Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Vigo, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento da instalación eléctrica de media tensión L.M.T. en Bandeira, concello de Silleda, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e de acordo co disposto no Real decreto 1634/1980, sobre transferencias de competencias da Administración do
Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 3.334 m de lonxitude total, sendo 1.635 m con conductor tipo LA-110 e 1.659 m con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio n.245 da L.M.T. A Estrada-Toxa rematando no C.T. existente en Bandeira, concello de Silleda.
Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.
Pontevedra, 30 de outubro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
8493