Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a contratación da subministración consistente na adquisición de reactivos, instrumental e equipamento de laboratorio.

Por Resolución do 13 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso público.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlles as subministracións ás empresas:

-Lote 1: reactivos para o diagnóstico serolóxico de leucoses bovina enzoótica.

Rhóne Mérieux, S.A., por un importe de cinco millóns oitocentas trinta e unha mil cincocentas pesetas (5.831.500 ptas).

-Lote 2: reactivos para o diagnóstico serolóxico da enfermidade de Aujeszky.

Ingenasa, por un importe de tres millóns setecentas cincuenta e unha mil duascentas quince pesetas (3.751.215. ptas).

-Lote 3: reactivos para o cultivo e identificación dos xermes en análises bactereolóxicas.

Declárase deserta a contratación por seren excluídas as empresas presentadas por defectos na proposición (non presentaron unha oferta total polo lote senón só precios desagregados).

-Lote 4: 2 estufas para cultivos celulares con CO e refrixeradas e 1 estufa para cultivos bacterianos con CO.

Eritak Technology, S.L., por un importe de cinco millóns novecentas cincuenta mil pesetas (5.950.000 ptas).

-Lote 5: 1 dispensador automático de microplacas e 1 lavador de placas.

Ramón Costoya, S.L., por un importe de dous millóns setecentas setenta e sete mil duascentas cincuenta e oito pesetas (2.777.258 ptas).

-Lote 6: equipamento de mobiliario.

Romero Muebles Laboratorio, S.A., por un importe de dous millóns seiscentas cincuenta mil pesetas (2.650.000 ptas).

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

8356