Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1996, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación de bens afectados polas obras N/AC/91.3.2, proxecto de acondicionamento da estrada AC-450, treito: Bertamiráns-Negreira (termos municipais de Negreira, Brión e Ames).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma Galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Púbicas e Vivenda do 22 de xullo de 1996, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 26 de xullo de 1996, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, a urxente ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación esta xefatura, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar ós titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos que a continuación se citan, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os

prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de que se trasladen ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Negreira. Lugar: Casa Consistorial do Concello de Negreira.

-Día: 2 de decembro de 1996. De 9.30 a 13.30 e de 16 a 18 horas. Desde o apelido Andrade Patiño a Lamas Insua.

-Día: 3 de decembro de 1996. De 9.30 a 13.30 e de 16 a 18 horas. Desde o apelido Lameiro Patiño a Vigo Calvo.

Concello de Brión.

Lugar: Casa Consistorial do Concello de Brión.

-Día 4 de decembro de 1996. De 9.30 a 13.30 e de 16 a 18 horas. Desde o apelido Álvarez Bargo a López Luaña.

-Día 5 de decembro de 1996, de 9.30 a 13.30 e de 16 a 18 horas. Desde o apelido Martíñez Volacoba a Viqueira Viqueira.

Concello de Ames.

Lugar: Casa Consistorial do Concello de Ames.

-Día 9 de decembro de 1996. De 9.30 a 13.30 e de 16 a 18 horas. Desde o apelido Abet Antelo a Cobas Ces.

-Día 10 de decembro de 1996, de 9.30 a 13.30 e de 16 a 18 horas. Desde o apelido Cobas Suárez a Guillín Rey.

-Día 11 de decembro de 1996. De 9.30 a 13.30 e de 16 a 18 horas. Desde o apelido Hdos. Amalia Noya a NImo Vilanova.

-Día 12 de decembro de 1996. De 9.30 a 13.30 e de 16 a 18 horas, desde o apelido Otero Brea a Silveira Vázquez.

-Día 13 de decembro de 1996, de 9.30 a 13.30 e de 16 a 18Ihoras. Desde o apelido Silveira Veiga a Viqueiras Turnes.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o estiman oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento da acta previa a ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta xefatura provincial de estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane s/n, 8ª planta, as alegacións que estimen pertinentes con obxecto de emendar posibles erros

padecidos ó relaciona-los bens afectados pola ausente ocupación.

A Coruña, 19 de novembro de 1996.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña

8294