Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.716

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DE LUGO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1996 pola que se anuncia poxa de armas.

Ás 10 horas do día 16 de decembro próximo terá lugar no cuartel da Garda Civil de Lugo a poxa de armas composta por 129 lotes de escopetas, armas longas raiadas e curtas, que serán expostas ó público os días 10, 11, 12, 13 e 14 do dito mes, de 9 a 14 horas, momento en que lles será entregado o correspondente prego de condicións.

A poxa será a prego cerrado e o prazo de admisión de pregos finalizará ás 14 horas do indicado día 14.

Lugo, 29 de outubro de 1996.

Manuel Quiroga Díaz

Tenente coronel primeiro xefe