Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEREA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Verea, en sesión ordinaria de data 24 de setembro de 1996, aprobou definitivamente as normas subsidiarias de planeamento deste concello, por cinco votos a favor, o que representa a maioría absoluta do número legal de membros da corporación, e desestimou o escrito presentado polos veciños do lugar de Nigueiroá de data 17 de agosto de 1996.

O que se fai público en cumprimento do preceptuado no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Contra o citado acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, debendo comunicalo nese caso, previamente e por escrito ó órgano municipal que adoptou o acordo, segundo dispón o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a súa acreditación ante o órgano xurisdiccional antes citado.

Así mesmo, tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que se estime pertinente, así como exerce-las accións que procedan ante a xurisdicción competente.

Verea, 1 de outubro de 1996.

O alcalde

Rubricado

8367