Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.741

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1996 pola que se convoca concurso público para a provisión da praza 1421/1996 e dezanove máis, de corpos docentes universitarios.

De acordo co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar a concurso as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Así mesmo poderán accede-los nacionais dos países a que se refire o Real decreto 800/1995, que desenvolve a Lei 17/1993.

b) Estar en posción da titulación suficiente ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas selectivas.

c) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

d) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter cumpridos os 70 anos de idade.

e) Cumpri-los requisitos para exerce-las funcións que dentro do corpo lle poidan ser encomendadas, conforme o previsto regulamentariamente.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase do concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acredita-lo feito de seren eximidos de tales requisitos.

Non poderán concursar ás prazas de profesor titular de universidade quen estivese contratado durante máis de dous anos como axudantes desta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983 do 25 de agosto de reforma universitaria.

Cuarta.-Os aspirantes, no prazo de presentación de solicitudes, deberán aboar na conta corrente 48/2 «Outros ingresos». Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela, a cantidade de 4.000 ptas. en concepto de formación de expediente e por dereitos de exame. A ausencia de acreditación do pagamento destes dereitos dentro do prazo de presentación de solicitudes será causa de exclusión.

Quinta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitiralle a correspondente instancia, debidamente cumprimentada, segundo o modelo que figura no anexo II, ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, adxuntando xustificante do pagamento de dereitos de exame e os documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á da expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Sexta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administra

cións públicas e do procedemento administrativo común, remitiralles a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión.

Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sétima.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que lles deberá ser notificada a tódolos interesados cunha anticipación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, ós suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución daquela.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes e con fixación do día, hora e lugar de celebración do dito acto.

Oitava.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Novena.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade, no prazo dos quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión, por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Declaración xurada de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude do expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, e deberán presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1996.

Francisco Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número de prazas: 1

Praza número: 1421/1996

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: bioloxía vexetal.

Departamento á que está adscrita: Bioloxía Vexetal.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1422/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: bioquímica e bioloxía molecular.

Departamento á que está adscrita: Bioquímica e Bioloxía Molecular.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: bioquímica e bioloxía molecular. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1423/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito civil.

Departamento á que está adscrita: Dereito Común.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: dereito civil. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1424/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito civil.

Departamento á que está adscrita: Dereito Común.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: dereito civil. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1425/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: linguaxes e sistemas informáticos.

Departamento á que está adscrita: Electrónica e Computación.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1426/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería química.

Departamento á que está adscrita: Enxeñería Química.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1427/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería química.

Departamento á que está adscrita: Enxeñería Química.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1428/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: farmacoloxía.

Departamento á que está adscrita: Farmacoloxía.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: farmacoloxía e terapéutica. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1429/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía española.

Departamento á que está adscrita: Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: filoloxía española (gramática histórica do español). Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1430/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: lingüística xeral.

Departamento á que está adscrita: Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: lingüística xeral. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1431/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía inglesa.

Departamento á que está adscrita: Filoloxía Inglesa e Alemana.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: historia da lingua inglesa. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1432/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía inglesa.

Departamento á que está adscrita: Filoloxía Inglesa e Alemana.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: literatura americana. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1433/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía inglesa.

Departamento á que está adscrita: Filoloxía Inglesa e Alemana.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: historia da lingua inglesa. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1434/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: ciencias e técnicas historiográficas.

Departamento á que está adscrita: Historia I.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: paleografía e diplomática. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1435/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: matemática aplicada.

Departamento á que está adscrita: Matemática Aplicada.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: cálculo e ecuacións diferenciais en enxeñería química. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1436/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: química inorgánica.

Departamento á que está adscrita: Química Inorgánica.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: química inorgánica. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1419/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: teoría e historia da educación.

Departamento á que está adscrita: Teoría e Historia da Educación.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: educación ambiental. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1437/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: didáctica da expresión corporal.

Departamento á que está adscrita: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: educación física especial. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1438/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: didáctica e organización escolar.

Departamento á que está adscrita: Didáctica e Organización Escolar

Actividades a realizar por quen obteña a praza: bases psicopedagóxicas da educación especial. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1439/1996

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: estatística e investigación operativa.

Departamento á que está adscrita: Estatística e Investigación Operativa.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

8530