Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 33/1994, R.C.I. 8388).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión de Empresas Madereras, S.A. (Unemsa), co enderezo na Canosa-Rus, concello de Carballo, A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Sistema de coxeración composto por dous grupos motor-xerador principais de 3.675 kVA c/u, empregándose como combustible fuel oil e dous grupos de reserva de 1.120 kVA e 2.620 kVA respectivamente que utilizan gasóleo como combustible, tendo como obxectivo o aproveitamento simultáneo de calor e electricidade.

-1 C.T. de 1.000 kVA e relación de transformación 6/0,38 kV.

-1 C.T. de 2.800 kVA e relación de transformación 0,38/5,5 kV.

-2 C.T. de 3.750 kVA c/u e relación de transformación 6/15-20 kV.

-Lugar donde se vai establecer a instalación: factoría da empresa na Canosa-Rus, concello de Carballo (A Coruña).

Orzamento: 840.040.250 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 20 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8326