pública.

Tema 31. O gasto público. Criterios de elección social. A execución do orzamento de gastos: fases e procedemento.

Tema 32. O control da actividade financeira: concepto e clases. Órganos que a realizan.

Tema 33. Os ingresos públicos: concepto e clasificación. Ingresos públicos de natureza contractual e coactiva. O imposto: concepto e clasificación.

Tema 34. Principios de ordenamento tributario español. Potestade tributaria orixinaria e derivada. Aplicación e interpretación das normas tributarias. Os tributos: clasificación. A relación xurídico-tributaria. O feito impoñible e liquidable. Cota e débeda tributaria. Extinción da obriga tributaria.

Tema 35. O procedemento de xestión tributaria. As declaracións e liquidacións tributarias. Infraccións tributarias e sancións.

Tema 36. A recadación dos tributos. Órganos recadadores e procedemento.

Tema 37. O sistema tributario español. Imposto sobre a renda das persoas físicas. Imposto extraordinario sobre o patrimonio. Imposto sobre sociedades. Imposto sobre sucesións e doazóns.

Tema 38. O imposto sobre o valor engadido. Feito impoñible. Operacións non suxeitas. Exencións. lugar de realización do feito impoñible. Devengo do imposto. Suxeito pasivo. Repercusión. Base impoñible e débeda tributaria. Deduccións e devolucións.

Tema 39. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Imposto especiais. Taxas fiscais e exaccións parafiscais. Prezos públicos.

Tema 40. Financiamento das comunidades autónomas. Principios. Recursos financeiros. Participación nos ingresos do Estado. Taxas. Tributos cedidos. Recargos sobre impostos do Estado.

Tema 41. As facendas locais: principios constitucionais. Coordinación coas facendas estatal e autonómica.

Tema 42. O orzamento das entidades locais. O principio de orzamento único: o seu significado. Estructura orzamentaria. Formación e aprobación do orzamento. Prórroga do orzamento. O orzamento refundido.

Tema 43. Modificacións orzamentarias e a súa tramitación. A liquidación do orzamento. Remanentes de crédito. A conta xeral: contido, tramitación e aprobación.

Tema 44. Contido das ordenanzas fiscais. Procedemento de aprobación. Entrada en vigor. Recursos contra os actos de ordenación e aplicación dos tributos.

Tema 45. Ingresos locais non impositivos. Taxas e prezos públicos locais. Contribucións especiais. Impostos locais: clasificación. O imposto sobre bens inmobles.

Tema 46. O imposto sobre actividades económicas. O imposto sobre vehículos de tracción mecánica. O imposto sobre construccións, instalacións e obras.

Tema 47. O imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. A facenda provincial. Recursos doutras entidades locais.

Tema 48. O crédito local. Tipoloxía de créditos. Requisitos procedementais para as operacións de crédito.

Tema 49. A Comunidades Europeas. Antecedentes e situación actual. Sistema institucional. Dereito orixinario e dereito derivado. O dereito comunitario: recepción e aplicación en España.

Tema 50. O tratado de Maastricht e a Unión Europea. Os fondos estructurais e o fondo de cohesión. O comité de rexións.

Grupo II. Materias optativas

Materias de contabilidade e facenda local

Tema 1. O orzamento dos entes locais: contido. Bases de execución do orzamento. Programas anuais de actuación e planos de investimento. O estado consolidado do orzamento.

Tema 2. Elaboración e aprobación do orzamento.

Tema 3. Créditos do orzamento de gastos: delimitación e situación.

Tema 4. Modificacións orzamentarias: clases. Tramitación e aprobación.

Tema 5. Execución do orzamento de gastos. Fases de autorización, disposición, recoñecemento e liquidación da obrigación. Ordenación do pagamento. Gastos de carácter plurianual.

Tema 6. Liquidación dos orzamentos.

Tema 7. A contabilidade públicas: principios básicos. A contabilidade pública e a contabilidade nacional. O plan xeral de contabilidade pública.

Tema 8. A contabilidade administrativa dos entes locais. Ámbito de aplicación, competencias e fins.

Tema 9. Documentos contables. Documentación de contabilidade do orzamento de gastos.

Tema 10. Documentos de contabilidade do orzamento de ingresos.

Tema 11. Documentos de contabilidade doutras operacións non orzamentarias de tesourería.

Tema 12. Documentos de contabilidade de valores en depósito. Documentos de contabilidade de control de axentes recadadores. Outros documentos contables.

Tema 13. Libros de contabilidade: normas xerais. Libros de contabilidade principal.

Tema 14. Libros de contabilidade auxiliar.

Tema 15. Operacións contables. Apertura da contabilidade.

Tema 16. Contabilidade do orzamento de gastos: normas xerais. Apertura do orzamento de gastos. Situación de créditos definitivos. Modificacións de créditos iniciais.

Tema 17. Operacións de xestión do orzamento corrente.

Tema 18. Reintegros do orzamento corrente.

Tema 19. Operacións de peche do orzamento corrente.

Tema 20. Operacións de orzamentos pechados. Operacións de gastos plurianuais.

Tema 21. Contabilidade do orzamento de ingresos: normas xerais. Apertura do orzamento de ingresos. Modificacións das previsións iniciais.

Tema 22. Compromisos de ingreso do orzamento corrente.

Tema 23. Recoñecemento dos dereitos que hai que cobrar. Anulación de dereitos do orzamento corrente.

Tema 24. Recadación de dereitos do orzamento corrente.

Tema 25. Devolución de ingresos indebidos. Aprazamentos e fraccionamento de dereitos recoñecidos. O procedemento de constrinximento.

Tema 26. Operacións de orzamentos pechados. Compromisos de ingreso para exercicios futuros.

Tema 27. Operacións de regularización da contabilidade do orzamento de ingresos. Operacións de peche do orzamento.

Tema 28. Contabilidade do inmobilizado. Normas xerais. Inmobilizado material.

Tema 29. Inmobilizado inmaterial. Investimentos en infraestructuras e bens destinados ó uso xeral.

Tema 30. Inmobilizado financeiro.

Tema 31. Contabilidade das operacións de crédito. Normas xerais. Operacións de crédito: contas.

Tema 32. Operacións de tesourería. Contabilidade doutras operacións non orzamentarias de tesourería.

Tema 33. Contabilidade da administración de recursos doutros entes públicos.

Tema 34. Contabilidade do imposto sobre o valor engadido.

Tema 35. Contabilidade de valores en depósito. Contabilidade de control dos axentes recadadores.

Tema 36. A conta de orde. Operacións de fin de exercicio.

Tema 37. Cálculo de resultado orzamentario. Cálculo do remanente de tesourería.

Tema 38. Operacións doutras estructuras contables do sistema. Proxectos de gastos. Pagamentos para xustificar. Anticipos de caixa fixa. Remanentes de crédito. Gastos con financiamento afectado.

Tema 39. Contabilidade das operacións comerciais.

Tema 40. A conta xeral das entidades locais.

Cee, 31 de xullo de 1996.

Manuel Lamela Lestón

Alcalde

CONCELLO DO CARBALLIÑO

8575

Anuncio da suspensión do outorgamento de licencias urbanísticas.

O Concello Pleno, na súa sesión extraordinaria celebrada o día 15 de novembro de 1996, acordou o seguinte, de acordo co disposto no artigo 102.2º do R.D.L. 1/1992, do 26 de xullo, polo que se aproba a Lei de regulación do solo e ordenación urbana e artigos 117 e 118 do Regulamento de planeamento.

Primeiro.-Suspender polo prazo máximo dun ano o outorgamento de licencias urbanísticas de edificación, demolición e parcelación nas seguintes zonas e áreas:

1. Todo o termino municipal afectado polos ámbitos das actuais ordenanzas das normas subsidiarias actuais 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12 e 13, a excepción das zonas afectadas polas modificacións puntuais das normas subsidiarias aprobadas xa definitivamente ou en tramitación do contorno da igrexa da Veracruz, Praza Maior, zona do Cornuval, parque empresarial, zona das Barcias e do polígono industrial da Uceira.

2. Os núcleos rurais actualmente regulados pola ordenanza 14 de Señorín, Mesego e Arcos, sendo os planos que delimitan a superficie as actuais fotografías aéreas, copias existentes nas actuais normas subsidiarias.

3. Exclusión da suspensión. No resto do termo municipal, isto é, nos ámbitos das actuais ordenanzas 14 (resto e a excepción de Arcos, Señorín e Mesego), 15 e 16 non se suspende o outorgamento de licencias urbanísticas, pero se determina, e polo tanto serán de aplicación as normas subsidiarias provinciais do seguinte xeito:

-Resto de núcleos rurais da ordenanza 14 non incluídos no apartado 2 deste informe: rexeranse polas normas subsidiarias provinciais nos apartados de solo non urbanizable de núcleo rural. Este criterio aplicarase ós núcleos con delimitación ou sen ela, artigo 36.3º e 6º.

-No ámbito da actual ordenanza 15 e da ordenanza 16 non se suspende o outorgamento de licencias urbanísticas e seguirá en vigor a normativa actual, isto é a ordenanza nº 15 e nº 16 das actuais normas subsidiarias de planeamento.

-En todo o termo queda suspendida a aplicación do apartado 1.3.15 da ordenanza xeral e comúns a tódalas ordenanzas.

Segundo.-Publicar este acordo no taboleiro de edictos e DOG, así como nun xornal provincial, non entrando en vigor ata o día da súa publicación no DOG. O concello poderá conceder licencias e aprobar proxectos de urbanización ata esa data con suxeición á normativa vixente.

Terceiro.-Notificar este acordo ós que presentasen solicitudes de licencias con anterioridade á data en que este acordo se publique no DOG, manifestándolles que teñen dereito a seren indemnizados polo custo oficial dos proxectos ou parte deles que tivesen que rectificar e a devolución, se é o caso, das taxas municipais nos termos previstos no artigo 121 do Regulamento de planeamento urbanístico.

Recursos: contra esta resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o seguinte á inserción deste anuncio no DOG, e logo de comunicación a este concello.

Poderase empregar calquera outro medio ou recurso que os particulares estimen convenientes ó seu de dereito.

O Carballiño, 19 de novembro de 1996.

O alcalde-presidente

Rubricado

CONCELLO DOS BLANCOS

7824

Anuncio.

Por este escrito faise público que no BOP nº 233, de data 18-10-1996 están publicadas as bases e o programa para a provisión dunha praza da escala de Administración xeral, subescala de administrativo, vacante no cadro de persoal deste concello, encadrada no grupo C, con complemento de destino 22.

As principais características da convocatoria son as seguintes:

a) Existirá unha quenda de promoción interna.

b) As instancias dirixiranse ó presidente da Corporación no prazo de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste estracto de convocatoria no BOE e no DOG, comezando a conta-lo prazo despois da última destas dúas publicacións.

Os Blancos, 10 de outubro de 1996.

O alcalde

Rubricado

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA

TÉCNICA, S.A.

8818

Anuncio (expediente CC/10/96).

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na adquisición de diverso material para a Unidade de Cirurxía Cardíaca do Hospital do Meixoeiro de Vigo.

-2 unidades respirador volumétrico.

-2 unidades sistema BIPAC.

-1 marcapasos unicameral.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse na secretaría da unidade de cirurxía cardíaca, 7º andar, do Hospital do Meixoeiro de 9 a 14 horas antes do 8º día natural a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os concorrentes: os pregos de condicións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na secretaría desa unidade no horario sinalado.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1996.

Xosé Carlos Abal López-Valeiras

Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica

NOTARÍA DO SR. GUTIÉRREZ ALLER

(SANTIAGO DE COMPOSTELA)

8617

Anuncio.

Eu, Domingo Enrique Gutiérrez Aller, notario do Ilustre Colexio da Coruña, con residencia en Santiago de Compostela e con despacho na rúa República do Salvador, 32, 1º A,

Fago saber: que perante min se tramita procedemento extraxudicial de execución hipotecaria, no que figura como acredora Citibank España, S.A., con enderezo en La Moraleja-Alcobendas (Madrid), avenida de Europa, 19, Parque Empresarial La Moraleja, e como debedores os esposos Jousef Mohamed Al Ramahi e Concepción García Cabado,

con enderezo en Santiago de Compostela, rúa dos Vilares, 40; e consonte o prevido no artigo 236.d do Regulamento hipotecario, notifico o comezo das actuacións á Caixa de Aforros de Galicia, á Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social e á sociedade Pintosga, S.L., titulares rexistrais de cargas que figuran en asentos posteriores á hipoteca que se executa, para que poidan, se lles convén intervir na poxa ou satisfacer antes do remate o importe do crédito e dos xuros e gastos na parte asegurada pola hipoteca.

Descrición do predio hipotecado:

Casa, sen número, composta de planta baixa e sobrado para vivenda unifamiliar, con terreo edificado que a rodea e que lle quedou anexo, co que forma un só predio no sitio de Zanca de Carraxais, zona de concentración parcelaria de S. Miguel dos Agros, hoxe sinalada co número 40 da Rúa dos Vilares, deste termo de Santiago de Compostela. Ocupa unha superficie de catro mil oitenta metros cadrados, da que lles corresponde á casa uns cento vintecinco metros cadrados. Lindes: norte, de José Rodríguez Mata (523); sur, de José Corral Camino (523-A); este, de Manuel Botana Vilares (500) e Andrés Fernández Botana e outro (503), e oeste, en liña de vintecatro metros, camiño dos Vilares.

Figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, número 2, no tomo 1.073, libro 115, folio 150, predio 10.339, inscrición 4ª.

O que notifico para os efectos previstos no artigo 236-e do Regulamento hipotecario.

Santiago de Compostela o 11 de novembro de 1996.

O notario

Rubricado