Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

APROBACIÓN definitiva da modificación puntual das NN.SS.MM. para delimitación entre o SAU-7 e a Ordenanza 4G2 no Vicaño (Sanxenxo).

A Corporación Municipal en Pleno deste concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 30 de agosto de 1996, acordou prestar aprobación definitiva á modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento para delimitación entre o SAU-7 a Ordenanza 4G2 no Vicaño (Sanxenxo), sendo a parte dispositiva do mencionado acordo a seguinte:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual das NN.SS.MM. para delimitación entre o SAU-7 e a Ordenanza 4G2 no Vicaño (Sanxenxo).

Segundo.-Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia, con indicación dos recursos procedentes contra este, debendo publicarse integramente as ordenanzas da modificación.

Así mesmo, comunicarlle este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con traslado dunha copia adverada do expediente completo, debidamente dilixenciado.

Terceiro.-A eficacia deste acordo, así como a entrada en vigor da modificación aprobada quedará diferida ó cumprimento do disposto no apartado precedente.

Contra este acordo que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente e, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, logo da comunicación ó órgano autor do acto a que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que estime procedente.

En Sanxenxo, 10 de outubro de 1996.

J. Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

96-8754