Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente modificado ó 973 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e artigo 10 do Decreto 2619/1966, ambos do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración da súa utilidade pública, dunha instalación eléctrica de alta tensión, coas características principais que se sinalan a continuación:

Peticionario: Iberdrola, S.A., domicilio en Gardoqui, 8, Bilbao.

Emprazamento: Nogueira de Ramuín.

Finalidade: darlle saída conxunta a futura liña San Pedro-Velle.

Características principais: modificación da traza inicial da liña a 220 kV desde a central hidroeléctrica de San Pedro a de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín) (973 A.T.), propiedade de Iberdrola, S.A., consistente en pasar a dobre circuíto desde o treito inicial ata o apoio 4 para darlle saída conxunta a futura liña San Pedro-Velle (Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.); e son as súas características as seguintes: tensión 220 kV, frecuencia 50 Hz, apoios metálicos, lonxitude 717 m e conductor Al-Ac tipo RAIL e cable de terra tipo Ac 50, con fibra óptica incorporada.

Orzamento: 32.675.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4ª, Ourense) e formulárselle a esta as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 25 de setembro de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Termo municipal: Nogueira de Ramuín.Data: 7-8-1996.

Páxina: 1 de 1.

Nº parcela

proxecto

Catastro

polígono/parcela

Nome propietario

Nome arrendatario

Enderezo propietario

Enderezo arrendatario

Voo

(m)

Nº de

apoios

Superficie

(m)

Natureza

11/1113IberdrolaGardoqui, 8, Bilbao461124Piñeiros
2IberdrolaGardoqui, 8, Bilbao400
31/1112Comunal de SobradoSobrado (Ourense)3400Monte baixo
4Comunal de SobradoSobrado (Ourense)400
55/1888Descoñecido1742208Monte baixo

96-8228